sábado. 09.11.2024
El tiempo

Unha de seguros privados de ida e volta no fútbol base

Unha de seguros privados de ida e volta no fútbol base
A Federacion chegou un acordo con Zurich para o seguro Xogade O feito de establecer convenios con empresas privadas para asuntos de índole social conleva certos problemas. A responsabilidade do seguro que a Federación Galega de Fútbol asina no marco do programa Xogade para que 30.000 rapaces galegos teñan seguro que os cubra mentres compiten debería estar por riba da empresa A ou a empresa B. Pero unha vez privatizados os servizos que antes aportaba a Mutua de Futbolistas, ente dependente das administracións, fai que sexamos nós os que dependamos dos intereses privados. E fai que teñamos que vivir horas como as que vivimos entre a tarde de onte, domingo 18 de novembro, e a mañá de hoxe, luns 19. A Federación enviaba unha carta onte anunciando a parálise momentánea das Ligas Base, dende benxamíns ata cadete, por mor do remate do convenio coa empresa Zurich Seguros. Hai que contar que precisamente varias destas ligas arrincaban, benxamíns e alevíns, esta fin de semana. Parece que as negociacións ao longo desta mañá foron produtivas entre Federación, Xunta e empresa, e esta mañá enviaban unha nota informando do "levantamento cautelar da actividade futbolísitica de XOGADE". Así, parece que polo de pronto a parálise quedou en amenaza, e que nos vindeiros días a Federación informará dos protocolos a seguir.

Nota da Federación

En ningún momento os/as futbolistas estiveron sen cobertura, porque de xeito urxente, a Federación Galega de Fútbol e como tomadora, subscribiu un seguro deportivo co obxecto de garantir as consecuencias dos riscos derivados da práctica do fútbol nas categorías referenciadas, e soamente os días 15, 16 e 17 de novembro.
Que a decisión de paralizar toda actividade deportiva a partir do luns día 18 de novembro de 2013, foi realizada desde o estrito exercicio de responsabilidade ante a inexistencia de seguro deportivo que garantise a saúde dos nenos/as a partir de dita data.
Que a raíz da reunión mantida na mañá do día 18 de novembro coa Secretaría Xeral do Deporte, chegouse ao acordo, vía convenio con devandita Administración, de dar cobertura dos/as futbolistas federados en idade escolar.
Que a cantidade de 300.000€ que se adxudicarán neste convenio non cubrirán a temporalidad dun ano de seguro deportivo, senón que finalizará o día 30 de xuño de 2014, garantíndose desde a Secretaría Xeral do Deporte a firma dun novo convenio, a partir de dita data, para dar continuidade á cobertura.
A Federación Galega de Fútbol nin contempla nin contemplou a fórmula do copago no devandito convenio.

A Federación Galega de Fútbol lamenta todos os acontecementos que se produciron nesta última xornada, querendo deixar constancia que en todo momento primou nas súas decisións e actuacións a saúde dos neno/as.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios