Un par de fichaxes e unha reunión no fútbol da Costa


Novos movementos esta semana no fútbol costeiro, que ademais terá unha cita cunha nova recunión para tratar a Copa da Costa 2012.
Xa anunciabamos onte a través das redes sociais a fichaxe de Luisete polo Dumbría. O dianteiro de Oleiros, ata o de agora no Ponteceso, segue crecendo futbolisticamente na Costa da Morte e ascende unha categoría para competir en Preferente. Ao seu carón terá a Leo, fichado a semana pasada polo clube dumbriés. Ambos serán os recambios naturais de Adrián Mackaay, que marchou ao Arousa.
Ademais, outro movemento salta hoxe á palestra. O dianteiro David Blanco volve á disciplina do Malpica tras intentalo esta temporada na Preferente. O punta non acabou de afianzarse entre os 11 fixos de Gelucho, e malia saír moitos partidos dende o banco asinou no que levamos de temporada 7 tantos.
Intentará agora na Liga da Costa volver ser a referencia ofensiva que foi nas últimas campañas nas que loitou polo pichichi con case 30 goles ao ano. Blanco compartirá dianteira cos Charro e Neucha, aumentando a artillería do Malpica na súa loita por chegar ata o 2º posto.

Reunión do #futboldacosta para a Copa
Este venres 23 de marzo, ás 20:00 horas, a Asociación de Clubes de Fútbol Federado da Costa da Morte celebra outra reunión no pavillón de Baio. Desta volta, ademais de repasar o asunto dos ascensos e a orde da última xuntanza, tratarán a Copa da Costa 2012. Unha reunión que, afortunadamente, chega antes que en anos pasados, cando a Federación esperaba á última xornada para convocala.
Apunta o presidente da Asociación que "aqueles clubes que non queiran participar terán que facerllo chegar á federación antes da data desta reunión".
Nova relacionadas
- David Castro entrevista ao árbitro Adrián Varela.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Máis información
Crónicas da semana
- Fases Xuvenís: O Malpica desmárcase a base de eficacia.
- 3ª Autonómica: Doble loita aberta.
- Preferente: Suma o que máis o precisa.
- 1ª Autonómica: O Cee despídese.
- Resultados da fin de semana no #futboldacosta.
Máis novas
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido co porteiro fisterrán Joselu.
- A SCD Malpica chega á Univesidade.
- Alberto Pose: Unha de formación dos formadores do fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).