Martes. 17.09.2024
El tiempo

Terceira Galega: Igualada aos puntos antes do Round 3

Terceira Galega: Igualada aos puntos antes do Round 3
Hai atasco nunha incerta clasificación da categoría, onde só o Muxía foi quen de vencer e mete unha distancia con tintes de irremontable Bo partido entre Seaia e Cabana - Foto: Cabana SD O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega Muxía 4-0 Castrelo Campo: Arliña Muxía: Santi Papi, Chans, Denis, Munitis, Martinciño, Maikel, Conguito, Ruso (Pesqui m.46), Iván Lagoa (Castreje m.70), Víctor Alcaina (Currás m.55) e Adrián Negro (Dani Picallo m.60) Castrelo: Carreira, Gus (Víctor Lema m.57), Luis, Mateo, Curra (Chuchi m.77), Costa (Brais m.68), Félix, Steven, Vicente, Tajes (Cris m.64) e Sergio Vilaseco (Edgar m.76) Árbitro: Castiñeira Blanco (A Coruña). Amonestou a Dani Picallo do Muxía; Luis, Sergio Vilaseco, Félix, Cris e Gus do Castrelo Goles: 1-0 m.14 Víctor Alcaina; 2-0 m.64 Iván Lagoa; 3-0 m.64 Dani Picallo; 4-0 m.85 Dani Picallo Un gran líder, un bo Castrelo A diferencia no marcador non lle fai xustiza á ordeada resistencia que durante máis dunha hora prantexou o Castrelo en Arliña, onde a pesares da diferencia entre ambos non perdeu os papeis. Os da Vila da Barca resarcíronse do resultado en Cee, onde sufriran a súa segunda derrota, e aproveitaron o empate colectivo da xornada para poñer terra de por medio. Nada máis comezar, o meta David Carreira fíxolle unha parada notable a Víctor Alcaina, que erraba o seu primer penalti do curso, provocado por Adrián Negro. Pareceu ser unha motivación máis para o mediapunta, que só un pouco despois asinaba o primeiro cun bo remate. Lagoa, Adrián e o propio Víctor tiveron as mellores para un Muxía que dominaba o balón, ante un Castrelo ben prantado e que esporádicamente buscaba unha saída. O que de incertidume tiña a tarde morreu á hora de choque, cun tiro ao pau curto de Iván Lagoa que deixaba todo visto para sentencia. Faltaba só a exhibición dun Dani Picallo que firmou un tanto antolóxico de zapatazo e un moi bo nunha asistencia do meta Santi Papi. O Castrelo quixo manifestar o seu malestar polo comportamento un seareiro local cun futbolista visitante, que motivou a petición de troco por parte do mesmo. Un caso concreto que non empaña o xenial ambiente xeral en Arliña. Volantes de Baño 2-2 Ameixenda Campo: Eleuterio Balayo Volantes de Baño: Javira, Maikel Perrito, Santi (Mou m.68), Yeray, Roi, Púgil, Pardelo, José, Yanky (Berni m.83), Kanote (Raúl m.60) e Rapante Ameixenda: Riolo, Grille, Diego, Bichiño (Demetrio m.74), Susiño, Javichu, Rafa, Jesús, Cristian, Samuel (Camacho m.85) e Borja Árbitro: Iglesias Bazarra (A Coruña). Amonestou a Yeray, Roi, Kanote do Volantes de Baño; Riolo e Samuel do Ameixenda Goles: 1-0 m.5 Kanote ; 1-1 m.18 Cristian; 1-2 m.39 Jesús; 2-2 m.82 Maikel Perrito A bestia negra do Ameixenda Non acababa de pillarlle o punto o Ameixenda a un Volantes de Baño que parece realizar contra os ceenses os seus partidos máis redondos en moitos aspectos. Cedo, Kanote ampliaba esa lenda de bestia negra ao aproveitar un erro de marcaxe, tras un pase entre líneas que lle deixara só diante do porteiro. Saira a presionar moi arriba o conxunto muradán, pero todo o camiñado na boa dirección empezou soterrarse case no ecuador do primeiro acto, tras unha indecisión entre Javira e a defensa. Apagouse momentaneamente a esela do Volantes e medrou un Ameixenda que empezou a parecerse ao segundo da liga. Unha extraordinaria acción colecitva da dianteira visitante poñía o 1-2 e todo a favor para que o conxunto de Pato administrase a vantaxe. Baixaría o ritmo nun segundo acto no que os locais atoparon o punto progresivamente e acabaron por pechar ao seu rival. Cando faltaban sete, para o noventa, pois engadiríanse nove, un córner con ataque masivo do balón, tocado por Yanky e remachado por Maikel supoñía o xusto 2-2. A prolongación foi unha viaxe