Chegou o outono, máis puntual que nunca, e con el cambiou a cara nos campos de fútbol. A chuvia e o vento foron os protagonistas, e o fútbol dexou paso á brega. Xa saben que teñen todas as táboas en www.futboldacosta.com e aquí vos deixamos a crónica con todos os resultados comprimidos. E ollo, que mañá hai reunión en Baio para tratar... a Copa da Costa!!
Comezamos o repaso pola Preferente, onde o XSC acabda un empatiño sen goles en Chantada que o mantén lider, empatado iso si co Boiro, que xa amosa o seu poderío. O Dumbría colócase pegado, con 10 puntos, tras superar ao Silva, mentres que o Soneira parece que vai comezar a sufrir tralo 2-1 en Bertamiráns.
Na 1ª Autonómica, resultados dispares para os nosos. O Camariñas enfía cara arriba e queda 5º tras conseguir a súa degunda vitoria ante o Flavia, demostrando que está completamente asentado na categoría e que non teme a ninguén. Un gol de De la Sierra dalle os 3 puntos aos de Pepucho. O Ponteceso sumaba un empate, pero merecía máis, ante o Lamela, e queda con 4 puntos. Os que caían eran o Malpica ante o Villestro con rotundidade, e o Fisterra, onte ante o Laro e non acaban de arrincar.
Na 2ª Autonómica, importantes golpes enriba da mesa do Sofán e do Corme. O líder superaba a un rabudo Corcubión no Novo Cubaleiro en pleno temporal. Os carballeses amosaban e quedan líderes en solitario tralo empate da Esteirana no apretado derbi ante o Muros. Por detrás xa chega o Corme logo da súa xesta no san Pedro de Refoxos, e de vencer por 0-1 a todo un Cee. Con el, o Volantes, que superaba ao Castriz, e o Montelouro, que vencía en Baio nun partido moi disputado.
Por abaixo, dous equipos conseguen a súa primeira vitoria, e dous quedan sen puntuar. O Outes vencía onte en Cabana, deixando aos cabaneses con 0 puntos. Ademais hoxe o San Lorenzo superaba o vendabal e de paso ao Zas, sumando a súa primeira vitoria. O que queda tamén sen sumar é o Dumbría B, que vía como o Mazaricos se adaptaba mellor ao vento.
Na 3ª segue imparable o Independiente Carballo. Onte vencía ao Muxía e suma 4 de 4, sacando 3 puntos aos perseguidores, Porteño e Camelle. Os dous equipos camariñáns sumaban sendas e importantes vitorias, ante rivais moi potentes como son Soneira B e Cerqueda. Os da Ponte superaban un 0-1 na primeira metade para endosar un set aos vimianceses; mentres que os camelláns superaban xustamente por 2-0 a un candidato como é o Cerqueda.
Unha das sorpresas, relativa xa, da xornada protagonizouna o Ameixenda, que sumou a súa vitoria, e consecutiva, ante un Laxe que se puña 0-3 ao descanso. O 4-3 demostra a gran actitude do cadro ceense. Outra remontada acontecía hoxe no Nantón-Coristanco, pois os cabaneses se metían 3-0 ao descanso pero os bergantiñáns igualaban a contenda na segunda. O Lira sumaba unha clara vitoria ante o Corcoesto e o Alcaián en Baíñas, deixando aos vimiances cun só punto, pechando a táboa igualado cun Fisterra B que descansaba esta xornada.
En Xuvenís non houbo sopresas. No sur, o Xallas de Santa Comba seguen intratable e vencía a unha Esteirana que aínda non suma un só punto, como Corcubión e Soneira, deixando patente a clara diferencia entre os de arriba e os de abaixo. Detrás do XSC están Dumbría, que metía 9 ao Soneira; o Fisterra, que superaba ao Corcubión tras un apretado 2-1 ao descanso; e o Mazaricos, que vencía en Muros cun apretadísimo 0-1. Cee e Outes, outros dos chamados a estar arriba, empataron a 3 nun partidazo.
Polo norte o Baio sitúase de líder tras vencer ao Corme e suma 3 de 3 pois ten o choque co Muxía aprazado. O Ponteceso resarcíase da derrota da semana co Coristanco e superaba cun 7-1 ao Zas, idéntico resultado co que caían os coristanqueses ante o potente Cabana. O Malpica tamén superaba con comodidade ao Camariñas e avisa que si vai estar arriba.
Tamén comezaba a competición en infantís, e é o Baio o que sitúa líder tras meterlle 7 aos pequenos debutantes do Sofán. Non houbo nin un só empate.
E boa xornada para os equipos do Dumbría de Liga Galega, con vitoria dos cadetes e empate dos infantís na visita ao Residencia.
Reunión para a Copa
Non se recorda programar a Copa da Costa con tanta antelación pero benvida a proposta da Federación. O vindeiro luns 24 de setembro a Federación convoca unha reunión para tratar a Copa da Costa de afeccionados así como os Campionatos de Fútbol 8 de alevíns, benxamíns e prebenxamíns.
A cita será ás 20:00h no Polideportivo de Baio.
Preferente Norte, xornada 5
Silva | 1-2 | Dumbría |
|
Bertamiráns | 2-1 | Soneira |
|
Chantada | 0-0 | Xallas StComba | |
1ª Autonómica, xornada 4
Fisterra | 2-3 | Arzúa |
|
Camariñas | 1-0 | Flavia |
|
Lamela | 1-1 | Ponteceso |
|
Villestro | 4-1 | Malpica | |
2ª Autonómica, xornada 4
Cabana | 1-3 | Outes |
|
Baio | 1-2 | Montelouro |
|
Esteirana | 1-1 | Muros |
|
Dumbría B | 1-3 | Mazaricos |
|
San Lorenzo | 3-0 | Zas |
|
Cee | 0-1 | Corme |
|
Corcubión | 2-3 | Sofán |
|
Buño | 1-0 | Carnota |
|
Volantes | 3-1 | Castriz | |
3ª Autonómica, xornada 4
Indep. Carballo | 2-1 | Muxía |
|
Camelle | 2-0 | Cerqueda |
|
Ameixenda | 4-3 | Laxe |
|
Castrelo | 3-3 | Xaviña |
|
Lira | 3-0 | Corcoesto |
|
Baíñas | 0-2 | Alcaián |
|
Nantón | 3-3 | Coristanco |
|
Porteño | 6-1 | Soneira B | |
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 4
Dumbría | 9-1 | Soneira |
|
Outes | 3-3 | Cee |
|
Fisterra | 4-1 | Corcubión |
|
Muros | 0-1 | Mazaricos |
|
Xallas StComba | 3-1 | Esteirana | |
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 4
Corme | 0-1 | Baio |
|
Cabana | 7-1 | Coristanco |
|
Laxe | 4-4 | Muxía |
|
Ponteceso | 7-1 | Zas |
|
Camariñas | 2-5 | Malpica | |
Liga Galega Cadete, xornada 2
Liga Galega Infantil, xornada 2
Liga Infantil, xornada 1
Xallas StComba | 0-4 | Cee |
Baio | 7-0 | Sofán |
Os Miudos | 6-1 | Vimianzo |
Corme | 3-2 | Esteirana |
Muxía | 5-0 | Outes |
As Baleas | 3-2 | Cabana |
Coristanco | 2-5 | Fisterra |
Ligas de Veteranos, xornada 2
1ª División
Bértoa | 7-2 | Vimianzo |
Soneira | 4-0 | Zas |
San Lorenzo | 1-2 | Cabana |
Ponteceso | 0-0 | Camariñas |
Nantón | 2-1 | Corcubión Vet. |
Xv. Bergantiños | 3-3 | Coristanco |
Castriz | 5-2 | San Román |
Bergantiños | 6-3 | Baio |
2ª División
Porteño | 0-2 | Dep. Carballo |
Sofán | 2-2 | Muros |
Agualada | 3-2 | Corme
Camelle | 1-2 | Leiloio |
Corcoesto | 2-1 | Buño |
Cerqueda | 0-3 | At. Milagrosa |
Malpica | 30/12 - 11:00 | Laxe |
- Descansa o Poniente.
- O Malpica-Laxe aprázase ata o 30 de decembro.
Máis información
Novas relacionadas
Artigos deportivos
Crónicas da semana
Fonte