Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Raz Surfcamp, premio á Mellor Entidade Deportiva Privada de AGAXEDE

Raz Surfcamp, premio á Mellor Entidade Deportiva Privada de AGAXEDE
Staff de Raz Surf Camp Staff de Raz SurfCamp

A Costa da Morte é, sen dúbida, potencia mundial en materia de surf. Algo que o corrobora a presencia de varios campamentos de surf en Nemiña ou Razo, así como as ondas inmellorables de Soesto, o Rostro ou Corme.

E se focalizamos a atención na costa bergantiñá, Razo é o mellor exemplo. Dous campamentos fan as delicias de centos de mozos e mozas cada ano, servindo de foco de atracción deportivo-turística para a Costa da Morte. Estes días están de noraboa na familia do Raz SurfCamp, pois veñen ser ser galardoados co “Premio á Mellor Entidade Deportiva Privada”, no marco dos “VII Premios Galicia á Xestión Deportiva”, que outorga AGAXEDE, a Asociación Galega de Xestores Deportivos.
Un premio que recibirán o vindeiro 28 de outubro nunha Gala que terá lugar en Culleredo.

O xurado deste certamen distingue así á firma carballesa por “ser pioneros en España na oferta de campamento de surf desde 1991, contribuíndo á promoción e o desenvolvemento deste deporte en Galicia desde a praia de Razo”. I é que Raz Surfcamp lóubanse de ser “a primeira iniciativa que introduce o concepto de campamento de surf en España e abrir en Galicia a brecha deste deporte como un produto turístico”.

Razo, capital do surf

O seu director, Alejandro Vázquez Romero destaca que este tipo de recoñecementos supoñen “un importante aliciente para os profesionais do sector e, especialmente, para o propio deporte do surf que, con este tipo de recoñecementos, se afianzan como unha aposta diferenciadora de Galicia a nivel mundial para atraer a viaxeiros e deportistas que buscan as mellores olas?”. O director de Raz Surfcamp recorda que “grazas a moitos esforzos, a praia de Razo figura nos cadernos de viaxe de moitos surfistas de diferentes países. Carballo pode presumir de ser un destino de surf incipiente e con futuro. Estamos obrigados a coidar o produto, ser líderes en calidade e excelencia, tendo moi claro que non todo vale e coidando especialmente a contorna natural privilexiado que nos rodea”.

Alejandro Vazquez tamén reivindica o papel do surf como unha actividade que está atraendo a turistas “ás praias de pequenas localidades, aquelas en as que se dan as mellores condicións para a práctica deste deporte, sen que teñamos que falar de zonas con tradición turística. Estou convencido de que o surf, si o coidamos, daralle grandes alegrías a Galicia”.

[PROMO] Raz SurfCamp 2016 from Raz Surf Camp on Vimeo.

Novas surfeiras

Fonte

Comentarios