de tolos de portería a portería, aínda que sen incidencia no marcador. Sporting Seaia 2-2 Cabana Albertiño, á dereita, bigoleador do Seaia Campo: A Pedra Queimada Sporting Seaia: Che, Canario, Zala (Pedro m.64), Jose, Vistas, Adrián, Dimaga, Cristian (Sergio Cancela m.53), Chols, Albertiño e Eme Cabana: Vázquez, Djamel, Cabana, Laik (Raúl m.53), Ismael, Manolo do Cruceiro (Diego m.70), Cristian (Cacha m.46), Álex, Miki Pose, Fernando (José Ángel m.80) e Eliseo Árbitro: Ballester Martínez (A Coruña). Expulsou a Eliseo (m.86) do Cabana. Amonestou a Albertiño, Zala, do Seaia; Miki Pose, Diego, Djamel, Jose Ángel e Raúl do Cabana Goles: 0-1 m.25 Laik; 1-1 m.63 Albertiño; 1-2 m.80 Álex, de penalti; 2-2 m.90 Albertiño Igualada norteña Curtaron a súa mini xeira de dúas vitorias consecutivas o Sporting Seaia e o Cabana, que aínda así atravesan o seu mellor momento do curso. Foron notablemente efectivos os visitantes, que a piques estiveron de levar os tres puntos. Laik, á saída dun córner, adiantaba a un Cabana ben prantado e que defendía con moita orde. Eliseo dispuxo da mellor para poñer terra de por medio, ao disparar ao pau, pero o certo é que eran os do Concello de Malpica os que dominaban o balón e tiñan marrado xa dúas opcións claras cando Albertiño igualaba. O ex de Arteixo, Imperátor ou Paiosaco está a ser o líder incuestionable. Álex, de penalti sobre Eliseo, parecía darlle a vitoria aos cabaneses a falta de dez minutos, pero novamente Albertiño amosou por que é un dos mellores futbolistas da categoría. Nantón 1-1 Camelle Campo: Fontiñas Nantón: Guille, Raúl, Lareu, Pablo, Diego, Carlos Vidal, Kevin (Fabio m.62), Redondo, Tato (Iván m.70), Enmanuel (Dani m.84) e Touriñán Camelle: Carlos, Cristian, Rubén (Rodri m.84), Carlos Valiña (Vieites m.68), Manuel, Tajes, Tedín (Martín m.74), Jose, Mario, Adrián e Álvaro (Santi m.78) Árbitro: Gómez Otero (A Coruña). Amonestou a Pablo, Fabio e Raúl do Nantón; Manuel do Camelle Goles: 0-1 m.17 Tedín; 1-1 m.41 Tato Freazo para o Nantón Con poucos efectivos por mor das baixas, o Nantón ven de pasar por dous tragos amargos que lle comprican na súa carreira rumbo ao ascenso. Os cabaneses perderon a pasada semana o derbi municipal e esta vez non foron quen de pasar da igualada fronte a un Camelle que atravesa unha situación inversamente proporcional e que ven de recuperar futbolistas. Coma ven sendo habitual, os camelláns competiron e moi ben, con intensidade e foron de máis a menos. Tedín, cun bo remate puxo a sorpresa temporal, relativizada por Tato pouco antes do intermedio. Lira 2-2 Outes B Campo: Municipal de Lombáns Lira: Peipo, Adrián, Iván Cerilla, Pelexo, Manuel Cartamil, Senra (Goyanes m.68) Cheikh, Costa, Oli Bermejo, Suso Perico e Miguel Anxo Outes B: Álex, César, Joel, Simón, Raúl, Adri, Brea, Noya, Jose (Paulo m.76), Sergi e Pablo Árbitro: Fuentes Seoane (A Coruña). Amonestou a Suso Perico, Manuel Cartamil e Iván Cerilla do Lira Goles: 1-0 m.51 Suso Perico; 1-1 m.m.54 Lestón; 2-1 m.75 Suso Perico; 2-2 m.83 César Freazo insospeitado Non pudo o Lira co filial do Outes, que chegaba ademais cunha convocatoria condicionada polas necesidades do conxunto de Primeira, que reclutou a homes coma Jura (xa ten formado en Terceira en máis dunha ocasión). Foi tremendamente igualada, e sen demasiado fútbol, unha primeira metade no que os locais pecaron de falta de ritmo. Nada máis reanudarse o choque, Suso Perico aproveitou un erro defensivo do filial para facer o primeiro, neutralizado por un libre directo convertido por Lestón polo pau de Peipo. Dominaba o Outes B, sen demaisada pegada, e cometendo algún que outro erro de inexperiencia. Todo o contrario do que lle sobra ao Lira, que volvería adiantarse por medio de Suso Perico a falta dun cuarto de hora, cun zurdazo desde o punto de penalti. César, adiantándose a Adrián, equilibrou e deixou sen palabras a un Lira que era moi favorito.

Comentarios