Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Un campionato e dous subcampionatos galegos para o Piragüismo Dumbría

Un campionato e dous subcampionatos galegos para o Piragüismo Dumbría
Lorena Costa Marcos Sanchez e Jorge Quintans do Piraguismo Dumbria

Gran participación do CDM Piragüismo Dumbría este domingo nos Campionatos Galegos de Slalom celebrados na vila pontevedresa de Ribadumia. Pensaban que o podio ía estar moi caro pero non hai cartos que paguen o traballo destes rapaces. Marcos Sánchez acabou subindo ao máis alto en alevíns, mentres que Jorge Quintáns e Lorena Costa acadaron dous meritorios segundos postos.
Finalmente non pudo ser, e non deu para alcanzar o podium por clubes, pero cun 4º posto e con cinco medallas e moito máis levadeiro.

A expedición dumbriesa acudía encabezada por Jorge Quíntáns, que viña de imporse na Copa de España de Sort e na anterior proba da Liga Galega, en Caldelas de Tui, e Marcos Sanchez, dominador da cateoría alevín esta tempada. A outra opción clara de medalla era a de Lorena Costa, pero tendo en frente a unha das mellores palistas do ranking nacional, Ainhoa Barreiro, do Club Penedo de Caldelas de Tui.
Pero non só eles tiñan posibilidades de subir ó podium; Fran Romar, o seu irmán Martín, ou incluso Brais Sanchez demostraron que podían se era a súa tarde subirse o podium destes campeonatos galegos.

Os podios

Disputada a competición, Marcos Sánchez Cancela non deu opción, gañando con autoridad a súa categoría, facendo dúas mangas gañadoras e confirmando o seu favoritismo neste campeonato. Fran Romar fixo unha grandísima competición ainda que non conseguise pisar podium merecendo unha meción o seu bó desempeño nesta proba.

Jorge Quintáns competiu moi ben, sobre todo na segunda manga, pero un Campeonato Galego sempre é moi caro, e desta vez non puido ser, levandose a mellor Emilio Gonzalez do Clube Tea nunha segunda manga excepcional. Subcampeonato Galego para o de Vimianzo, e de propina o bronce na Canoa infantil, onde on grán dominador é Migui Oliveros del Club Penedo.

Lorena Costa pola súa parte realizou a mellor competición de toda a tempada. Decidiu non resignarse ante ó seu segundo posto, e decidiu vender caro o ouro nestes campeonatos. O final Ainhoa Barreiro confirmou a súa condición de favoríta, pero a ambición de Lorena tivo de premio un fantástico Subcampeonato Galego, así coma outra medalla de bronce na canoa femenina.

En canto ós máis pequenos, os benxamíns, todos sin excepción realizaron un gran campionato, Minchi, Brais e Martín entre os nenos, e Sara, Alexia e Laura que sairon da auga no medio dunha sonora ovación por parte de todos os seguidores do Clube Piragüismo Dumbría desplazados a vila do Salnes.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios