Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xuvenil Norte: O Ponteceso queda ás portas e o título por decidir

Xuvenil Norte: O Ponteceso queda ás portas e o título por decidir

Unha semana para que remate as Ligas Xuvenís e xa está practicamente decidas as Ligas. Deste xeito, a seguinte fase para o ascenso e mais a Copa comezarán a primeira fin de semana de febreiro, para o que está prantexada unha reunión o vindeiro luns 30 de xaneiro en Baio, ás 20:00h. Así e todo, apuntan que é posible que nesa reunión se faga unhas modificacións sobre a idea inicial e todos os equipos xoguen a Copa, a competición máis agardada por todos os equipos ano tras ano, e máis con estas inexplicables curtas ligas.

Xa no que atinxe á Liga Norte, o máis salientable é que o Ponteceso queda fóra dos 4 postos que pasen á seguinte liguiña. A frouxa primeira volta dos de Mato matou un equipo que mellora cada xornada e que o sábado a piques estivo de vencer ao potente Dumbría B e quedar con opcións á última xornada.
Así, quedan clasificados, ademais de Dumbría B e Malpica, Camariñas e Baio.

Iso si, o título non está decidido, e xogarase na Pedra Queimada a vindeira semana entre Malpica e Dumbría B. Ao Malpica valeralle o empate pero toda vitoria dumbriesa significará o título pois empatarían a puntos e o partido de ida rematou con empate.

Dumbría B - Ponteceso (4-3)

  • DUMBRIA B: Aitor, Robertín, Denís (Brais), Isma, Yerai, Alcaina, Josiño, Jesús, Picallo (Mario), Roi, Pereira.
  • PONTECESO: Xurxo, Fabián (Joseph, min.70), Guille, Diego, Dani Cotelo, Alberto Recarey, Borja, Martín Puente, Jorge (Sergio, min.75), Iago (Dani Valle, min.60), Lorenzo.
  • Goles: 1-0, min.15: Picallo; 2-0, min.30: Josiño; 1-2, min.43: Martín Puente; 2-2, min.50: Martín Puente; 2-3, min.70: Martín Puente; 3-3, min.80: Jesús; 4-3, min.85: Jesús.

A veteranía dos dumbrieses, e a calidade de Jesús, foron claves para a vitoria dumbriesa. I é que foi partido moi bonito, con alternativas constantes tanto no xogo coma no marcador, e que puido caer de calquera lado. O resultado dá conta da melloría deste Ponteceso, que na primeira volta caía 1-7 cos mesmos dumbrieses e o sábado tratouno cara a cara.

Comezaba o partido co Dumbría B moi forte, e se puña por diante con 2-0. Pero antes do descanso aparecía Martín Puente, que fixo un partidazo como se espera del. Marcaba o primeiro dos seus 3 goles e metía de cheo ao Ponteceso no partido. Tanto, que en 20 minutos da segunda metade puña por diante aos de Mato, xogando moi ben, presionando ben arriba. Pero Mato non quixo recuar co co 3-2, e permitiiu que o Dumbría B, moi potente arriba, se metese de novo no partido aos locais. Foi cando apareceu Jesús

Os implicadísimos rapaces de Mato levaron un pao moral, pero afrontarán a Copa como un auténtico obxectivo. Pola súa banda o Dumbría B seguro que afronta a liguiña con ansias de ascenso, sendo de feito un dos candidatos a ir, cando menos, á Fase.

Corme - Baio (1-5)

  • CORME: Javi, Alejo, David, Alberto, Iván, Sergio, Antonio, Brais, Eloy, Juanma e Isma (Eloy Castro, min.10). Tamén xogaron Alejandro, Dani Chans e Braulio.
  • BAIO: Guillermo (Poyo, min.46), Maikel, Iago (Pablo, min.55), David, José Manuel, Iván, Rafa (Pardo, min.65), Lucas (Marcos, min.75), Valentín (Vereda, min.75), Bieito, Martín.
  • Goles: 0-1, min.20: Iago á saída dun córner; 0-2, min.35: Bieito; 1-2, min.65: Eloy a centro de Juanma 1-3, min.70: José Manuel; 1-4, min.75: Martín; 1-5, min.80: Pablo.
  • Lesión: Isma cun golpe nun nocello.

Partido bastante cómodo para o Baio, que sempre intentou xogar o balón ante un Corme ben asentado atrás con perigosas saídas á contra. O porteiro local fixo un auténtico partidazo e non permitiou que o Baio sentenciase ata faltando 15 minutos para o final. De feito, o Corme tivo preto o empate unha vez que asinou o 1-2, pero Elpoy non estivo acertado e marrou dúas boasc ocasións. No treito final o Baio retomou o mando e machacou o partido.

Laxe - Cabana (2-4)

  • LAXE: Anxo, Mosqueira, Diego, Nucho, Charli, Rellán (Adrián, min.70), Manu, Djamel (Pablo, min.70), Carril (Eloy, min.30), Adelantado (Adri Serantes, min.46), Adri Lema.
  • CABANA: Sergio, Dani, Francés, Mato, Román, Pablo, Aless, Moreno, Iván, Cristian (Alex), Valiña.
  • Goles: 0-1: Iván; 1-1: Rellán; 1-2: Pablo; 2-2: Eloy; 2-3 Román; (descanso); 4-2: Valiña.

Partido de ida e volta, sobre todo na segunda metade, con dous equipos que non se xogaban nada pero que buscan seguir mellorando. O Laxe de Toni segue en proceso de melloría, saíu sempre buscando o partido. O Cabana sempre intentando xogar dende atrás e o Laxe presionando a saída do balóns. Así o Cabana se puñar por diante pero o Laxe anulaba a renda ata en dúas ocaisóns. Antes do descanso Román puñar por terceira vez ao Cabana por diante, e o Laxe xa non foi quen de remontar e foi Valiña que puxo a guinda.

Cómpre destacar que os dous equipos apuntaron que foi unha boa arbitraxe.

Camariñas - Muxía (10-0)

  • CAMARIÑAS: Álvaro, Mariño (Maik, min.60), Manuel, Diango, Santi (Caamaño, min.45), Gatusso, Saviola, Martín (José Carlos, min.45), Juanchi (Yuyo, min.45), Nené e Nazo (Bieito Mas, min.60).
  • Goles: 1-0: Nené. 2-0: Nazo. 3-0: Nazo (descanso) 4-0: José Carlos. 5-0: Saviola, de falta. 6-0: Yuyo. 7-0: Manuel. 8-0: Nené. 9-0: propia porta. 10-0: Bieito Mas.

Pese a se marcaren dez goles no partido, parece que foi moito traballo para o colexiado anotalos todos e na acta tan só recolleu nove, de aí que QPC recolla tan só nove, pois é a cifra oficial salvo que o Camariñas reclame ante a Federación.
O partidos non tivo moita historia, o Camariñas certificou o pase a seguinte liguilla onde loitará por disputar a fase de ascenso a Liga Galega. A superioridade foi patente durante os noventa minutos e isto viuse traducido en goles ante un moi xoven Muxía que mantivo a dignidade e a compostura en todo momento.

Coristanco - Malpica (3-3)

  • CORISTANCO: Nacho; Pichel, Corral, Xenxo, (Iván, min.30), Varela, Damián, Fede, Dani, Gonzalo, Rubén, Magovi.
  • MALPICA: Jesús; Javier, Jorge, Pereira, Pepis, Joro, (Diego, min.63), Juny, Eme, Martín Uruguaio, Adra, Martín Maradona, (Víctor Novo, min.56)
  • Goles: 1-0, min.5: Gonzalo nun "barullo" tras un saque de banda; 1-1, min.20: Eme a centro de Juny; 1-2, min.46: M. Maradona tras un pase de Juny; 2-2, min.50: Magovi tras roubar un pase atrás de Joro; 3-2, min.82: Magovi de penalti; 3-3, min.83: Eme de zurdazo nada máis recibir do saque de centro.
Non puido cantar o alirón o Malpica ante un Coristanco que está no seu mellor momento e que bregou todo o partido. O Coristanco púxose por dúas veces por diante pero a artillería malpicá conseguía reducir a diferencia. Así o demostran os seus goles que puñan por diante os malpicáns, como o tanto asinado por M. Maradora aos 22 segundos do segundo tempo, o que siginificaba o empate final, no que Eme recibía nunha banda tralo saque de centro polo 3º gol dos locais, regateaba a dous defensa, e sacaba un trallazo ao que Nacho non podía responder.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios