Un Campionato provincial e dous subcampionatos para o Manuela Rial de Volei
Que mellor forma de rematar a campaña que cun campionato. E así o celebraron os máis pequenos do Manuela Rial de Volei, que pecharon a tempada cun triunfo provincial. I é que este pasado sábado competía en A Coruña, no pavillón do Liceo La Paz, nos Campionatos Provinciais de Voleibol en categoría benxamín e alevín. E alí estaban varios dos nosos representantes, que ademais non volveron de baleiro. I é que os equipos do Manuela Rial acadou un campionato e dous subcampionatos.
Foi o equipo alevín masculino o que puido levantar a copa de campión provincial. Un equipo adestrado por Luis Alberto, que está formado por Unai, Roi, Iñaki, Manuel, José Carlos, Saulo, David e Mathieu. Estes gañaron nas semifinais a Presarás por 2-1 e na final a Calasancias por 2-1. Pese a perder un set a diferencia no partido foi moi clara demostrando os nosos a superioridade.
Moi destacable tamén o papel do equipo alevín feminino formado por Marta, Mei, Natalia, Andrea, Carmén, Sheila, Irene, Martita, Paula, Estela e Lucia e adestradas por May. Estas venceron en semifinais por 2-0 a Calasancias nun partido moi intenso e moi ben xogado polas nosas rapazas. Pero na final perderon ante Liceo por un marcador moi axustado en ambos set pese a perder por 2-0 quedando subcampionas da provincia da Coruña.
Pola súa banda, o equipo benxamín formado por Marco, Alex, Javier, Nicolas, Alejandro, Xabier, Alex, Daniel e Manuela e adestrados por Gurutz acadaron tamen o subcampionato ao perder ante Liceo, pero anteriormente venceron os equipos de Presarás, Calasancias e Narón para clasificarse para a final.
Desta forma tan exitosa remata a tempada para os máis pequenos do volei da comarca demostrando o bo traballo feito durante todo o ano.
Novas relacionadas
- Máis éxitos provinciais e estatais para o volei costeiro.
- Dous costeiros titulares coa Selección Galega de volei.
- 3 novos costeiros coas Seleccións Galegas.
- O Manuela Rial arrasa nos campionatos intercomarcais de volei.
- 3 xogadores do Manuela Rial e un do Volei Dumbría celebran os Reis coa Selección Galega.
Máis novas
- Unha por toda a familia futboleira da Serra de Outes.
- Repaso da Semana Santa futboleira.
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón.
- QPC MOTOR: Entrevista de David Castro con Dani Carracedo.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido coa vimiancesa Ana Mouzo.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do Volei Dumbría e do Manuela Rial da man de Gurutz Larrañaga.