Domingo. 08.09.2024
El tiempo

Previa futboleira para unha completa fin de semana

Previa futboleira para unha completa fin de semana

Quédanos unha boa fin de semana de Fútbol da Costa. Con competición oficial xa, coa Preferente en marcha, e moitos amistoso.

Arrinca a Preferente

Primeira xornada para Dumbría e XSC nesta nova andaina pola Preferente Norte. Logo da presentación do renovadísimo cadro xalleiro ante o Bergantiños, os de Rubén Coméndez comezan en Dubra unha temporada ilusionante.
Terá o cadro de Canosa a oportunidade de comezar na casa, o domingo ás 18:00h no Conco ante o Arzúa, para ver como responde este equipo despois das numerosas baixas.

Estes son os horarios:

Dubra31/08 - 19:00XSC
Dumbría31/08 - 18:00Arzúa

SuperCopa dos Veteranos

SuperCopa Veteranos da Costa 2014

A final dos SuperVeteranos será o partidazo da fin de semana. O Campo do Pinguel de Ponteceso acollerá este vindeiro 31 de agosto a Super Copa dos Veteranos da Costa.

Como avance, enfrontaranse ás 10:00h o campión e o segundo clasificado da 2ª División, Atlético Milagrosa e ao Erbecedo, ambos este curso na 1ª.
O partidazo será ás 12:00h, cando se enfronten o Coristanco (Campión de Liga) e o Dumbria (campión de Copa).

Torneo de Futbol Praia de Corcubion

Arrinca as Ligas Xuvenís

Pero só un partido, e por mor das Festas da Barca, o Outes e o Muxía adiantan o seu partido da 2ª xornada para este sábado ás 17:00h.

Doble cita en Corcubión

Praia e céspede artificial. Doble cita na fin de semana en Corcubión. O Concello de Corcubión en colaboración co U.D.Corcubión organizan o Torneo de Fútbol Praia que terá lugar o venres 29 de agosto no areal da praia de Quenxe.

Ademais, o sábado 30, cambiamos a praia polo Novo Cubeleiro para disputar ás 18:30h o XVI Trofeo Carlos Lojo, entre o Corcubión e o Baíñas.

Fútbol e Churrasco en Nantón

Trofeo Jose Diaz Lema de Nanton 2014

Partidazo nas Fontiñas e churrascada no 2º Trofeo Memorial José Díaz Lema. O Cabana visita aos seus veciños do Nantón para facer unha festa e lembrar ao ex presi.

Máis partidos

Son varios os choques amistosos desta fin de semana:

  • Sábado 30 de agosto ás 18h. Soneira - S.D.San Lorenzo de Verdillo, en Verdillo.
  • Sábado 30 de agosto, ás 17:00: Corme - Sporting Seaia, no Cairo en Corme.
  • Sábado 30 de agosto, ás 12:00h: Orzán - Cerqueda, na Torre, Coruña (ás 17:00h 3º y 4º posto e ás 19:00h a final do XI Memorial Manuel Fernández Faraldo).
  • Domingo 31 de agosto, ás 18:00h: Castrelo - Porteño, en Vimianzo.
  • Domingo 31 de agosto ás 18:00h: Lira - MonteLouro en Lombáns, (Carnota).
  • Domingo 31 de agosto, ás 17:00h: Castrelo - Porteño, en Vimianzo.
  • Lunes 1 de setembro, ás 21:00: Sporting Seaia - Atletico Coruña, na Pedra Queimada.
  • Mércores 3 de setembro, ás 21:00: Sporting Seaia - Bergantiños (Lina Nacional Xuv), na Pedra Queimada.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios