Luns. 13.05.2024
El tiempo

Ligas Galegas: Un paso de xigante e outro atrás

Ligas Galegas: Un paso de xigante e outro atrás
DUmbria cadete Aluminios Dumbría, que cumpre 25 anos, patrocina as Ligas Galegas

Tres situacións diferentes atopamos aos tres equipos costeiros nas Ligas Autonómicas. Por unha banda, o Dumbría Cadete conseguía unha vitoria que practicamente lle dá a salvación, aínda con 10 partidos por diante.

Mentres o XSC cadete caía pero vía como os seus rivais por evitar o descenso tampouco sumaban, polo se mantén en postos de salvación, pero sen poder baixar a garda.

O que si que ve a cousa complicada é o Dumbría Infantil, tras unha e inxusta derrota deixa xa a salvación a 11 puntos, con aínda, iso si, 12 partidos por disputarse.


División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 24

  • Resultado: S.de Compostela - Dumbría (0-1)
  • DUMBRÍA: Gabriel, Josiño, Fabio, Pablo, Ayoze, Marcos, Luís (Adrián, min.65), Mario (Cristian, min.69), Xavi, Borja e Gabi.
  • Gol: 1-0, min.12: Marcos Mouro remata un córner botado por Borja.

Partido moi serio do Dumbria ante un rival, o Santiago, que buscaba desesperadamente os tres puntos para alonxarse dos postos de descenso. Saía o Dumbría ó campo do Villestro buscando a vitoria sabendo da desesperación que podería ter o Santiago pola súa posición na táboa clasificatoria e os xogadores de Juan e Joaquín conseguían pronto dominar o encontro, facéndose coa posesión da pelota e creando ocasiós de perigo. A primera sería de Luis, no 9', logo dunha falta botada por Borja que o propio Luís remataría preto do pau da portería santiaguesa. A segunda ocasión traería consejo o gol dumbriés, era o 12', logo dun saque de esquina lanzado por Borja e que Marcos Mouro remata ó fondo das mallas santiagueñas. Co 0-1chegábase ó fin dos primeiros corneta minutos.

Xa na segunda meta de o Dumbría seguía buscando o gol e no 54' Luís envía por riba do longueiro outra boa ocasión para os visitantes. No 59' e no 61' Adrián tería dúas boas ocasións para aumentar o marcador pero non o conseguía. A única ocasión para o Santiago sería no 74' cun disparo lonxano que Gabriel, portero dumbriés enviaba a saque de esquina logo dunha boa parada. E con 0-1 remataba o encontró cunha importantísima vitoria para o Dumbria que virtualmente o sitúan na próxima tempada, un ano máis, na DH cadete.

Liga Galega Cadete, xornada 24

  • Resultado: R.C. Villalbés - Xallas StComba (2-0).
  • XSC: Rubén; Óscar (Carlos Rieiro, R, Pablo, Alberto; Raúl, Juanjo; Juan Lois (Manuel), Carlos Baio, Thiago e Grille (Rubén Suárez).
  • Goles: 1-0, min.18; 2-0, min.21.
Dúas accións a balón parado, en senllas faltas ao bordo do área, decidiron un partido igualdo e marcado polo lamentable estado do terreo de xogo do Estadio “Roca” de Villalba, que fixo imposible o poder xogar ao fútbol a ambos equipos. Unicamente dous erros de marcaje no prazo de dous minutos, romperon un partido onde os dous equipos bastante fixeron con manterse en pé nun campo impracticable.

Tralos dous tantos, o dominio correspondeu ao XSC cun Racing Villalbés replegado e buscando o contragolpe, pero sen crear grandes ocasións de gol, nin uns nin outros.

Na segunda metade acrecentouse o dominio dos xalleiros, que gozaron de tres ocasiones para bater a meta local, pero unha vez máis non foron capaces de materializar en gol o seu dominio e pelexa. Ao final, unha derrota que deixa aos xalleiros como estaban na táboa, pois o Compostela non puido puntuar, e seguen fóra dos postos de descenso.

Esta semana, derby ante o Bergantiños en Santa Comba, onde os dous equipos necesitan os puntos, pero especialmente o Xallas de Santa Comba para poder escapar da zona de perigo.

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría - Play Off Descenso Norte Impar, xornada 2

  • Resultado: Dumbría - Residencia (0-1)
  • DUMBRÍA: Juan; Xan (Jhonny, min.70), Àlex (.Samuel, min.68), Toni, Luis; Brais Fdez., Moisés, Berto (Hugo, min.46), Adrián, Tajes (Ángel Sestayo, min.60) e Mateo.
  • Gol: 0-1, min.55.

3 puntos vitais que se escaparon do Conco, onde, si algún equipo se fixo acreedor á vitoria, ese foi o Dumbria. Os infantís costeiros afrontaron o choque como si fora unha final, e a resposta en canto a motivación foi óptima. E en cando ó xogo tamen foi positiva, posto que o dominio do mesmo sempre estivo do lado dumbriés. Sobre todo no primeiro tempo, onde o porteiro local Juan foi casi un espectador, en canto non tivo que facer paradas salientables.
O Dumbría tampouco se achegaba con demasiado perigo, pero nun par de opcións de Tajes e Adrián, sí q puso o Uuy na bancada.

A ocasión máis clara dese primeiro acto, foi unha boa combinación entre Mateo e Tajes, os puntas locais, onde o camariñán foi derrubado cando ingresaba na área, probablemente cando xa estaba no seu interior, malia que o colexiado entendeu que fora fóra. E a falta botada polo capitán Adrián, foise ó limbo.

Na reanudación, o equilibrio seguía marcando o partido. Pero un balón solto no borde da área nunha xogada aillada, era pateado con arte por un centrocampista lucense, a aloxábase na rede do marco local.
Quedaban 25 minutos para a posible igualada. O Dumbría puxo cerco ó gran cancerbeiro visitante (en altura e seguridade), pero os intentos de Adrián, Sestayo, Luís ou Brais Fdez. non obtiveron recompensa.

Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios