Xuvenís: As Pedreiras e Xallas non fallaron e xogarán a Fase de Ascenso á Liga Galega. Hoxe é o sorteo da Copa
Non fallaron carballeses e xalleiros na última xornada. Partían con vantaxe sobre o Ponteceso (2 puntos para As Pedreiras e só o golaveraxe individual os verdes), e non desaproveitaron a ocasión de meterse na Fase de Ascenso vencendo os choques en Cee e en Outes. O Ponteceso, vendo o que pasaba nos outros campos, deixouse ir e acabou empatando ante o Coristanco.
Sen tempo para descansar, esta tarde faise o sorteo da Copa da Costa Xuvenil 2017, no que só non estarán os dous peores 4º clasificados: Corcubión e Camariñas.
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega, xornada 10
Cee - Xallas (0-1)
- Cee: José Carlos, Adri, Rubén Senlle, Rubén Castillo, Hugo, Xavi, Jon, Isma, Samu e Pablo. Tamén: David, Xabi, Brais Lagoa e Carlos.
- Xallas: Coke, Danis (Fran), Chiki (Peke), Raúl, Alberto, Martin, Juanjo, Carlos, Thiago(Manu), Rieiro (Grille) e Rachón.
- Goles: 0-1, m.33: Carlos Rieiro.
Partido no que o Cee non se xogaba nada e saíu relaxado, ante un Xallas que foi a polo partido desde o principio pero moi impreciso e excesivamente precipitado cara a porta rival. Tres ou catro claras precederon o gol de Riero que sería definitivo. Na segunda máis do mesmo aínda que o Cee creáballe máis perigo os visitantes con balóns longos ás costas da defensa, aproveitando a velocidade dos seus puntas. O Xallas seguía intentando matar o partido pero sen acerto, e tocou sufrir ata o final para gozar do pase.
O Xallas sufriu pero acabou celebrando o pase á Fase en CeePonteceso - Coristanco (2-2)
- Ponteceso: Damián, Brais Ceán, Iván Cousillas, Ismail, Jorge, Luca, Lucas, Aarón, Iván Rod., Aday, Carlos. Tamén: Pop, Víctor Deus e Arturo.
- Coristanco: Dani, Esteban, Mircea, Sergio, Cristian, Braian, Álex, Carlos, Iván, Jose e Castro. Tamén: Anido, Adrián RR, Álvaro e Iago.
- Goles: 1-0, m.13: Aarón; 2-0, m.32: Iván Rodriguez; 2-1, m.37: Sergio; 2-2, m.72: Braian.
Comezou forte o Ponteceso sabendo que necesitaban gañar e esperar un tropezo dos de arriba, mentres o Coristanco deu minutos aos menos habituais. Moita loita no medio campo cun cadro local mandón ante un sempre aguerrido Coristanco, e chegadas polas bandas ás dúas áreas. Pegou primeiro o equipo de Gurita pero o Coristanco recurtaba antes do descanso deixando o partido aberto.
Na segunda estivo mellor o Coristanco que aproveitou o baixón de tensión dos pontecesáns vendo que os rivais non fallaban. Pero era un partido de fermosas combinacións, fresco e alegre, que remataba co empate.
Outes - As Pedreiras (1-6)
- Outes: Adrián (Siro), Álvaro (Sergio Nieto), Simón, Joel, Alberto, Saul, Mateo, Adan, Fabio, Serxio e Fran (Gorgal).
- As Pedreiras: Benja, David, Diego, Ferreiro, Dani Cotelo, Jose Pazos, Aarón, Iván, Alex, Brais Cancela e Yago. Tamén: Rubén, Ángel, Alberto e Vázquez.
- Goles: Fabio para o Outes; Jose Pazos (3), Brais Cancela (2) e Alex para As Pedreiras.
Partido con moito publico na grada e bo ambiente, con moitos chegados dende Carballo para ver aos seus proclamarse campións. O partido foi intenso para os dous equipos, máis do que sinala o marcador, no que os visitantes estiveron máis acertados, e xa deixaron sentenciado o partido na primeira metade, cun José Pazos estelar, facendo 3 goles, un dende fóra da área, un de vaselina e outro olímpico. Brais Cancela tamén fixo un gran partido e Benja parou un penalti.
As Pedreiras celebrandoNovas relacionadas
- O coristanqués Castro, pichichis das Liga Xuvenís.
- O Fútbol da Costa encheu o Eleuterio Balayo para disfrutar da Selección Xuvenil.
Crónicas das Ligas Xuvenís
- X.9 (2ª fase): O Ponteceso esperará un tropezo de Pedreiras ou Xallas na última xornada.
- X.8 (2ª fase): Xallas e Ponteceso xogaranse acompañar ás Pedreiras na Fase de Ascenso.
- X.7 (2ª fase): As Pedreiras pega o salto.
- X.6 (2ª fase): O Ponteceso cae do póker.
- X.5 (2ª fase): 4 equipos para 2 prazas.
- X.4 (2ª fase): O Cee volve mandar.
- X.3 (2ª fase): As Pedreiras frea ao Cee.
- X.2 (2ª fase): O Cee segue sorprendendo.
- X.1 (2ª fase): Un gol de diferencia.
- X.18: O Outes meteuse na Liguilla dos campións.
- X.17: Cee e Ponteceso celebran os primeiros títulos do curso.
- X.15: Só dúas loitas pendentes.
- X.14: Esteirana, Outes e Corme perderon o barco dos 5 de arriba.
- X.13: O repóker de ases.
- X.12: Contra vento e marea.
- X.11: Non fallou ningún.
- X.10: Ferve o Norte.
- X.9: O Coristanco tamén quere gloria.
- X.8: Cee e San Lorenzo quedan sós.
- X.7: O Coristanco mantén o pulso de San Lorenzo, Xallas e Cee.
- X.6: 5 equipos invictos.
- X.5: O San Lorenzo vai en serio.
- X.4: Collendo posicións.
- X.3: O heroe inesperado.
- X.2: O primeiro derbi da historia carballesa.
- X.1: O San Lorenzo estrea As Pedreiras con goleada.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.