Domingo. 16.06.2024
El tiempo

O Gran Fondo Ézaro 2024 contará con Alejandro Valverde, Iván Raña ou Javi Gómez Noya

Foto presentacion Gran Fondo Ezaro Grupo 2024
O acto celebrado no Hostal dos Reis Católicos contou coa presenza dos alcaldes de Dumbría e Carnota,do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; o deputado provincial de deportes, Antonio Leira; o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete; o ex alcalde José Manuel Pequeño, o organizador Ezequiel Mosquera, ademáis de exciclistas como Álvaro Pino, ciclistas en activo coma Samuel Blanco e patrocinadores da proba
O Gran Fondo Ézaro 2024 contará con Alejandro Valverde, Iván Raña ou Javi Gómez Noya

Esta mañá de xoves 23 de maio presentouse unha nova edición do Gran Fondo Ézaro 2024. A proba ciclista artellada como foco de atracción turística polo Concello de Dumbría, xa afianzada como referencia internacional, celebraráse o domingo 7 de xullo.

O Hostal dos Reis Católicos acolleu, un ano máis, a posta de longo dunha proba na que o gran convidado volverá ser Alejandro Valverde, excampeón do mundo e toda unha lenda no mundo no ciclismo. Ao seu carón, enfrontaranse ao Muro de Formigón do Alto do Ézaro deportistas ilustres como Iván Raña ou Javi Gómez Noya, ademais de centos de ciclistas anónimos (adoitan ser máis dun milleiro de inscritos), que compartirán grupeta nunha xornada diferente.

Se o presidente da Deputación destacou os valores deportivos da proba, o alcalde de Dumbría ,Raúl González, puxo o foco no “proxecto transversal" que "pon á Costa Morte no mapa e que difunde a imaxe da bisbarra en todo o mundo". Para o rexedor, o Gran Fondo Ézaro e a chegada da Vuelta Ciclista a España a Dumbría explican o aumento exponencial de visitantes da vila durante o verán, rexistrando a visita de 200.000 persoa no pasado verán.

A proba

Perfil gran fondo ezaro 2024

A edición de 2024 presenta un trazado similar ao de 2023, percorrendo 6 concellos da bisbarra ao longo de 107 quilómetros. Dumbría, Carnota, Muros, Serra de Outes, Mazaricos e Cee serán os municipios que desfrutarán do paso dun pelotón con ciclistas procedentes de todos os puntos da xeografía española, ou mesmo Alemaña, Canadá, Chipre, Dinamarca, Estados Unidos, Francia, Italia, Países Baixos, Suíza, Reino Unido ou Brasil.

A proba partirá ao pé da fervenza do Ézaro, deslizándose a carón do mar en dirección Muros ata chegar de volta ao Ézaro o pelotón ascenderá A Ruña, de terceira categoría, para afrontar nos dous últimos quilómetros a subida final a Muro do Ézaro.
Alí, como novidade deste ano, os ciclistas poderán optar por marcar o seu tempo sen enfrontarse á subida final. 

Máis novas

Comentarios