Promoción de 3ª: Os nervios deixan todo para a volta



Intensa e chea de emoción foi a ida da final da Promoción de Ascenso da 3ª Autonómica. Pedra Queimada engalábase para recibir dúas afeccións volcadas. Dúas afeccións novas, a azul do Seaia, neste primeiro ano de existencia, e a amarela do Ameixenda, nesta a súa segunda temporada en competición. O que dá conta de que o fútbol da Costa ten moito percorrido.

Seaia - Ameixenda (1-1)
- SEAIA: Jesús, Zala (Medros, min.46), Lesi, Parga, Vistas, Dimaga, Adra, Juni, Camilo, Uru e Richard.
- AMEIXENDA: Óscar Riolo, Jose Manuel (Samuel, min.66), Javichu, Camacho, Bruno, Jesús (Mateo, min.86), Iván Pequeño, Bichiño (Jorge, min.80), Álex, Momaño (David, min.70) e Rioliño (Demetrio, min.88).
- Goles: 0-1, min.50: Rioliño a pase de Iván Pequeño nunha boa xogada; 1-1, min.80: Camilo anota un golazo tras levar a dous defensas.
Moita tensión, moitos nervos nos dous equipos nun partidazo fermoso, cun ambiente espectacular pois a afección ceense invadiu Pedra Queimada e os locais tamén encheron de cor as bancadas. Azuis contra amarelos tamén no campo, nun choque moi disputado polos dous equipos.
Ningún quería arriscar demasiado. E a primeira metade foi de contacto, estudiando ao rival. Tardou en entrar no partido o cadro local, pero tivo bos minutos antes do descanso chegando por bandas, aproveitando os poucos espazos que deixaba o Ameixenda.
Empezaba a segunda metade co cadro amarelo algo máis enriba e de contado Rioliño aproveitaba unha boa xogada por banda de Iván Pequeño, que está completando unha grandísima temporada, para adiantar aos ceenses.
Tardou en reaccionar o Seaia pero atopou ocos na defensa e puido empatar nun par de chegadas, pero non foi ata, faltando 10 minutos, cando Camilo agarrou un balón, levou a un par de defensas e colou o balón na meta de Óscar para facer un empate que deixa todo aberto para o partido de volta no San Paio de Refoxos.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: A Esteirana ten que gañar na última xornada.
- Preferente: O Dumbría non chega e o XSC complícase.
- Resultados e crónica dunha xornada que deixa ao Corme como novo Campión da Liga da Costa.
- Sábado de ponte moi futboleiro.
- O 1 de maio, cheo de Fútbol na Costa.
Artigos relacionados
- 4 campións con Biberón.
- Pablo Varela; O Corme bate nas portas do Paraíso.
- Os Biberones tamén teñen a súa I Copa da Costa.
- A febre deportivista espállase por Verdillo.
- Baio e Porteño celebraron os 50 anos da Liga da Costa.
- Xa chegaron os cromos da SD Fisterra.
- Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
- O Gato parapenaltis.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora Blog do Malpica de Luís Porto.