![Baio e Sofan-Foto-Santi Soneira Baio e Sofan-Foto-Santi Soneira]()
Nova fin de semana esta de
Fútbol da Costa a cabalo entre febreiro e marzo. E chega con novidades, pois
arrincan as Ligas F8 do Grupo Norte de Alevíns e Benxamíns, emais o gruo único de Prebenxamíns. Por tanto, teremos nada menos que
83 partidos en marcha. Todos, en
www.futboldacosta.com. E antes de seguir, traemos o exclusivo parte costeiro dos amigos de
4gotas.com:
Será unha fin de semana marcada pola humidade e presenza de nubes. Temos un anticiclón moi preto de Galicia, pero se da achegado un chisco máis. Por momentos o fará e será o responsable de que se queden moitas nubes e moita humidade (mesmo orballos) e por momentos alonxarase un pouco e permitirá a chegada de algunha fronte atlántica que aporte chuvias. As máis significativas serán na tarde do venres e na madrugada do domingo e o momento con menos nubes será a mañá do venres. As temperaturas serán suaves, entre os 8-9 de mínima e os 13-14 de máxima (agás nas primeiras horas do venres que irá un chisco máis de frío). O vento do suroeste soprará moderado nas tardes.
Se queredes saber porqué anticiclón non é igual a sol, como erróneamente se pensa, podedes consultar este artigo.
A Previa
Comezamos o repaso da Previa pola
Preferente - Senra Sport, con dous choques asequibles, pero moi igualados para os nosos. O
Dumbría, con 32 puntos, recibe no Conco ao Viveiro, situado a só 2 puntos dos dumbrieses, mentres que o
XSC recibe a un Residencia empatado con 31.
Novo derbi, e moi fermoso, na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. O Cairo acollerá o choqeu entre un necesitado
Corme e un Baio que vén de vencer a todo un Sofán. Un
Sofán que necesita do Carral nunha finalísima para saber se vai seguir pelexando ata o final polo ascenso, pois recibe ao Unión, líder ata que o
Soneira batía con eles a semana pasada. O Soneira quere manter a boa liña ante un bo Piloño, mentres o
Malpica ten que romper a mala liña ante a visita do Flavia, co que unha derrota o podería meter en serios problemas. A
Esteirana buscará a terceira vitoria seguida e certificar a súa reacción, pero recibirá nada menos que ao líder, o Villestro.
O
partidazo da xornada xogarase en San Pedro de Castriz, na
2ª Autonómica - ES Bazarra. O 4º da táboa recibe ao líder no seu peor momento, un San Lorenzo que chega con só 2 puntos de vantaxe e con Zas e Outes pisando os talóns. O zaenses esperan un tropezo dos carballeses e non fallar ante o Seaia en casa, mentres os da Serra terán unha complicada saída ante un Mazaricos, que de vencer se pode ata meter na pelexa por todo.
Por abaixo, teremos un
duelo de pechacancelas. Pode ser o último tren para un Camelle sen sorte, pero en fronte terá un Montelouro que necesita os puntos
comarea, esperando ademais o tropezo do Seaia, e por que non, do Cabana en Buño e do Porteño en Cee. Todos terán o ollo posto na Esteirana e no Corme, pois deles tamén dependen outras dúas prazas de arrastre.
Choques interesantes na
3ª Autonómica - Clínica Xunqueira.
O Cerqueda e o Ameixenda queren seguir certificando os seus postos de ascenso, pero terán que superar a Coristanco e Muxía, dous equipos á alza en plena pelexa pola promoción. Outro dos choques da xornada será o Lira-Nantón do sábado, mentres o Corcubión non pode fallar máis se quere manter a súa 4ª praza.
Os Xuvenís en plena loita
Está fermosa a
Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Cando quedan 4 xornadas para o remate, e co Dumbría destacado (enfróntase ao Porteño no Hermanas Patiño debido ao mal estado da Grixa), 4 equipos pelexan pola praza que acompañará, con probabilidade, ao Dumbría na Fase.
Dous choques directos a cara de can viviremos este sábado, entre XSC e Os MIúdos, e entre Cabana e Camariñas.
Mentres, na sosa
Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, aínda con 6 xornadas por diante, segue a competición.
De Ligas Autonómicas
Será unha
tarde de festa o sábado no Conco coa visita do líder da
División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría. Un dos premios da temporada, o poder xogar en casa ante todo un Celta de Vigo, ante o que sumar será o de menos, estando ademais con moita marxe como está o equipo de Juan e Joaquín. Pola súa banda, si que necesita sumar o XSC da
Liga Galega Cadete que terá un tenso derbi na mañá do domingo ante o Bergantiños.
O que máis complicado o ten é o Dumbría Infantil, que visita o sábado ao Santiago coa imperiosa necesidade de sumar os 3 puntos.
Xornada clave en Cadetes e Infantís
Apaixoantes os duelos cando quedan 3 xornadas para remate das ligas comarcais. Na
1ª Cadete, o Corme, con 3 puntos máis sobre o Cabana, non pode fallar na súa visita a Arliña, se quere afianzar o título. Pero
o partidazo xogarase no San Paio de Refoxos. O Cee, 3º a 4 puntos do Cabana, pode meterse na pelexa pola segunda praza que dá acceso á Fase de Ascenso se vence ao equipo cabanés (na ida gañou 3-2 o cadro cabanés). O Ponteceso, empatado co Cee, estará atento ao que suceda no partidazo da xornada.
Mentres,
na 1ª Infantil, teremos dous choques no máis alto. o XSC ten 5 puntos de vantaxe sobre o Fisterra pero cun partido máis, polo que non pode perder ante a visita dos Miúdos, o 3º na táboa. O que ten que gañar si ou si é o Fisterra, que ademais visita o campo do 4º clasificado, o Cabana. Aquí a pelexa é polo título e pola única praza que dá acceso á Fase de Ascenso.
Máis F8
E como dicimos, mentres polo Sur xa levan varios meses competindo e andan pola xornada 16, esta semana arrincan as Ligas
Grupo Único de Prebenxamíns.
Son 25 equipos máis en competición!
De Veteranos
E completamos o repaso cos Veteranos. Na
1ª División, o líder San Román terá un choque complicado, pois recibe ao At.Milagrosa, 4º a só 5 puntos. Atento estarán os Coristanco e Hosgran, a só 3 do líder, e que terán choques a priori máis asequibles.
Dumbría |
01/03 - 17:00 |
Viveiro |
Residencia |
01/03 - 17:15 |
Xallas StComba |
Sofán |
01/03 - 16:30 |
Unión |
Soneira |
01/03 - 16:30 |
Piloño |
Esteirana |
01/03 - 16:30 |
Villestro |
Malpica |
01/03 - 16:30 |
Flavia |
Corme |
01/03 - 17:00 |
Baio |
Montelouro |
01/03 - 16:15 |
Camelle |
Carnota |
01/03 - 16:15 |
Fisterra |
Camariñas |
01/03 - 16:15 |
Volantes |
Buño |
01/03 - 17:00 |
Cabana |
Zas |
01/03 - 17:00 |
Seaia |
Cee |
01/03 - 17:00 |
Porteño |
Castriz |
01/03 - 17:00 |
San Lorenzo |
Mazaricos |
01/03 - 17:00 |
Outes |
Ponteceso |
01/03 - 17:00 |
Baíñas |
Lira |
28/02 - 16:30 |
Nantón |
Corcubión |
28/02 - 17:00 |
Castrelo |
Muxía |
01/03 - 16:30 |
Ameixenda |
Coristanco |
01/03 - 17:00 |
Cerqueda |
Xallas StComba |
28/02 - 12:00 |
Os Miudos |
Porteño |
28/02 - 17:00 |
Dumbría |
Cabana |
28/02 - 18:00 |
Camariñas |
Malpica |
28/02 - 11:30 |
Esteirana |
Baio |
28/02 - 16:00 |
Outes |
Zas |
28/02 - 16:15 |
Castriz |
Muxía |
28/02 - 16:15 |
Corcubión |
Corme |
28/02 - 16:15 |
Cee |
Coristanco |
28/02 - 16:15 |
Fisterra |
Dumbría |
28/02 - 17:00 |
Celta |
Xallas StComba |
01/03 - 11:30 |
Bergantiños |
Santiago |
28/02 - 12:00 |
Dumbría |
Esteirana |
27/02 - 10:30 |
Sofán |
Cee |
27/02 - 17:00 |
Cabana |
Baio |
28/02 - 10:00 |
As Baleas |
Muxía |
28/02 - 11:00 |
Corme |
Fisterra |
28/02 - 11:00 |
Os Miudos |
Ponteceso |
28/02 - 11:30 |
Coristanco |
Vimianzo |
27/02 - 18:3 |
Zas |
Cee |
28/02 - 11:00 |
Ponteceso |
Xallas StComba |
28/02 - 11:30 |
Os Miudos |
Cabana |
28/02 - 16:00 |
Fisterra |
Outes |
01/03 - 10:30 |
Corme |
Sofán |
01/03 - 12:15 |
Coristanco |
Cee A |
26/02 - 19:00 |
Dumbría |
Fisterra |
27/02 - 19:00 |
Cee B |
Dumbría B |
27/02 - 19:00 |
Os Miúdos B |
Outes A |
28/02 - 11:00 |
XSC A |
Lira |
28/02 - 12:00 |
Os Miúdos A |
Esteirana B |
28/02 - 12:00 |
Sofán |
Esteirana A |
01/03 - 12:00 |
As Baleas |
Cee |
26/02 - 18:00 |
Dumbría |
Outes |
26/02 - 19:00 |
XSC A |
Fisterra |
27/02 - 18:00 |
Cee B |
XSC B |
1-6 |
Sofán |
Lira |
28/02 - 13:00 |
Os Miúdos A |
Esteirana |
01/03 - 11:00 |
As Baleas |
Zas |
01/03 - 11:00 |
Dumbría |
Hosgran |
01/03 - 11:00 |
Laxe |
San Román |
01/03 - 12:00 |
At. Milagrosa |
Baio |
01/03 - 12:00 |
Soneira |
Bértoa |
01/03 - 11:00 |
San Lorenzo |
Castriz |
01/03 - 11:00 |
Ponteceso |
Coristanco |
01/03 - 10:00 |
Xv. Bergantiños |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 23
Vimianzo |
01/03 - 11:00 |
Cerqueda |
Sofán |
01/03 - 10:30 |
Poniente |
Camariñas |
01/03 - 10:00 |
Malpica |
Corcoesto |
01/03 - 11:00 |
Nantón |
Erbecedo |
01/03 - 12:00 |
Leiloio |
San Isidro-Razo |
01/03 - 11:00 |
Porteño |
Buño |
01/03 - 10:00 |
Agualada |
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).