Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Sábado de ponte moi futboleiro

Sábado de ponte moi futboleiro
A xornada deste sábado de ponte viña cargado de fútbol e sobre todo fútbol das categorias inferiores con unhas Semifinais da Copa da Costa Xuvenil moi atractivas e intensas, tamén tiñamos encontros adiantados da segunda rexional, liga de Cadetes na que o XSC faciase co título de Liga a falta de dúas xornadas para o final da competición e ligas Alevín e Benxamín.Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos Damos comezo o repaso da xornada cos encontros adiantados da Segunda Rexional onde tíñamos dous enfrontamentos, por un lado o Fisterra que vencía a domicilio o Cabana por 3-2, nun encontro con moitos goles e unha tensión acumulada por parte do Cabana por sair desos postos de perigo, a falta dunha xornada para rematar a Liga e pendentes dos arrastres de ligas superiores o Cabana con un encontro mais que os seus perseguidores situase no día de hoxe decimoprimeiro con 40 puntos no seu casilleiro. Outros dos que se xogaban moito no encontro desta tarde eran o Mazaricos e o Buño que se enfrontaban entre eles, a vitoria dos homes de Esmorís dalles os Oleiros practicamente a salvación feita a falta dunha xornada para rematar a liga, a falta do que ocorra nos encontros de mañá practicamente son equipo de segunda un ano mais. Un encontro onde o Mazaricos faría unha primeira metade moi boa e onde a fortuna non os acompañou na tarde de hoxe, o cal sí acompañaría os de Buño que as poucas ocasións que tiveron as enchufaron e servirialles para levarse o encontro. En canto os Xuvenís, tiñamos Semifinais da Copa da Costa, na que se enfrontaban unha vez mais a Esteirana e o Dumbría, un encontro como sempre atractivo e con moita tensión. Os homes de Diego Lobelos e Oscar Leis que seguen facendo unha campaña impresionante levaríanse unha vitoria amplia e contundente, deixando a eliminatoria practicamente sentenciada tras este 0-4 e poñendo pé e medio un ano mais na final da Copa da Costa, queda ainda o encontro de volta no que poden pasar moitas cousas, pero esta vitoria casi sentencia a eliminatoria. Noutro dos encontros do dia foi a outra Semifinal na que se enfrontaban o Muros e o Corme que calqueira deles leva unha Copa moi boa, o encontro remataba con un empate a 4 goles que fai que o Muros teña que ir a vencer a Corme se quere meterse na final, grandisimo encontro polas dúas partes e como o marcador reflexa moi vistoso para os aficionados pola cantidade de goles. Na  División de Honra o Dumbria caería 2-1 fronte o Victoria que non afecta moito os homes de Juan Porrúa xa que a salvación a aseguraron no encontro do xoves fronte o Pontevedra. Na liga cadete, o XSC facíase co titulo de liga a falta de dúas xornadas e tras vencer o seu inmediato perseguidor o Fisterra por 0-3. Partido moi serio dos de Santa Comba que se levarían o encontro e os tres puntos para levarse este ansiado Título, mentras tanto os pequenos dos Xalleiros perdian por 0-2 fronte o Val de Ulla na Liga Galega Infantil. Tamén se disputarían encontros de Alevíns e Benxamins no desfase de fechas entre a Liga Norte e a Liga Sur, xa que no Sur xa terminaron a súa competición e na Norte inda quedan 6 xornadas para rematar a competición, todo isto o tiñamos para cerrar a xornada de sábado futboleiro. Para a xornada de domingo queda moito mais futbol. banner-tenda-maisdeporte-cee

COPA DA COSTA

Preferente, xornada 36

San Tirso 04/05 - 17:00 Soneira
Dumbría 04/05 - 17:00 Gal. Mugardos
Xallas StComba 04/05 - 16:00 Carral

1ª Autonómica, xornada 33

Malpica 04/05 - 17:00 Bertamiráns B
Arzúa 04/05 - 17:00 Ponteceso
Camariñas 04/05 - 17:00 Esteirana
Baio 04/05 - 17:00 Sigüeiro

2ª Autonómica, xornada 33

Mazaricos 1-2 Buño
Castriz 04/05 - 17:00 Zas
Porteño 04/05 - 17:00 Cee
Volantes 04/05 - 18:00 San Lorenzo
Outes 04/05 - 17:00 Muros
Carnota 04/05 - 17:00 Corme
Sofán 04/05 - 17:00 Corcubión
Fisterra 3-2 Cabana
  • Descansa Camelle.

Promoción de Ascenso 3ª Autonómica, Ida da Final

04/05 - 19:00 Seaia - Ameixenda

División de Honra Cadete, xornada 31 e 32

Dumbría 1-1 Pontevedra
Victoria 2-1 Dumbría

Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupos 1 e 2 Norte, xornada 11

Lugo 1-2 Dumbría
XSC 0-2 Val do Ulla
Dumbría 04/05 - 11:30 (x.12) Conxo
Val do Ulla 0-2 XSC

I Copa da Costa Cadete, Final

Coristanco 0 - 3 (en Zas) Fisterra

1ª Cadete, xornada 24

Muros 5-3 Cee
Outes 1-1 Muxía
Coristanco 1-3 Esteirana
Corcubión 2-7 Cabana
Baio 1-1 Zas
Fisterra 0-3 Xallas StComba
  • Descansa As Baleas.

I Copa da Costa Infantil, Ida das Semis

04/05 - 10:30 Fisterra - Cee
04/05 - 10:30 Os Miúdos - Corme
  • Podedes ver como queda o cadro completo en www.copadacosta.com.

Alevín, F-8 Costa Norte, xornada 12

Muxía 6-4 Coristanco
EF Corcubión 0-4 Cabana
Sofán 4-0 E.M.F. Vimianzo
As Baleas 0-1 Corme
  • Descansa Baio.

Benxamín F-8 Costa Norte, xornada 12

Muxía 2-2 Coristanco
Ponteceso 0-15 Cabana
Sofán 5-1 E.M.F. Vimianzo
As Baleas A 1-4 Corme
Baio 1-2 As Baleas B
Copa da Costa de Veteráns Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios