Sábado. 27.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Fisterra descólgase

2ª Autonómica: O Fisterra descólgase

Non puido o Fisterra aguantar o ritmo dos Camariñas e Club do Mar e caeu ante a súa besta negra particular. Queda agora a 8 puntos dos colíderes, que non amosan signos de debilidade, e malia que os caioneses sufrían para vencer ao Corcubión, manteñen unha liña impecable.

As novidades tamén chegan pola zona baixa. Aa vitoriaa de Nantón e Mazaricos meten ao San Lorenzo, que non podía co Dumbría B, no segundo posto de descendo directo. O Zas tampouco sae da zona perigosa, e o Castriz métese en problemas. Parece que o Corcubión está na fronteira, unha vez que o filial dumbriés salvaba un partido clave en Verdillo.

Corcubión - Club do Mar (0-1)

  • CORCUBIÓN: Andrés, José de Atalaya, Sergio Manín, Senra, Conguito, Miguelón, Edu, Camacho (Balucho, min.80), Lourido (Tarrelo, min.85), Mario (Alán, min.75)
  • CLUB DO MAR: Iago Dans, Chori (Chechu, min.46), Fran Borrazás, Repi, Luis Lareo, Johny, Juan Lareo, Jacobo, Bertín (Manuel, min.89), Santi Silva (Isaac, min.88), Vituco.
  • Gol: 0-1, min.85: Bertín de cabeza.
  • Lesión: o corcubionés Sebas no quecemento.

Equipazo o Club do Mar (8 vitorias consecutivas) pasando polo Novo Cubaleiro, pero sufríu a gota gorda para levar os 3 puntos. I é que o equipo de Manín sabe moi ben ao que xoga, e cando se mantén firme, ordenado e serio atrás é moi difícil de superar. O tanto da vitoria chegaba na última xogada do partido cun cabezazo de Bertín a un centro de Jhnoy.

Pero as sensacións en ambos equipos foron positivas, cada un na súa liña. O Corcubión mantiña as liñas moi xuntas e saía con perigosas contras, como as de Lourido e Miguelón, que puideron cambiar o rumbo do partido.
O cadro caionés dominaba o balón, tocaba e tocaba pero non chegaba con demasiado perigo. Si que foi clara a ocasións de Santi Silva que salvou o meta corcubionés Andrés, que se leva facendo coa portería nos últimos partidos en detrimento de Cristian.

Nantón - Fisterra (2-1)

  • NANTÓN: Ernesto, David Lareo, Diego, Félix, Sito, Carlos Vidal, Fabio, Cristian, Luís, Manolo do Cruceiro, Iván (Eloy, min.88).
  • FISTERRA: Joselu, Piti, Manuel Cartamil, Nico (Gus, min.44), Pana (Roa, min.50), Santi (Cote, min.50), Guardiola, Roco, Dudo, Mané e Tata (Rivas, min.60).
  • Goles: 1-0, min.25: Fabio nunha contra de Luís; 1-1, min.75: Mané de penalti; 2-1, min.88: Cristian a centro de Luís nunha rápida contra.
  • Lesión: Nico.

Xa é o Nantón a particular besta negra dos fisterráns, pois 6 dos 17 puntos dos cabaneses foron conseguidos ante os da vila do Cristo. E iso que xa levaba 8 partidos sen puntuar o Nantón, e que segue con moitas baixas e só 13 xogadores efectivos dos que 3 eran porteiros.

O partido foi como quería o Nantón, o balón dominado polo Fisterra pero non o puideron materializar en boas ocasións. Así matou o partido ás contras o Buño con Fabio e Luís rapidísimos facendo moito dano aos Cartamil, Nico ou Gus.

Ao final o Fisterra buscaba a vitoria e veuse arriba, e cando máis apretaba (unha boa ocasión de Dudo e unha falta de Mané por arriba) chegou unha contra letal que non perdounou Cristian tras unha internada de Luís.

Buño - Camariñas (0-3)

  • BUÑO: Toni, Eloy, Brais San Luis, Alfredo, Óscar, Jorge, Elías, Ismael, Miguel (Richard, min.55), Juan (Emilio, min.70), Víctor (Rubén, min.75).
  • CAMARIÑAS: Pablo, Manuel, Paco, Maikel (Diango, min.80), Carlos, Moriño, David, Brais, Javi (Nené, min.65), Juan oBello, Leo (Ogando, min.75).
  • Goles: 0-1, min.25: Leo nun man a man; 0-2, min.70: Juan oBello; 0-3, min.80: Brais.

3 goles de tres dos pesos pesados do vestiario de Manolín sentenciaron este partido. E iso que ata o minuto 70, co gol de Juan oBello non puido sentarse tranquilo o adestrador camariñán, porque o Buño non daba o partido por perdido e tivo o empate en varias ocasións. Víctor, o matador malpicán, non estivo fino e o seu o pagou deixando o marcador a cero.

O Camariñas cun xogo efectivo, sen demasiados alardes pero cunha firmeza e unha efectividade extraordinaria.

O Pindo - Corme (0-1)

  • O PINDO: Garrido, Juan Fis, Juan de Dios, Alex (Ángel, min.75), José da Maroca, Manolito (Diego Trillo, min.80), Lolo, Bicho (Diego León, min.65), Hipolito (Carlos, min.65), Carlos Leis, Diego Riolo (Juan Vilela, min.94).
  • CORME: Suso, Diego (Juanma, min.70), Pandi, Jesus, Adolfo, Adrián Doldan (Chino, min.90), Martinciño (Dani, min.70), Gonzalo (Abel, min.60), Alex, Lucas e Iago.
  • Gol: 0-1, min.92: Adolfo de cabeza.
  • Expulsión: Lolo no min.90 tras un carton no min.87 por estorbar nunha falta e no 90 por unha falta moi suave no medio do campo.

Seguramente foi este o mellor partido de O Pindo en toda a tempada, que a pesar de non se xogar nada, saíu a polo partido con todas as súas forzas. Así, os primeiro 15 minutos dominou o balón e ata tivo un par de ocasión claras, pechando ao Corme atrás, pero pouco a pouco foise botando arriba o Corme e houbo un partido moi igualado.

Na segunda parte o Corme asumiu o control do balón, metendo na súa propia área aos locais, malia que o seco céspede de Lombáns non era favorable para o xogo rápido dos visitantes. O cadro local, á contra, creou perigo. Carlos Leis fallou un man a pan co porteiro, xa que lle dou tempo a chegar ao defensa. E xa co partido rematado, cando parecía que un punto quedaría en Lombáns, o árbitro expulsa a Lolo por dúas rigorosas tarxetas. De seguido, os locais protestan un penalti do central cormelán Adolfo sobre Diego Riolo, e para completar a decepción do carnotáns, xa no min.94, unha falta lateral é rematada por Adolfo a gol.

Quedan por Corme encantados con estes 3 puntos chegados no último momento que os mantén na 4ª praza. Pero polo Pindo, malia quedar satisfeitos coa imaxe do equipo a pesar da situación, quedan moi triste pola forma de perder o punto.

Baio - Sofán (4-0)

  • BAIO: Manuel, Matías, Iván, Iago, Ramón (Freddy, min.80), Eloy, Mario (Rubio, min.70) Javi Suárez, MC, Alberto (Martin, min.75), Canai (Fachal, min.50).
  • SOFÁN: Luis, Adri, Meni (Gurita), Pensado, Juanjo, Eloy, Suso, Picas, Abel, Edu (Alemán) e Iván.
  • Goles: 1-0: MC tras unha xogada de Canai; (descanso); 2-0: Javi Suárez; 3-0: Javi Suárez; 4-0: Javi Suárez asina un golazo para completar o triplete.
  • Expulsións: os sofanístas Iván e Abel tras unha agresión e Eloy na segunda metade.

Partido bronco e duro, que comezaba igualado. Abel avisaba para os visitantes pero dous foras de xogo a Javi Suárez cabreaban aos locais. Canai facía a xogada do primeiro gol que asinaba MC, e o partido endurecíase e a SD quedaba con 9 tras unha agresión, con Iván e Abel nos vestiarios.

Non se calmaron os ánimos tralo descanso e Eloy era expulsado á volta nuns minutos no que había de todo menos fútbol. Foi Javi Suárez o que puxo a calidade e asinou 3 tantos de bella factura para rematar o partido.

San Lorenzo - Dumbría B (0-1)

  • SAN LORENZO: Recarey, Santi (Anxo, min.75), Adrián, Casillero, Puñal, Killo, Bolón, Cachizo (Dubra, min.75), Marcos (Carlos, min.60), Fuentefría (Eloy, min.70), Jorge.
  • DUMBRÍA B: Anxo, Yerai, Samuel, David Carreira, José Manuel, Esteban, Riki, Tati (Pereira, min,.70), Miguel Poyo, Pablo Lestón (Iván, min.75), Rodrigo (Adrián, min.46).
  • Gol: 0-1, min.60: Miguel Poyo regateando ao porteiro nunha contra tras un pase de Pablo Lestón ao oco.
  • Lesionados: Marcos con rotura de fibras.

Partido moi igualado en Verdillo, no que o San Lorenzo continúa mellorando a súa imaxe. Pero o Dumbría B conseguía unha vitoria importantísima porque de perder meteríase de cheo no grupo de abaixo, e agora míraos dende 8 puntos de vantaxe.

Se ben Riki tivo unha ocasión clara para os visitantes, as máis importantes foron do bando local. Sobre todo tralo gol de Poyo á hora de xogo nunha contra que rompeu o partido por completo. O San Lorenzo buscaba balóns aéreos, con moito balón parado, pero o Dumbría, con dúas liñas de 4 moi xuntas, controlou ben o partido e non permitiu que Anxo sufrise demasiado. Así e todo, Fuentefría cun tiro dende o borde da área, e dúas ocasións de Carlos e Bolón pudieron significar o empate.

Cómpre destacar a volta de Tati aos terreos de xogo, que despois de 3 meses volvía xogar. A ver se Ferrío pode ir recuperando efectivos importantes.

Mazaricos - Esteirana (2-1)

  • MAZARICOS: Juan, Chico, Casais, Matías, Marcos, Ramón, Rodri (Nakata, min.75), Brais (Aldo, min.65), Estéfano, Rafa (Esteban Pereiro, min.55), Kevin.
  • ESTEIRANA: Benito, Simón, Suizo (Maxi, min.65), Chispi, Dani Rama, Pichu, Eloy, Uru (Andel, min.65), Isma (Adrián, min.55), Roberto Pladur, Cajulo.
  • Goles: 1-0, min.20: Kevin tras un balón en profundidade de vaselina ante a indecisión de defensa e porteiro; 1-1, min.35: Roberto Pladur un golazo dende fóra da área a media volta; 2-1, min.89: Ramón mete o pé e o balón entra chorando.

Partido tranquilo no que "nin Goyeneche a liou", como comentaban visitantes e locais. E rematou cunha vitoria moi importante para os mazaricáns que xa levaban 8 partidos sen gañar. E o fixo no minuto 90 cando todo indicaba que o partido remataría en empate cun gol no que o balón entrou chorando.

Foi un encontro sen moito fútbol co campo do Pino do Val moi brando que non favorece as intencións dos de Raúl Periscal, que a pesar da súa situación na táboa sempre buscan o xogo de toque. O Mazaricos buscaba tocar o balón pero imposible no seu propio campo, e ademais do gol, Estéfano mandou ao traveseiro tras un córner e outra de Marcos que non machacou noutro barullo dentro da área.
A Esteirana buscaban a Roberto Pladur e Cajulo arriba, que fixeron dano, sobre todo nunha falta botada polo segundo e unha oportunidade clarísima de Dani Rama.

Muros - Zas (2-1)

  • MUROS: Fabio (Trozo, min.7), Marco Antonio, Teo, Mayu, Gael, Iván Cerilla (mingos, min.65), Kiko, Alberto (Adrián, min.75), Sexo (Javi, min.80), Aitor, Yanki.
  • ZAS: Damián, Pereiro (Dani, min.70), Lago, Mancebo (Pichi, min.75), Óliver, Juan, Ramón (Jaime, min.,78), Rubi, Ismael, Peque (Diego, min.75), Pastor
  • Gol: 0-1, min.46: Jaime de gol pantasma tras un tiro de Rubio que petou no longueiro e botou na liña de gol e o colexiado; 1-1, min.51: Mayuyo tras un erro de Damián na saída; 2-1, min.75: Aitor cun golazo tras un fermoso taconazo de Yanki.
  • Expulsión: Kiko no min.46 na xogada do gol pantasma.
  • Lesión: o meta Fabio cunha brecha na fronte tras un golpe con Mayu.

Partido moi bronco, cunha primeira metade igualada sen ocasións e cun colexiado como protagonista sobre todo ao comezo da segunda metade. Foi a xogada clave do partido, a que rompeu o ritmo e que puña o partido nas mans do Zas. Un tiro de Rubio petaba no longueiro, o balón botaba fóra e Jaime remataba na liña de gol pero o meta xuvenil Trozo (tremenda a sangría cos porteiros muradáns) reaccionaba e paraba o balón. Iso si, dentro da liña de gol segundo o colexiado que sinalaba o centro do campo. As protestas acababan con Kiko nos vestiarios e o partido se puña 0-1 e o Muros con 10.

Sen embargo, a xogada favoreceu ao Muros. O Zas perdeu a concentración e o Muros foi a por todas, e con pequeno campo de Miraflores soubo aproveitar as súas armas e non sufrir o estar cun home menos. Dúas xogadas de despiste na zaga visitante permitiron a remontada, unha tras un saque de banda no que Mayuyo segue reafirmando a súa lenda como goleador, e outro nunha fermosa xogada que Yanki cede de tacón a Aitor. Ao final entraron as presas nos visitantes pero o empate non chegou.

Dende Zas, Corredoira analiza o partido como regalado, pois con 0-1 xusto á volta do descanso e co rival quedando con 10. Pero os zaenses continúan na boa liña, cun equipo moi novo, no que participaron ata 4 xuvenís (Pastor, Ismael, Ramón e Óliver).

Castriz - Malpica (0-2)

  • CASTRIZ: Herrera; Michel, Sergio Pose, (Prego, min.60), Álex, Toniño, (Sergio Gerpe, min.82), Mauri, (Jhony, min80), Martín, (Pablo, min.46),Toño, Sebas, Iván, David Agra.
  • MALPICA: Suso; Charly, Víctor, Iago, Marco, (Marcos Amado, min.46), Rancaño, Neucha, Cheo, (Dani, min.80), Pablo, (Manu Pardo, min.85), Charro, (Avelino, min.65), Andrés.
  • Goles: 0-1, min.15: Pablo en velocidade tras un pase longo de Charly; 0-2, min.44: Neucha a centro de Cheo.
Non levanta cabeza esta Castriz, e menos na casa, mentres que o Malpica continúa na boa senda, con 7 xornadas sen perder. Pero o gol inicial de Pablo matou aos xalleiros, que non foron quen de respostar en todo o partido a pesar do bo partido de David Agra que intentou tirar dos seus.

Ao fío do descanso, Neucha facía o 0-2, gol que defintivamente matou as esperanzas rossoneras, pois o equipo apenas apretou na segunda metade, algo máis co corazón de cabeza. Queda agora en dificultades o xalleiro, con 19 puntos, só 3 por riba do San Lorenzo. E queda buscando algún xogador que poida incorporar pra intentar dar un cambio ao xogo.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios