Resultados dunha nova e sorprendente fin de semana no fútbol costeiro
          
Nova xornada ligueira e novo resultados sorpresas. Debiu ser a Barca, que fixo mella en absolutamente todos os campos da bisbarra...
Na Preferente son os equipos xalleiros os que están a comezar con mellor pé. De feito, Santa Comba e Xallas xa están 4º e 6º respectivamente con 7 puntos. Os que non arrincaron tan ben son os Soneira e Dumbría. Os de Manolito non pasaban do empate ante o potente Laracha, que contaba partidos por vitorias ata chegar ao Municipal de Vimianzo. O Dumbría, pola súa parte, volvía de baleiro de Chantada malia estar nun encontro moi igualado.
Na 1ª Autonómica boas novas para os dous equipos. O Cee voltaba ao San Pedro de Refoxos e acadaba unha cómoda vitoria, mentres o Ponteceso sacaba 3 puntazos, moi traballados, do campo ferrolán do Perlío.
No tocante á Liga da Costa, só podemos dicir, que comeza tola. De novo moitas vitorias visitantes e moita igualdade, como notas predominantes. Se ben, o único que "predomina" é o Club do Mar, líder xunto co Dumbría B, que está a deixar moi boa imaxe alá por onde pasa. O Malpica confiouse de máis ante o Castriz e aquí xa se sabe que non hai inimigo pequeno. 
 Como apuntamento, o encontro entre Corme e O Pindo aprazado pola morte dun home moi achegado e querido no clube carnotán.
A xornada na 3ª da Costa deixa a un Montelouro líder en solitario sendo o único equipo con 3 vitorias en 3 partidos. Os muradáns, tras un ano de descanso, volven con gañas de fútbol, e esta semana foi o Laxe o que o sufríu. Por detrás, con 7 puntos, seguen Outes e Cerqueda; os malpicáns superaron con facilidade ao Soneira B, mentres que os da Serra mantiveron un tremendo duelo co Carnota que rematou cun espectacular 4-4 cuns 10 últimos minutos de infarto.
Continúan os xuvenís da Liga Norte Gr.4. Ademais do encontro aprazado pola Barca do Zas-Muxía, ningún equipo suma os 6 puntos en liza. A igualdade é total e ata 4 equipos suman 4 puntos.
E tamén comezaron os Veteranos. San Lorenzo, Castriz e Bergantiños son os únicos que sumaron os 3 puntos na 1ª División, xa que houbo varios empates e varios encontros aprazados. Na 2ª, o Sofán comeza con forza, e 10 goles ao Club do Mar.
Preferente Norte, xornada 3
| Soneira | 1-1 | Laracha | 
| Santa Comba | 2-0 | Ribadeo | 
| Foz | 1-2 | Xallas | 
| Chantada | 2-1 | Dumbría | 
1ª Autonómica, xornada 2
| Cee | 3-1 | Atl. Riveira | 
| Perlío | 2-3 | Ponteceso | 
2ª Autonómica, xornada 2
| Club do Mar | 3-0 | Corcubión | 
| Fisterra | 0-1 | Nantón | 
| Camariñas | 1-2 | Buño | 
| Sofán | 1-2 | Baio | 
| Corme | Aprz. | O Pindo | 
| Malpica | 1-3 | Castriz | 
| Esteirana | 2-1 | Mazaricos | 
| Dumbría B | 5-3 | San Lorenzo | 
| Zas | 1-3 | Muros | 
3ª Autonómica, xornada 3
| Atl. Pereiriña | Aprz 08-12 | Muxía | 
| Volantes | 5-1 | Xaviña | 
| Coristanco | 0-1 | Cabana | 
| Montelouro | 2-0 | Laxe | 
| Corcoesto | 1-4 | Lira | 
| Outes | 4-4 | Carnota | 
| Porteño | 1-0 | Camelle | 
| Alcaián | 4-1 | Fisterra B | 
| Cerqueda | 3-0 | Soneira B | 
Liga Xuvenil Norte, xornada 2
| Camariñas | 2-0 | Coristanco | 
| Laxe | 1-5 | Malpica | 
| Corme | 2-2 | Ponteceso | 
| Zas | Aprz. | Muxía | 
| Baio | 3-3 | Cabana | 
Ligas de Veteranos, xornada 1
1ª División
| Camariñas | 2-3 | Castriz | 
| Baio | Aprz.12-10 | Vimianzo | 
| Bergantiños | 0-1 | Xuv. Bergantiños | 
| Corcubión | 1-1 | Cabana | 
| San Lorenzo | 4-1 | Nantón | 
| Ponteceso | 1-1 | Buño | 
| Zas | Aprz. 12-10 | San Román | 
2ª División
| Atl. Milagrosa | 4-1 | Dep. Carballo | 
| Corcoesto | 4-0 | Porteño | 
| Corme | 0-2 | Malpica | 
| Coristanco | 3-1 | Leiloio | 
| Club do Mar | 1-10 | Sofán | 
| Cerqueda | 1-3 | Agualada | 
| Soneira | 2-0 | Camelle | 
Máis información
Novas relacionadas
- Sancionados e novos horarios para esta nova fin de semana no fútbol da Costa.
 - Xuvenil Norte: Comezando unha liga insulsa.
 - 3ª Autonómica: Igualdade Incomprensible.
 - 2ª Autonómica: Inicio de campaña con cor visitante.
 - Preferente: En proceso de adaptación.
 - 1ª Autonómica: Comezo con mal pé para Cee e Ponteceso.
 - Resultados da primeira fin de semana de setembro.
 - Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
 
Máis novas
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
 - Vimianzo lembrou a Martín Pena.
 - O Plan Competicional e a Liga á carta.
 
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).