Martes. 19.03.2024
El tiempo

Xuvenil Norte: Malpica super campión

Xuvenil Norte: Malpica super campión

Unha vez vista os calendarios completos da Liguilla de ascenso e da Copa da Costa xuvenil , analizamos a derradeira xornada da Liga regular de xuvenís da Costa.
Pero seguimos preguntándonos unha cousa. Por que seguimos sen termos unha Liga Xuvenil de 20 equipos? Por que non protestan os equipos da Costa conxuntamente para conseguir unhas competicións normais?

Xa no puramente deportivo, o Malpica machacou ao Dumbría B na "final" da Liga Xuvenil Norte. I é que o título se xogaba en Pedra Queimada entre ambos equipos, no que ata un empate lle valía ao Malpica. Pero o conxunto de Piña non se conformou co empate e demostrou que a súa pegada é tremenda. Quedan pois os malpicáns campión da Liga Xuvenil Norte.

Acompañarán a malpicáns e dumbrieses na seguinte fase Camariñas e Baio. E prestamos especial atención ao choque entre Ponteceso e Camariñas, que trouxo un pouco de todo.

Malpica - Dumbría B (9-1)

  • MALPICA: Jesús; (Víctor Martínez, min.72), Martín Uruguaio, Jorge, Javier, Pereira, Joro, (Diego, min.68), Juny, (Miguel Ángel, min.70) Eme, Martín Maradona, Adra, (Quintas, min.75), Camilo, (Víctor Novo, min.64).
  • DUMBRÍA B: Bruno; Yeray, (Andi, min.46), Isma, Roberto, (Jano, min.46), Toja, Pereira, Picallo, Josiño, Roi, Jesús, (Denís, min.46), Adrián, (Patera, min.46).
  • Goles: 0-1, min.10: Roi a pase de Jesús; 1-1, min.30: Camilo tras un rexeite nun saque de esquina; 2-1, min.32: Juny tras roubar unha cesión de Roberto ao porteiro; 3-1, min.40: Eme dende a media lúa; 4-1, min.42: Camilo a pase de Adra; 5-1, min.44: Adra dende 35 mentros; 6-1, min.55: Adra; 7-1, min.70: M. Maradora a pase de Víctor Novo; 8-1, min.80: Víctor Novo a porta baleira tras un erro nun despexe; 9-1, min.88: Diego tras un pase da morte de M. Maradora.

15 minutos de desconcerto do Dumbría B antes do descando foron claves para o devir do encontro. Iso, e a dinamita deste Malpica Xuvenil fixo o resto. Pedra Queimada amosaba un ambiente espectacular con máis de 500 persoas nas bancadas e pandeiretas, gaitas e tambores resoando todo o partido.

Curiosamente o Dumbría B adiantábase aos 10 minutos por medio de Roi, pero pronto o Malpica tomou o mando. Non empatou de penalti pois Bruno lle paraba a Eme aos 20 minutos, pero o Malpica estaba decidido a remontar. Así, os 15 minutos antes do descanso foron unha festa en Pedra Queimada, con ata 5 goles para os locais, que marcharon ao descanso xa coa manita colocada, demostrando a tremenda pegada dos Camilo, Eme, M. Maradona ou Juny.

A segunda foi un mero trámite, cun Dumbría B sempre a remolque dos directos ataques malpicáns.

Baio - Zas (2-2)

  • BAIO: Guillermo, Vereda (Fachal, min.60), Pardo (Valentin), Pablo (Eloy), José Manuel, Rafa, Iván, Marcos (Iago, min.65), Silvariño (David), Bieito, Martín.
  • ZAS: Miki, Josito, Amado, Quintáns, Oliver, Rony, Ismael, Víctor (Oscar, min.60), Kevin (Pablo, min.50) (Esteban, min.70), Pastor (Gonchi, min.70), Adrián.
  • Goles: 0-1, min.51: Víctor de penalti; 1-1, min.65: Valetín; 2-1, min.75: Iván; 2-2, min.85: Ismael de penalti.
  • Lesión: o zaense Pablo.

Bo, á par que estrano, o derbi o vivido en Baio. A primeira metade moi boa do Zas, que non aproveitou as súas ocasións para poñerse por diante. Foi Víctor, de penalti quen situaba ao Zas por diante á volta do descanso, pero os de Nacho, con moitas baixas, reaccionaron e conseguiron en 10 minutos darlle a volta ao marcador. Pero o Zas non se rendiu, e confirmou este fantástico último treito de temporada da man de Corredoira asinando o xusto empate.

