Resultados e crónica dunha xornada con 3 títulos decididos no Fútbol da Costa


Auténtica emoción xa nesta primeira fin de semana de abril no Fútbol da Costa. Nótase que xa nos achegamos á final de temporada, pois xa temos decidido esta xornada 4 títulos, unha Fase de Ascenso, e moitos descensos perfilados.
E comezamos o repaso pola Preferente, na que xa onte tiñamos doble partido, coa derrota do Soneira en Narón, que o mantén pechacancelas destacado, e a vitoria, que pode ser fundamental fundamental do XSC ante o Residencia. Unha vitoria que rompe unha xeira de 4 derrotas seguidas e que ll serve para ascender á 15ª posición, pero aínda pendente dos posibles arrastres da 3ª División.
Por arriba, o Dumbría desaproveitou unha gran ocasión para meterse de novo nos postos de Promoción pois o Silva caía ante o Estudiantil pero os dumbrieses non podían sumar ante o Chantada. Quedan os dumbrieses 5º, a 2 do Silva.
Camariñas e Ponteceso non saen do Pozo na 1ª
Empate que non lle vale nin a Camariñas nin a Ponteceso. O derbi de urxencia deixa aos dous afundidos no fon da táboa, e faltando 4 xornadas a salvación está practicamente imposible, tendo en conta que pode varios arrastres. De feito, o que non se pode despistar é a Esteirana, que non puido co Agolada.
Por arriba, Malpica e Baio seguen ao seu, facendo sendos temporadones. Os malpicáns seguen loitando pola 2ª praza, de Promoción, e se manteñen a 2 do Arzúa tras vencer ao Amio. Ademais, o Baio mantén a 6ª praza tras gañar ao Lamela.
Unha Liga da Costa fervendo
E menuda xornada na 2ª Autonómica. Queda 4 para o final e o Corme dá un estirón vencedo ao Cabana (xa van 9 vitorias consecutivas e 19 sen perder) e aproveitando os tropezos de Sofán e Zas. Os sofanistas non puideron sacar os puntos en Verdillo nun quente derbi carballés que mesmo remataba en tangana. Mentres, o Zas non pasaba do empate a 0 co Volantes, quedando o Sofán a 5 puntos e o Zas a 9, ambos cun partido menos que os cormeláns.
Pero ademais, por abaixo a xornada tamén estivo tremenda. Buño e Mazaricos case que sentenciaron a súa permanencia, o contrario que o Corcubión, que case a asinou caendo na casa ante o cadro malpicán. Ademais quedarán 2 postos polos probables arrastres de Camariñas e Ponteceso. O que ten máis papeletas é o Muros, que perdeu a ocasión de sumar ante o potente Fisterra, e queda con 28 puntos. Con 32 quedan agora Volantes, Castriz e Camelle, precisamente trala vitoria dos camelláns en San Pedro. O San Lorenzo queda zon 33, e o Cabana con 35.
Baíñas, campión da 3ª
Cantas cousas aconteceron esta fin de semana na 3ª. O título xogábase no Agra da Filgueira e o Baíñas conseguíu manter un liderato no que leva dende a xornada 3. Os de Pato puideron co Montelouro, o que non impediu que ambos puidesen celebrar o ascenso conxuntamente.
Ademais, a falta de confirmación (mañá na crónica confirmaremos os datos), o Baíñas tamén pode celebrar o pichichi de Javi Suárez, que co seu hat-trick supera ao coristanqués Toniño.
Precisamente o Coristanco será un dos que participen na Fase de Ascenso. O Lira tamén tiña a praza asegurada e o Ameixenda case que tamén, pero non fallaba en Vimianzo ante o Castrelo para certificala. Xogábanse Muxía, Seaia e Nantón a última praza, co duelo fraticida entre muxiáns e malpicáns en Arliña. Pois os xogadores do Seaia, na súa primeira campaña, conseguen meterse na Promoción tras vencer 1-3 no sempre difícil campo muxián. O Nantón, tiña que esperar unha carambola, quedando tamén fóra dos postos.
O Dumbría, campión en Xuvenís
Xogábanse o título tamén na Liga dos Campións de Xuvenís a Esteirana e o Dumbría no Xosé Luis Vara. E os dumbrieses conseguiron vencer, non sen apuros, mantendo así a súa posición de favoritos, tras gañar tamén a Liga Regular. E menudos números, os que leva o equipo de Diego Lobelos e Óscar Leis: 23 gañados, 3 empatados e só unha derrota, e 109 goles a favor e 18 en contra.
Ambos, serán os nosos representantes nas Fase de Ascenso á Liga Galega.
Categorías Base
Non foi boa a xornada para os nosos nas Ligas Galegas. O Dumbría empataba e cae á 8ª praza, mentres en Infantís, os dumbrieses caían ante o Bergantiños, e o XSC caía ante o Lalín e ten a salvación a 11 puntos.
E tivo lugar a Volta da Previa da I Copa da Costa Infantil, e xa podedes ver o cadro completo en www.copadacosta.com.
Ademais, o Outes de Benxamíns tamén celebrou o sei título a falta de 3 xornadas para o final, sacando xa 11 puntos a Fisterra e XSC A.

Coristanco, campión de Veteranos

E xa todo, practicamente decidido nas Ligas de Veteranos. O Coristanco asinaba o seu título vencendo pola mínima ao Xuv. Bergantiños, e aproveitando o tropezo do Soneira, que precisamebnte terá que facerlle o pasillo na última xornada. Deste xeito, saca 6 puntos, e o golaverage particular, ao Bértoa, polo que a falta de 2 xornadas xa puido celebrar o título.
Ademais, E ademais do ascendo do At. Milagrosa, asegurado a semana pasada, o Corcoesto practicamente cercioraba a súa presencia na 1ª División a temporada que vén, pois ten 6 puntos máis que o Erbecedo, e malia que o golaverage individual está igualado, o Corcoesto ten 13 goles máis na bagaxe de goles xeral.
Preferente, xornada 32
Narón | 4-0 | Soneira |
Xallas StComba | 2-1 | Residencia |
Dumbría | 1-2 | Chantada |
1ª Autonómica, xornada 30
Ponteceso | 1-1 | Camariñas |
Malpica | 2-1 | Amio |
Esteirana | 0-2 | Agolada |
Lamela | 0-2 | Baio |
2ª Autonómica, xornada 30
Corcubión | 2-4 | Buño |
Castriz | 0-1 | Camelle |
Mazaricos | 3-0 | Porteño |
Zas | 0-0 | Volantes |
Cee | 3-0 | Carnota |
San Lorenzo | 1-1 | Sofán |
Muros | 0-3 | Fisterra |
Corme | 3-0 | Cabana |
- Descansa o Outes.
3ª Autonómica, xornada 22
Castrelo | 0-3 | Ameixenda |
Cerqueda | 1-1 | Coristanco |
Lira | Susp. * | Corcoesto |
Nantón | 7-3 | Laxe |
Montelouro | 2-5 | Baíñas |
Muxía | 1-3 | Seaia |
- * O Corcoesto non se presentaba en Lira por falta de efectivos, como avisara previamente, polo que seguramente o resultado final quedará 3-0 para os lirachos.
Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 9
Esteirana | 2-3 | Dumbría |
Cabana | 3-3 | Corme |
Xallas StComba | 6-1 | Malpica |
Liga da Copa da Costa Xuvenil. Grupo Sur, xornada 6
Fisterra | 8-3 | Muxía |
Mazaricos | 0-5 | Muros |
Cee | 3-0 | Lira |
- Descansa Outes.
División de Honra Cadete, xornada 26
Orillamar | 2-2 | Dumbría |
Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 8
Bergantiños | 3-1 | Dumbría |
Xallas StaComba | 0-2 | Lalín |
1ª Cadete, xornada 21
Cee | 3-1 | Muxía |
Fisterra | 9-1 | Corcubión |
Cabana | 2-3 | Outes |
Zas | Aprz. | Muros |
Xallas StComba | 5-3 | Esteirana |
Baio | 10/04 - 19:30 | As Baleas |
- Descansa Coristanco.
Copa da Costa Infantil, Volta da Previa
4-3 | Muxía - Ponteceso | 4-3 |
2-7 | Baio - Fisterra | 0-9 |
6-0 | Corme - Coristanco | 1-1 |
- Podedes ver como queda o cadro completo en www.copadacosta.com.
Alevín, F-8 Costa Norte, xornada 8
As Baleas 0-1 Corcubión Baio 1-4 Muxía Vimianzo 3-2 Cabana Corme 0-1 Coristanco - Descansa Sofán.
Alevín, F-8 Costa Sur, xornada 19
Os Miúdos A 9-0 XSC B Os Miúdos B 2-2 XSC A Esteirana 4-1 Fisterra Lira 3-2 Zas Cee 0-3 Outes Benxamín F-8 Costa Norte, xornada 8
Baio 0-2 Muxía Vimianzo 4-5 Cabana As Baleas B 0-2 Sofán As Baleas A 7-1 Ponteceso Corme 4-3 Coristanco Benxamín F-8 Costa Sur, xornada 19
Os Miúdos A 4-0 XSC B Os Miúdos B 0-5 XSC A Lira 6-4 Zas Esteirana 10-1 Fisterra Cee 1-2 Outes - Descansa Dumbría.
Prebenxamín F-8 Costa Este, xornada 7
Esteirana 5-1 Cee B Xallas StComba 1-3 Outes - Descansa Baio.
Prebenxamín F-8 Costa Oeste, xornada 7
As Baleas 2-3 Cee A EF Corcubión 2-5 Fisterra - Descansa Dumbría.
Ligas de Veteranos, xornada 28
1ª División
Zas 1-1 Soneira Cabana 1-1 San Román Coristanco 1-0 Xv. Bergantiños Dumbría 1-4 Ponteceso Castriz 3-1 Nantón Laxe 0-0 San Lorenzo Bértoa 2-0 Baio Camariñas Vet 0-3 Muros 2ª División
Malpica 2-1 Sofán At. Milagrosa 4-1 Vimianzo Erbecedo 5-2 Poniente Porteño 2-2 Dep. Carballo Agualada 0-0 Cerqueda Corcoesto 4-0 Leiloio - Descansa Camelle e Buño.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
- Xa temos sorteo da I Copa da Costa Infantil.
Crónicas da semana
- Xuvenís: O Castriz queda fóra dos Oitavos da Copa e Esteirana e Dumbría esperan o duelo.
- División Honra Cadete: Mantendo o ritmo.
- 3ª Autonómica: Todo listo para a última batalla.
- 2ª Autonómica: De infarto por arriba e por abaixo.
- 1ª Autonómica: Os de arriba marcan o paso.
- Preferente: Peor case imposible.
- Resultados e crónica da última xornada de marzo do Fútbol da Costa.
Artigos relacionados
- O Gato parapenaltis.
- O campo de fútbol de Louro terá herba artificial a temporada que vén.
- Alberto Pose: Unha fiestra aberta para acoller Campionatos Nacionais na Costa da Morte.
- Óscar Suárez e Raúl lideran as táboas dos pichichis da Costa.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).