Sábado. 21.05.2022
El tiempo

Xuvenil Sur: Xornada de goleadas de televisión

Xuvenil Sur: Xornada de goleadas de televisión

Xornada esta con varias goleadas das grandes. E con goleadas de televesiónAbrimos esta xornada cun vídeo que nos chega dende Vimianzo. O colaborador Ghillermo nos envía este vídeo cos goles do Soneira-Cee.

5ª xornada e parece que os equipos favoritos xa se van poñendo en forma. Os que xa están dende o comezo son os Cee e Outes, que suman encontros por vitorias. Este sábado ambos sufrían pero acaban con vitorias cómodas ante Soneira e Mazaricos. Pero por detrás parece que chegan fortes os Santa Comba, que endosou 6 ao Corcubión, e o Fisterra, que meteulle 9 á Esteirana.

E seguimos pedindo a siareiros e afeccionados que nos acheguedes fotos dos partidos para poder chegarmos a cada campo. Podedes enviárnolas a través do Facebook, Tuenti ou ben a [email protected]

Soneira - Cee (0-2)

  • Cee: Iván, José Ramón, Iago (Tsma Trinidad, min.75), Aitor, Tonecho, Chiru, Carlos (Cibrán, min.60), Sergio (Martín, min.70), Rubén, Tebo, Pablo (Uri, min.50).
  • Soneira: Juan, Suso (Alberto, min.75), Pichón, Hector, Curra (Cristian Álvarez, min.85), Cachi, Canosa, Cristian Figueroa (Ángel, min.85), Ricardiño, Pablo (Toja, min.60) e Capote (Efraím, min.80).
  • Goles: 0-1, min.50: Carlos; 0-2, min.70: Uri de penalti.

Partido igualadísimo entre dous dos mellores equipos da categoría que puido acabar en empate pero rematou con vitoria ceense, que segue en racha e mantén a porta a cero nestas 5 primeiras xornadas.

A primeira parte comezou moi igualada e con algunha ocasión clara para o Cee sobre todo buscando ás costas dos defensas locais. Mesmo Suso tivo que salvar un gol baixo paos e Juan facer unha parada a "bocajarro". Tras media hora de superioridade visitante, os locais fixéronse co control do partido e fallaron varias ocasións. Capote dous man a man clarísimos diante do porteiro, Ricardiño tirou un balón aos pés do porteiro e Capote puxo un centro desde a banda dereita que se paseou pola área sen encontrar rematador.

Xa na segunda parte os soneiráns saíron a por todas e pero atopáronse cun gol nunha rápida contra dos de José Carlos. Pouco despois un penalti feito por Héctor supuxo o segundo gol, o que deixaba un panorama moi claro para os visitantes. Non decaeron os ánimos locais e seguiron buscando a meta ceense. Ata tiveron un par de ocasións de gol por medio de Ricardiño, a máis clara cun cabezazo ao longueiro.

Dumbría A - Muros (6-1)

  • Dumbría A: Aitor, Roi (David, min.70), Samuel, Dito, Jose, Israel, Blanco (Adrián Ozón, min.50), Martín (Antón, min.60), Rafa, Javi e Damián (Marco, min.55)
  • Muros: Miguel, Marcos, Diego, Pura, Javi de Vístete, Samuel, Alberto, Pacola, Malaca, Moncho, Adrián. Tamén xogaron: Iván, Sergio, Domingo e Berberecho.
  • Goles. 1-0: pp; 2-0: Martín; 3-0: Javi; 4-0: Rafa; 5-0; Antón; 5-1: Adrián; 6-1: Javi.

Non dá arrincado este xovencísimo e inexperto Muros, que segue intentando mellorar a base de moita entrega, e quedou relativamente contenta pois xa marcou un gol fóra da casa. Pero non tivo piedade o cadro dumbriés que xa dende o comezo.

Fisterra - Esteirana (9-1)

  • Fisterra: Ángel, Javi, Roberto, Noé, Cote, Rubén, Gabriel (Cristian, min.85), Suárez (Manuel, min.63), Champi (J. Manuel, min.80), C. Hidalgo (Miguel, min.85), Bruno (Juanfran, min.78).
  • Esteirana: Adán, Agustín, Eloy (Xabi, min.80), Abel, Diego (Ángel, min.75), Javi Paluca, Jacobo, Bruno (Caramés, min.70), Meco, David, Adrián.
  • Goles: Cote (1), Gabriel (2), Suárez (3), C. Hidalgo (1) e Manuel (2) por bando local; e por bando visitante Adrián.

Partido sen ningunha opción para un Esteirana moi inferior ao equipo local neste partido, que ademais de marcar 9 goles e desperdiciar varias ocasións tivo a posesión do balón o 75% do tempo dando moitísimos pases antes de chegar a portería rival se a isto sumámoslle que en defensa se estivo moi ordenados e contundentes partido moi bo cun resultado que resume á perfección do que ocorreu no terreo de xogo.

Santa Comba - Corcubión (6-1)

  • Santa Comba: Couto, Landeira (Marcos Álvarez, min.70), César, Josito, Alberto, Styven, Dani Martínez, Eloy (Jordi, min.70), Miguel, Marquiños (Fran, min.73), Ivan.
  • Corcubión: Abelleira (Iago, min.65), Antonio, Adrián, Pablo, Iván, David Rama (Mario, min.75), Lema, Javi (Adrián, min.60), Gabriel, Manu de Lira, Lagoa .
  • Goles: 0-1, min.10: Manu de Lira; 1-1, min.15: Iván de vaselina; 2-1, min.18: Marquiños á saída dun córner; 3-1, min.24: Iván á saída dun córner; 4-1, min.30: Miguel tras unha xogada de Iván; 5-1, min.56: Styven; 6-1, min.65: Iván de fermosa vaselina.

Adiantouse o Corcubión tras un saque de banda pero de contado comezou a maquinaria de Huelvis que á media hora xa levaban 4 tantos, que sentenciaron o partido.
O Corcubión baixou os brazos pero aínda tiveron un par de achegamentos que resolveu Couto, porteiro de 14 anos, cadete de primeiro ano, que non sufríu demasiado. Os últimos 25 minutos foron plácidos.

Outes - Mazaricos (3-0)

  • Outes: Jona, Rafa, Chía (Jurado, min.46), Alex, Pedrosa, Pablo (Babu, min.40), Rubén (Juan, min.66), Abraham (Nine, min.46), Edu, Piti (Michi, min.61) e Elías.
  • Mazaricos: Rubén, Fran, Javier, Esteban, Mipadre (Carballo, min.65), Alberto, José Angel (José, min.80), Sandelo, Mario (Oreiro, min.50), Carreira, Molinos (Alex, min.80).
  • Goles: 1-0, min.20: Edu, no man a man co porteiro; 2-0, min.37: Edu, dende o vértice da área con moito efecto; 3-0, min.60: Nine, a pase de Elías.

Tras unha primeira metade igualada, o acerto local foi determinante para que os da Serra saísen cun claro 2-0 que non reflexaba o acontecido no campo. Os mazaricáns tiveron algunha ocasión para recurtar pero Sandelo non acertou nunha falta e Carreira enviou ao longueiro. Ao final o Outes sentenciou cun tanto de Nine.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

comentarios