Cabana - Corme (8-2)

  • CABANA: Sergio, Valiña (Raúl), Duda (Francés), Alex Mato, Dani Mato, Pablo, Alessandro (Román), Moreno, Cristian (Alex García), Iván Mato, Stefan.
  • CORME: Javi, Dani Chans, Alberto, Koeman, Alejiño, Serxio (Alejandro, min.50), Antoniño, Isma (Eloy Castro, min.10), Eloy Vidal, Juanma, Brais.
  • Goles: Antonio de penalti e Juanma por parte cormelá; e por parte cabanesa Iván, Román, Cristian (3), Francés, Dani (2).
  • Lesión: o cormelán Isma.

O noviño Corme, con case todos de primeiro ano, non puideron facer nada ante un cabana entonado.

Ponteceso - Camariñas (5-4)

  • PONTECESO: Xurxo, Jorge, Guille (Dani Valle, min.46), Diego (Jonathan, min.46), Dani Cotelo, Alberto, Borja (Ely Campo, min.46), Puente, Mendieta (Joseoh, min.46), Diego de Tallo , Lorenzo.
  • CAMARIÑAS: Chucky (Bieito Mas, min.46); Juanchi (Alfonso, min.60), Diango, Maik, Mariño, Santi, Martín, Saviola, Nené, Ismael e Yuyo.
  • Goles: 1-0. Mendieta 2-0. Diego 2-1: Saviola. 3-1. Martín Puente 4-1. Borja 4-2: Ismael. (descanso). 4-3: Yuyo. 4-4: Yuyo. 5-4. Martín Puente.
  • Expulsión: Dani Cotelo, no min.80.

Chegaban a última xornada de liga os dous conxuntos con todo decidido, polo que o encontro era un mero trámite. O Ponteceso saía con tres atrás e tentando xogar en todo o momento o balón dende atrás e o Camariñas facía un máis que dignísimo encontro xa que contaba con ata 7 baixas de xogadores que habitualmente son titulares, entre eles o porteiro, o que fixo que un xogador de campo se tivese que poñer baixo os paus. Foi mellor o Ponteceso nos primeiros 45 minutos, o que lle serveu para levarse unha vantaxe de 2 goles ao descanso.

A nota polémica do encontro chegou no descanso, cando o adestrador pontecesán Mato solicitou a revisión de fichas. Unha actitude que non comprenden dende o lado camariñán, mentres que Ponteceso xustifican a solicitude en que sospeitan que un xogador camariñan xogou sen ficha federativa, co perigo que supón que a un xogador lle suceda algo grave no terreo de xogo. O asunto queda pendente do Comité unha vez que Mato presentou a denuncia na Federación.

Co que corresponde ao fútbol, que é o verdadeiramente importante, o Camariñas conseguiría empatar o encontro con dous goles de Yuyo, pero finalmente un golazo de falta de Puente deixou os tres puntos na casa.

Muxía - Laxe (5-1)

  • MUXÍA: Cristian, Fran Sambad, Antonio, Santi, Fabián, Pesqui, Jose Ramón, Julián, Kiko (Andrés, min.70), Felipe (Manuel, min.60), Gerardo (David Pena, min.70)
  • LAXE: Dani, Diego (Adelantado, min.46), Roberto, Charli, Adrián Serantes, Rellán, Toni, Djamel, Adri Lema (Cuco, min.75), Manu, Carril.
  • Goles: Pesqui (3), Gerardo e David Pena para o Muxía; e Manu dende 35m para o Laxe.
  • Expulsión: o laxense Roberto por protestar.

Último partido da tempada para estes dous equipos que xa levaban meses con problemas. I é que ambos conxuntos decidiron non presentarse á Copa da Costa Xuvenil. O Muxía conseguía a súa segunda vitoria (as dúas ante o cadro laxense) da campaña tras un primeiro tempo moi igualado, no que o Laxe comezou máis forte e mesmo se adiantou por medi od un golazo de Manu, e mesmo tiveron ocasións para aumentar a renda. O Muxía foi igualando forzas ata equilibrar a balanza o reflectía o marcador que ao descanso sinalaba un empate a 1.

Na segunda o equipo de Suso asentouse moito mellor no campo e pronto comezaron a chegar os goles aproveitando o baixón físico dos de Toni, que ademais quedaba con 10. Queda tempo agora para reprantexar moitas cousas de aquí á temporada que vén.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios