Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Resultados e análise da xornada da última fin de semana de abril

Resultados e análise da xornada da última fin de semana de abril
Imaxe do Carnota-Baio-Foto- Jorge Parri

Nova xornada completa de #futboldacosta esta última de abril. E chegou con novidades importantes, como a rúbrica do ascenso do Independiente Carballo, o título de Liga dos Infantís do Xallas de Santa Comba, ou Fase Final dos alevíns e benxamíns.

Pero comezamos a análise por arriba, pola Preferente, malia que xa ten pouco aliciente. Onte, empate do XSC e derrota do Dumbría, e hoxe, tamén con pouca intensidade, vitoria do Soneira ante o Páramo.

A que si ten emoción, e tanta, é a 1ª Autonómica, cos nosos 3 equipos sufrindo. E máis, coas vitorias do Laro e do Piloño, e menos mal que o Flavia non puido con todo un Noia. Respira o Ponteceso, que queda a 4 puntos do descenso trala súa vitoria crucial en Arzúa cun solitario gol de Toniño. Pero grave a derrota do Fisterra na cancha do pechacancelas, que malia estar descendido mete nun verdadeiro follón ao cadro de Juan Jesús, en postos de descenso ao estar empatado co Flavia pero co golaverage individual en contra. O que non puido facer nada foi o Camariñas, ante un líder, o Estudiantil que festexou o ascenso á Preferente. Os tres terán que sufrir nestas duas xornadas que quedan, con partidos tan importantes como o Camariñas-Laro ou o Flavia-Ponteceso da última xornada.
Mentres, o Malpica segue ao seu e deixa ao Lamela aínda con necesidade de sumar para evitar problemas.

Na 2ª Autonómica, a Esteirana acariña o título tras superar ao Outes no Conchido. O Baio non perdoou tampouco e se mantén a 2 puntos do líder esperando calquera tropezo que poida ter ante o Carnota ou no Carral na última xornada. O Cee xa se despediu do título e case que da promoción co empate en Cabana. Un Cabana que segue ocupando a posición máis perigosa por un posible arrastre dos da 1ª, pero que se achega ao Mazaricos, que non acaba de escapar. 2 puntos os separan, e 4 a un Outes que tampouco dá escapado.

O IDC ascende á 2ª Autonómica

Os xogadores do IDC celebrando o ascenso a 2 Autonomica

Tremenda a xeira dos carballeses, que levan 19 xornadas sen perder, dende que na xornada 13 o Porteño sacaba unha vitoria das Eiroas. Hoxe, o cadro de Da Silva rubricaba o ascenso cun 0-4 en Coristanco, e se aproveitaba da derrota do Camelle no importantísmo derbi camariñán. Queda agora o Porteño cun pé e medio na 2ª Autonómica trala axustada vitoria na Grixa, deixando ao Camelle coa necesidade de pasar a promoción, onde terá coma rivais a Soneira B, Cerqueda, e Laxe, que certificaba o seu pase sen xogar, sumando os puntos do filial fisterrán.

Mala xornada para os cadetes do Dumbría da Liga Galega Cadete, que caía en Santiago e vía como o Ural se lle achega por detrás, tras vencer, quedando a 3 puntos.

Campións nos Infantís, Benxamíns e Alevíns

Os Infantis do XSC, Campións de Liga

E compre salientar a gran campaña do Xallas de Santa Comba de Santi Casal, que cantou o alirón en casa a falta de dúas xornadas.

Ademais, esta fin de semana disputouseen Fontenla a Fase Final de Alevíns e Benxamíns de F-8, chegada antes mesmo de rematar a tempada... Campionato ademais clasificatorio para o Campionato Galego, e que deixa ao Vimianzo alevín e ao Fisterra benxamín como campións, que se celebrarán as fins de semana do 18 e 25 de maio.

En Alevíns, o Vimianzo desfíxose por 4-1 do Dumbría, e disputou a final ante un Fisterra que eliminara ao Cabana por 6-2- Na final, os vimianceses vencían por 4-2.
En Benxamíns, o Fisterra quedou campión, demostrando que a súa canteira é infinita.

Benxamins do Fisterra Campions de F8

Copas da Costa

Se o mércores teremos os Dezaseisavos da Copa dos modestos, a un partido ademais, nos xuvenís xa estamos en semifinais. Malpica e Dumbría enfrontaranse nun dos duelos máis competitivos desta campaña, tras superar ao Cee e ao Laxe, ao que se lle acabou o soño da Copa tras eliminar ao XSC. Polo outro lado do cadro, o Outes vencía ao Mazaricos de novo mentres que o Cabana rompía pronto a eliminatoria, que tamén viña encarrilada, e goleou ao Baio. Só quedan estes 4 equipos en competición a esras alturas de abril, e o XSC que competirán xunto ao Cabana na Fase de Ascenso á Liga Galega. De aí a importancia da reunión realizada a semana pasada na que se lle pediu á Federación unha Liga única.

Os Veteranos tamén comezaron a súa Copa da Costa (podedes ver o cadro sempre en www.copadacosta.com pinchando a pestana que hai debaixo á esquerda do cadro principal). Os partidos máis importantes, o Corcubión volvía sorprender, como na final do ano pasado, ao Castriz en San Pedro e sacou un 2-3 moi bo para a volta. Ademais, o Cabana vencía 2-1 ao Cabana. Do resto, parecen clasificados xa o Nantón, Coristanco, Corme, Muros, Xuv. Bergantiños, Baio, Soneira e San Lorenzo que sacaron bos resultados.


Preferente, xornada 35

Sada 0-0 Xallas StComba
Dumbría 0-1 Viveiro
Soneira 3-1 O Paramo

1ª Autonómica, xornada 32

Cacheiras 2-0 Fisterra
Malpica 4-0 Lamela
Estudiantil 4-1 Camariñas
Arzúa 0-1 Ponteceso

2ª Autonómica, xornada 32

Sofán 3-3Muros
Zas 2-1 Montelouro
Cabana 1-1 Cee
Buño 1-3 Corcubión
Outes 2-3 Esteirana
Carnota 0-1 Baio
Corme 3-1 Mazaricos
Volantes 3-3 San Lorenzo
Castriz 5-0 Dumbría B

3ª Autonómica, xornada 32

Soneira B 1-0 Lira
Ameixenda 2-0 Baíñas
Nantón 1-1 Castrelo
Porteño 1-0 Camelle
Coristanco 0-4 Indep. Carballo
Xaviña 3-0 Corcoesto
Alcaián 0-3 Muxía
  • Descansa Cerqueda.
  • Laxe - Fisterra B (2-0) por retirada do filial.

  • Copa da Costa Xuvenil, volta dos Cuartos


    Liga Galega Cadete, xornada 32

    Bergantiños 0-2 Negreira
    Compostela 2-0Dumbría

    Liga Galega Infantil, Playoff polo título, xornada 11

    Bergantiños1-6 Deportivo B

    Liga Galega Infantil, Playoff por evitar o descenso Gr.B, xornada 11

    Lalín 2-1Dumbría

    Liga Galega Infantil, Playoff por evitar o descenso Gr.B, xornada 12

    Dumbría 01/05 - 12:00 Viveiro

    1ª Cadete, xornada 24

    Cabana 0-2 Xallas StComba
    Baio 0-3 Coristanco
    Fisterra 2-0 Muros
    Con. de Carnota 2-4 Cee
    Ponteceso 2-0 Muxía
    Porteño 4-0 Zas
    Esteirana 12-0Outes

    1ª Infantil, xornada 24

    Fisterra 3-0 Cabana
    Ponteceso 0-1 Outes
    Muxía 4-3 Sofán
    Coristanco 2-3 Esteirana
    Xallas StComba 5-2 Os Miudos
    As Baleas 29/04 - 19:00 Vimianzo
    Corme 01/05 - 11:30 Cee

    Copa de Veteranos, Previa

    Pincha na imaxe para ver o cadro dos Veteranos Completo

    Novas relacionadas

    Máis información

    Artigos relacionados

    Crónicas da semana

    Fonte

    Comentarios