mércores. 30.04.2025
El tiempo

Xuvenís: Pelexando por acompañar ao Dumbría

Xuvenís: Pelexando por acompañar ao Dumbría
Capis do Malpica e Fisterra en Ara Solis-Foto-Luis Porto

Mantén o Dumbría o seu forte ritmo, e máis alá do tropezo ante o XSC o equipo non frea. Parece así que a pelexa estará na segunda praza que dá acceso á Fase de Ascenso á Liga Galega. De final trataron o partido Camariñas e XSC, deixando ao cadro xalleiro con máis opcións de meterse na Fase. Agora toca unha nova final, a vindeira semana entre XSC e Os Miúdos, na mañá sabatina. O Cabana, que sufría as iras dumbriesas, terá a outra final, ante o Camariñas.

Na Copa, ca Esteirana invita, seguen os equipos da zona baixa sen moitos visos de mellora. Zas e Baio suman 1 punto, polos 3 do Castriz, sendo os 3 equipos que a día de hoxe quedarían fóra dos Oitavos, pero ollo co Cee (5 puntos), Malpica (6), Corme (7) ou Ponteceso (8).

banner-tenda-maisdeporte-cee

Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 6

Os Miudos - Porteño (2-2)

  • OS MIÚDOS: Ángel (Xandre, min.60), Eloy, Samuel, Lice, Anxo (Álvaro, min.65); Airán Miguel, Hugo (Tajes, min.46), Yeray; Martínez (Piki, min.46) e Saúl.
  • PORTEÑO: Brais, Dani, Gonzalo (Jose Manuel, min.75), Aarón, Bruno, Rodry, Xoel, Oli, Maikel, Mario e Carlos (Matias, min.70).
  • Goles: 0-1, min.11: Carlos, 1-1, min.24: Samuel; 2-1, min.60: Saúl; 2-2, min.72: Matías.

Partido moi igualado e con pocas ocasións de gol, sobre todo na primera parte, pero que ao final puido caer de calquera lado e que rematou en empate. Adiantouse primeiro o cadro de Ordóñez, pero os de Mané Senande reaccionaron e empataron pronto. Abriuse o choque na segunda, e desta volta era o cadro local o que se adiantaba. Púxose nervioso aí o cadro muradán, que non soubo ler ver o partido, e no canto de aguantar foi polo terceiro. Pero non estaban acertados os locais e as ocasións de Eloy diante do porteiro, Samuel de cabeza, Saúl co porteiro no chan, Airán dende fóra da área, varios córner… Non entraron.

Ao tempo, deixaban espazo e o Porteño aproveitou para facer dano e facer o empate, e mesmo aí puido caer a vitoria de calquera lado.

O partido do Porteño da vindeira semana contra o Dumbría xogarase no Hermanas Patiño de Camariñas ante o lamentable estado do campo da Grixa.
Do lado contrario, o partido entre Os Miúdos e o XSC será clave para determinar quen pode acompañar ao Dumbría na Fase de Ascenso.


Camariñas - Xallas StComba (0-2)

  • CAMARIÑAS: José Luís, Martín, Sergi, Adrián, Brais, David, Miguel, Álvaro, Tedín, Javi e Pablo. Tamén: Facu, Dani, Alex e Lema.
  • XSC: Coke, Parri, Dani (Chiki, min.32), Xoe, Carlos, Rubén (Santi Díaz, min.50), Adrián, Fabián, Barbeira, Tefi (Couto, min.70) e Isma.
  • Goles: 0-1, min.69: Barbeira a centro de Tefi; 0-2, min.78: Santi Díaz fai un golazo.

O de sábado foi un partido no que desde xa desde o pitido inicial xa se nota a presión por meterse neses 2 postos que dan opción a xogar a fase. Por bando xalleiro chegaban en cadro, con varias lesións, mentres o Camariñas tampouco está no mellor momento trala goleada sufrida a pasada semana ante o líder.

Comenzaba o partido con dous equipo que se analizaban mutuamente nos compases iniciais e que ningún se atrevía a cometer erros. Houbo na primeira metade moito xogo en medio campo con apenas ocasións claras nas áreas salvo tiros lonxanos ou xogadas de estratexia. Cansos chegaban ao descanso os de Rubén Forján e Jota, pero na segunda sacaron forzas e saíron moi enchufados facéndose cos segundos balóns e entre Barbeira, Fabian, Adrián, Tefi e Santi chegaban á área do Camariñas con equupo de Javi Baña.

Así chegaba o primeiro, tras un centro de Tefi que rematou Barbeira, e que deixaba moi tocado aos locais. Seguíu percutindo o cadro bicolor e pouco despois Santi Díaz anotaba o golazo da tarde, tras un control imposible e rematando con calidade o pau longo do porteiro.

Aí debería ter morto o partiro e aforrarse así a trifulca final con varias expulsións.


Dumbría - Cabana (6-0)

  • DUMBRÍA: Paulo, Roberto, Kanario, Cabana, Jano, Lucas, Pablo, Cacha, Edu, Juan de Dora e Marcote. Tamén xogaron: Luís, Jose Miguel, Isma, Josiño e Andrés.
  • CABANA: Vázquez, Kevin (Santi), Ferreiro, Aurelio (Samuel), Reigía, Mateo, Redondo, Javi, Pablo, David Muíño e Cristian.
  • Goles: 1-0, min.2: Juan de Dora; 2-0, min.4: Juan de Dora; 3-0, min.6: Marcote; 4-0, min.9: Juan de Dora; 5-0, min.40: Juan de Dora; 6-0, min.60: Pablo Pardiñas de cabeza tras erro do porteiro cabanés.

Un hat trick de Juan de Dora e un gol de Marcote nos primeiros 8 minutos tras pases de Edu e Cacha e combinacións entre os dous puntas puxeron un 4-0 en tempo record no marcador. Ese comezo arrollador e efectivo do Dumbría acabou cun partido, no que foi superior no cómputo xeral.

O ritmo baixou pero antes do descanso Juan de dora faría o seu 4º gol para chegar cun 5-0 a caseta. O Cabana non se veu abaixo e se mantivo competindo ata o final, pero foi Pablo Pardiñas de cabeza o que faría o definitivo 6-0.


Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 7

Castriz - Ponteceso (2-2)

  • CASTRIZ: Víctor, Richard, Redondo, Cris, Jony (Calvo), Roony, Adán, Luís, Cambón (Javi) e Balsa.
  • PONTECESO: Damián, Busto, Rubén, Mourelle, Ismaul, Esteban, Carlos, Lucas, Javi, Pedro e Luca. Tamén: Oscar, Marcos, Adrián e Brais.
  • Goles: 1-0, min.20: Roony; 2-0, min.64: Luís de vaselina; 2-1, min.66: Luca; 2-2, min.78: en propia.

Partido igualado en San Pedro de Castriz. Comezaba o choque con dominio alterno e os dous equipos moi metidos, presionando máis o cadro local, pero cun Ponteceso que mantiña ben as posicións. Pero nun roubo en tres cuartos de campo Roony adiantaba aos de Alberto, quedando así o marcador ao descanso.

Saíu mellor o Ponteceso na segunda metade, pero noutra perda dos de Carracedo, Luís picaríalle o balón a Damián para facer o segundo. Pronto recurtaba Luca para o Ponteceso nunha xogada na que a defensa xalleira quedaba parada pedindo fóra de xogo. Aínda quedaban 25 minutos e todo un mundo por diante. O Castriz parecía máis seguro e non permitía que o Ponteceso fixese demasiado dano. Ata que nun saque de banda, Redondo intentando despexar, colaba o balón na súa propia portería.

Duro golpe para o Castriz que está sen sorte, e o Ponteceso aínda pensaba que con 10 minutos máis acababa dándolle a volta ao partido.


Outes - Zas (5-0)

  • OUTES: Sergio Nieto, César, Cutu, Brión, Samuel (Simón), Saul (Xurxo), Adrián, Álvaro, Veleiro (Borja), Santi (Serxio) e Fabio.
  • ZAS: Sergio, Rubí, Terny, Brais, Bolita (Alberto, min.40), David, Manu, Juan (Dani, min.72), Dani Mato, Adri (Adrián, min.81) e Andrés.
  • Goles: 1-0, min.20: Samuel; 2-0, min.32: Cutu; 3-0, min.35: Veleiro; 4-0, min.50: Fabio; 5-0, min.53: Veleiro.
Aguantou o Zas, desta volta da man de Iván Solís no banco, ante a baixa do seu curmán, o míster Martín. Pero cando levas unha xeira negativa, cada gol é un mazazo, e aló polo minuto 20 o primeiro tanto dos da Serra acabou coas esperanzas dos zaeneses que baixaron os brazos.

A partir de aí, o Outes amosouse superior arriba e abaixo, amosando a súa mellor cara, con varios xogadores moi motivados pois tamén sendo fundamentais no bo facer no primeiro equipo.


Corcubión - Baio (5-2)

  • CORCUBIÓN: Mesejo, Oca, Pepo, Isma, Lela, Goche, Mario, Óscar, Germán, Tito e Maikel. Tamén xogaron: Lolo, Miguel e Joselu.
  • BAIO: Jose Manuel, Pablito, Alfonso, Miguel, Fran, Alberto, Javier Muiño, Fariña, Ayoub, Regueira e Jose Antonio. Tamén xogaron: Rai e David Mohedano.
  • Goles: 1-0, min.6: Óscar; 1-1, min.21: David Regueiro; 2-1, min.22: Tito; 3-1, min.50: Mario; 4-1, min.61: Mario; 4-2, min.87: Fariña; 5-2, min.89: Lela.
O Corcubión impúxose o Baio nun partido feo no que puxo máis gañas e máis razóns para acadar a vitoria. Pronto se adiantarían os locais para a continuacion David Regueiro acadar o empate. Case de seguido volveuse a adiantar o Corcubion, así chegaron o intermedio. Moito pelotazo,os dous equipos iban e vinhan sen moito sentido nos seus ataques. O balón pasaba mais tempo no aire ca no cespede facendo do partido un espectaculo feo.

No segundo tempo máis do mesmo, seguia mellor o Corcubion na súa disposición para gañar e sumado aos erros visitantes marcou dous goles máis. Intentou o CD Baio reducir distancias cousa que conseguiría no tempo engadido, sen dar tempo a nada máis, cun gol de Fariña.

Excelente traxectoria do Corcubión nesta fase da Copa e o CD Baio, que non acaba de encontrar o camiño axeitado.


Cee - Muxía (0-3)

  • CEE: Maikel, Iván, Jicho, Tivi (Senlle, min.70), Borja, Castillo, Hugo, Nanón (Marco, min.45), Alexis, Iago (Chema, min.45) e Álex (Pablo Trillo, min.45).
  • MUXÍA: Ancho, Iván, Rubén, Paulo, Jorge, Maca, Tomás, Castreje, Ander, Víctor e Jose. Tamén xogaron: Franciño, Rodri, Gusa, Abel e Álex.
  • Goles: 0-1, min.38: Jose; 0-2, min.43: Víctor Alcaina cunha falta espectacular pola escuadra; 0-3, min.75: Ánder nun córner.

Un dos mellores partidos da temporada do equipo de Javier Lema ante un Cee, agora da man de Mario de Jose, que non atopa a tecla. Os muxiáns, con 5 cadetes na convocatoria, foron superiores en todo momento, e marcaron 3 pero puideron ser algún máis.


Esteirana - Corme (6-1)

  • ESTEIRANA: Xaco, Tiko, Rafa, Bolo, Tobío (Manu, min.65), Brais, Adrián, Damián (Xian, min.74), Edu (Jaime, min.72), Juan e Cristian (Sergio, min.64).
  • CORME: Fran, Sergio, Ángel, David, Cristian, Diego, Eloy CR, Ismael, Bruno, Isaac e Ian. Tamén: Pandi, Eloy Villar, Aitori e Manu.
  • Goles: 1-0, min.19: Juan; 2-0, min.54: Cristian; 2-1, min.65: Manu; 3-1, min.70: Juan; 4-1, min.72: Juan; 5-1, min.82: Manu; 6-1, min.88: Rafa.

Vitoria clara desta Esteirana de Martín que vai sen freos pola Copa. A primeira metade foi máis igualada e o Corme non se descompuxo e mesmo puido anular o tanto de Juan. Pero na segunda, abriuse o partido e os esteiráns estiveron moito máis afiados, completando Juan o seu triplete.


Fisterra - Malpica (4-0)

  • FISTERRA: Aarón, Iago, Andrés, Juanfran, Senra, Breixo (Senra), Gabi (Dani), Asier (Alex), Gabi Golpes, Adri (David) e Iván (Gon).
  • MALPICA: Steven; Arcay, Miguel (Adrián Vecino, min.47), Álvaro, Sebas, Brais Álvarez, Gende, Cristian Villar, Sergio, Eloy e Carlos (Cholo, 63).
  • Goles: 1-0, min.20: Adri; 2-0, min.30: Gabi Golpes; 3-0, min.33: Adri; 4-0, min.62: Álex.

Non lle sentan, parece ser, os madrugóns ao cadro malpicán. Esta fin de semana ademais tocaba entroido e por Malpica xa se sabe que a cousa vai cargada. O partido foi claro para os de Falito, que dominaron dende o comezo.


Crónicas dos Xuvenís

2ª Fase: 1ª Fase:

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios