Un carballés nun Mundial



Non é moi normal atopar un bergantiñán nunha semifinal dun Mundial. Pois aí está o carballés David García Pichel a piques de acadar medalla no Mundial Xuvenil de Balonmán que se disputa estes días en Hungría. España caía onte en semifinais ante Dinamarca por un claro 32-23, derrota que non empapa o gran papel da nova selección española no Mundial.
Agora cómpre estar atento á cita de mañá venres, ás 14:30h, na loita pola 3ª praza ante Alemaña, pero antes imos repasar o traballo do noso veciño en todo un Mundial, que non cremos que ata o día de hoxe tivesemos moitos exemplos na Costa, i é que se na semifinal ante Dinamarca David García Pichel facía 2 goles. O carballés, que ademais xa debutou na Liga Asobal co Ademar de León, e nada menos que contra o Barça, foi o xogador nº8, disputando moitos minutos no campionato.
Un torneo para o que mesmo se creou un hastag "#HispanosJuveniles" a través do cal se pode seguir o devir da selección no torneo.
Segue dando pasos na súa carreira este carballés habitual nas seleccións españolas. Menudo futuro!
Máis información
- RFEB.
Novas relacionadas
- O folk-rock chega tamén ao Xiria Pop 2013.
- O camariñán Víctor Vigo ficha polo Bm Guadalaja da Liga Asobal.
- A familia Xiria completou a súa experiencia social europea.
- O Ifecgas Pereira Xuvenil pecha cun título un ciclo irrepetible para o Balonmán Xiria.
- David García Pichel triunfa en Europa mentres a 1ª Estatal remata con derbi.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).