Venres. 26.04.2024
El tiempo

Xuvenil Norte: A loita é pola cuarta

Xuvenil Norte: A loita é pola cuarta

Faltan só 4 xornada para o final da tempada (efectivamente a partida Liga Xuvenil é así de curta) e a loita máis interesante está para ver que acada a 4ª praza que dá dereito a liguiña de ascenso. Mentres o Malpica segue ao seu, o Dumbría B sufría para alonxar ao Baio da loita pola segunda praza. 3º queda así o Camariñas tras vencer, tamén con dificultade ao Zas. Quedan Baio e Ponteceso 4 e 5 puntos por debaixo do Camariñas respectivamente, e loitarán por esa 4ª praza.

Baio - Dumbría B (0-1)

  • BAIO: Poyo, David (Maikel), Iago, Pablo (Pardo), Lucas, Fachal, Rafa (Edgar), Iván, Bieito, Valentín, José Manuel (Martín).
  • DUMBRÍA B: Brais, Roberto, Toja, Isma (Ramón), Yerai (Rodrigo), Alcaina, Pereira, Josiño, Jesús (Naranjo), Dani Picallo, Roi.
  • Gol: 0-1, min.70: Roi a pase de Picallo.
  • Expulsión: o adestrador dumbriés Ángel Canosa.

Partido bonito, con intensidade pero sen demasiadas ocasións, que parecía avocado ao empate. A primeira metade foi moi táctica cos xogadores de Nacho e os de Ángel Canosa moi nben situados sen deixar espacios. Pero un erro na defensa baiesa permitiu que Dani Picallo, que fixo moito dano por banda, cedese para que Roi asinase o 0-1 a falta de 20 minutos para o final. Un gol que non puido levantar o cadro local-

Zas - Camariñas (2-3)

  • ZAS: Miki, Esteban, Josito (Tomás), Oscar, Rony, Kevin, Quintáns, Pastor, Isma, Víctor.
  • CAMARIÑAS: Álvaro; Bieito Mas (Saviola, min.45), Manuel, Caamaño, Mariño; Gatusso, Martín (Santi, min.75), Juanchi, Nené; Nazo,Yuyo.
  • Goles: 0-1, min.15: Nazo; 1-1, min.30: Isma; 1-2, min.35: Yuyo; 2-2, min.60: Isma; 2-3, min.75: Yuyo.

Partido de alternativas o que disputaron o pasado sábado pola mañá o Zas e o Camariñas en San Andrés. Un Camariñas con numerosas baixas superou a domiciolo o equipo zascense difucaltondo seriamente a posible clasifición dos locais na liga que se aveciña.

Na primeira metade incluso tivo máis o balón o Zas, pero o Camariñas estaba moi serio en defensa e cun excelento Álvaro durante todo o encontro, xogando máis directo con balóns buscando a Nené, Nazo e Yuyo.

Na segunda metade encontrouse máis cómodo o Camariñas, influenciado sobre todo na entrada de Saviola para manter un pouco máis o balón, o que fixo que sufrira menos do que se podia esperar e así conseguir tres puntos, o que o acercan o seu obxectivo.

Corme - Laxe (2-0)

  • CORME: Javi, Alejo, Alberto, Koeman, Iván, Antonio, Juanma, Eloy, Fran , Brais e Sergio.
  • LAXE: Anxo, Mosqueira, Diego, Nucho, Roberto, Charli, Carril, Adrián Serantes, Djamel, Adri Lema, Cuco (Adelantado, min.60).
  • Goles: 1-0: Eloy; 2-0: Juanma.

Saíron moi metidos e con moitas gañas os rapaces de Pandi e Alejo para o derbi ante o Laxe. Así e todo, os de Toni estiveron moi ben nos primeiros 45 minutos nos que ata tiveron un par de balóns ao pao. Foi na segunda cando os cormeláns sentenciaron o choque.

Cabana - Coristanco (3-3)

  • CABANA: Sergio, Valiña (Cristian), Pazos, Mato, Dani, Pablo, Aless, Moreno, Rubén (Alex), Iván e Stefan.
  • CORISTANCO: Nacho, Martínez, Varela, Corral, Cristian, Damián, Dani, Rubén, Magovi, Naya (Xeixo), Iván (Adrián). Mosquera.
  • Goles: 1-0, min.5: Stefan; 1-1, min.15: Magovi; 2-1, min.35: Moreno de penalti; 2-2, min.55: Magovi de cabeza ante unha mala saída do porteiro local; 2-3, min.60: Magovi de penalti; 3-3, min.75: Iván tras un erro defensivo dun defensa que non controlou o balón e se colaba na rede.
  • Expulsión: Varela por un agarrón que marchaba cara gol no min.65.

Resultado xusto neste partido de ida e volta, sen demasiadas ocasións pero de moita efectividade por ambos bandos. Volvía Magovi no Coristanco e notouse, tanto que asinou os 3 goles visitantes. Na segunda, trala xusta expulsión do defensa Varela, o Coristanco tivo que aguantou con 10 os últimos 25 minutos, nos que o Cabana só puido rubricar o empate.

O detalle do partido cousa unha vez que o colexiado puxo na acta 4-3 no resultado, e tivo que acabar facendo un anexo.

Muxía - Malpica (0-3)

  • MUXÍA: Cristian; Fran, (Santi, min.37), Antonio, Carlos, José, Julián, Ismael, Francisco, (Juanjo, min.71), Felipe, Brais, Quico, (Andrés, min.58).
  • MALPICA: Jesús; Miguel Ángel, (Martín Maradona, min.69), Jorge, Pereira, Pepis, Luísma, Juny, Quintas, Martín Uruguaio, Adra, (Javier, min.59), Camilo, (Víctor Novo, min.54).
  • Goles: 0-1, min.25: Juny a porta baleira tras un rebote; 0-2, min.48: Camilo tras unha boa xogada trenzada a centro de M. Uruguaio; 0-3, min.90: Víctor Novo a centro de Quintas.
  • Expulsión: o local Brais.

Sen demasiados alardes solventou o Malpica a súa visita a Arliña onde non se palpou a diferencia de case 40 puntos que separan a ambos equipos. O Muxía loitou o que puido e con deportividade, pero apenas puido parar á maquinaria ofensiva dos malpicáns.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Colabora o blog do Malpica de Luís E. Porto.
  • Vídeo do Baio-Dumbría B Alejandro Mel.

Comentarios