Martes. 10.09.2024
El tiempo

Veteranos: O Ponteceso elimina ao Soneira e enfrontarase ao Coristanco na final de Copa

Veteranos: O Ponteceso elimina ao Soneira e enfrontarase ao Coristanco na final de Copa
Pioto sempre moi marcado no Ponteceso-Soneira de Veteranos

Xa tiña o Coristanco un pé na finalísima da Copa da Costa de Veteranos 2015 (o cadro sempre actualizado en www.copadacosta.com), e foi finalmente o Ponteceso o que se enfrontará ao cadro verde na final do vindeiro 28 de xuño tras eliminar a todo un Soneira, dun dos equipos sempre favoritos.

Soneira - Ponteceso (0-1)

  • SONEIRA: Alberto, Chocolate, Fran Pioto, Antelo, Jemisa, Lareiras, Varu, Mauro, Mauri, Bruno e Jose. Tamén xogaron: Jordi, Teo, Coscoñas e Álvaro.
  • PONTECESO: Siro, Rama, Juan, Miguel, Javi, Mato, Alfonso, Carlos, Luís e Víctor. Tamén xogaron: Vidal, Chema, Toni e Ramón.
  • Gol: 1-0, min.30: Alfonso rouba no medio campo, mete en banda a Luís que entra con velocidade, centra ao segundo pau que entra Ramón e sen deixar tocar o balón ao chan marca o gol que deu a vitoria e o pase á final.
  • Ábritros: Eduardo Rodríguez eon Gerardo e Iván de asistentes.
Gerardo-Miguel-Eduardo Rodriguez-Jose e Ivan no Ponteceso-Soneira de Veteranos

Moito público no Municipal de Vimianzo, onde se viu uns dos mellores partidos desta edición de Copa a pesar da abafante calor. Foi un partido de gran deportividade e ata o minuto 24 da primeira parte non houbo a primeira falta.

O partido, aínda que o Ponteceso foi o claro dominador dos trinta primeiro minutos de xogo, tiña a primeira ocasión nos pés de Chocolate para o Soneira pero non puido marcar tras encarar só ao porteiro pontecesán Siro, que evitaba o que puido ser o 1 a 0. A partir desta ocasión xa non hai máis ocasións que destacar do Soneira ata a falta de dez minutos para a finalización do partido que Cascoñas nunha clara ocasión co balón controlado dentro de área tira moi alto.

Pola súa parte O Ponteceso marcou e creou máis ocasións de gol. Aos 17 minutos avisaba Luís ; despois Cros, que foi perigosísimo ca súa velocidade, probaba dende lonxe cun gran tiro a porta que detén Alberto. Pero o xogador clave do partido foron Mato e Alfonso, cunha gran labor no centro de campo e nos minutos finais do partido cando o Soneira á desesperada empezou a mandar balóns ao área aí estaba Mato por diante dos centrais cortando todo o balón por alto. Alfonso mandou no medio campo tocando e tocando

Por bando soneirán hai que destacar a Fran Pioto, que malia que estivo moimermado nas súas condicións físicas e estivo moi vixiado, sempre buscou a portería aproveitando a súa gran técnica e velocidade.

Mato e Victor felicitan ao arbitro a finalizacion do partido Soneira-Ponteceso de Veteranos

Cabana - Coristanco (0-2)

O Cabana nada puido facer ante un Coristanco que xa no partido de ida traía unha clara vantaxe dun 3 a 0. No partido de volta con moitas ausencias de xogadores por parte do Cabana, o Coristanco aumentou a vantaxe con goles de Antonio e Manuel, poñendo un resultado xeral de 0-5.


A gran final

Final da Copa da Costa de Veteranos 2015

O domingo 28 de xuño ás 11:00h, gran final da Copa da Costa de Veteranos entre Coristanco e Ponteceso no campo de Verdillo.
Antes desta final haberá un partido de selección de xogadores de 1ª división contra os de 2ª, esta partido dará inicio ás 9:15.

Toda a recaudación desta final que organiza o San Lorenzo, será integra para a axuda de José Mato.

Novas dos Veteranos

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Información e fotos de Modesto Parga, presidente do Comité de Fútbol Veteranos da Costa.

Comentarios