Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Guía para disfrutar do Desafío do Atlántico

Guía para disfrutar do Desafío do Atlántico
Asi de fermosa esta a subida ao Ezaro para o Desafio do Atlantico -Foto- Ada Gonzalez Este sábado disfrutaremos do Desafío del Atlantico

Impresionante o despliegue de medios desta primeira proba cicloturista do Concello de Dumbría "Desafío do Atlántico". Unha proba que antes de nacer xa se convertiu na proba máis mediática de toda Galicia, e unha das citas máis esperadas do circuito ciclista semiprofesional de toda España. O ciclismo en estado puro agarda por nós este sábado 8 de xuño, como gran preludio da Etapa da Fin do Mundo de La Vuelta para finais de agosto.

Xa se completaron as 300 prazas para a proba, polo que o pelotón emulará a unha gran proba. Ademais, o pelotón irá compacto en boa parte do percorrido, pois os primeiros 30 km son neutralizados, e ademais, a metade de carreira, os ciclistas reagruparanse en Fisterra, como podedes ver no mapa. Todos eles buscarán o Trofeo da Pedra do Brazal. Pero iso si, non será fácil chegar ata arriba sen poñer o pé no chan...

A ruta

Os 130km de ruta serán os seguintes. A saída serás ás 10:00h da mañá do Conco, a onde voltarán ás 11:20h para o reagrupamento. De aí sairán cara Lires, dende onde collerán as pequenas estradas de Fisterra. A parada no Cabo Fisterra será arredor das 12:30h, e sobre a 13:30 atravesarán Corcubión e Cee. De aí ao encoro de Santa Uxía, cun novo avituallamento ás 14:30h no Fieiro, para comezar o realmente duro. Baixada pola Paxareiras, e ás 15:45 comeza o espectáculo, para chegar aproximandamente ás 16:00h-16:15h á cima do Mirador do Ézaro.

Mapa do Desafio do Atlantico

Despliegue mediático

A web www.desafiodelatlantico.es non deixa de traernos Columnas e entrevistas de xentes como Miguel Ángel Iglesias, Pedro Nimo, Carlos de Andrés, Ezequiel Mosquera, ou o propio Terio Carrera.
E xa podedes ver tamén o vídeo da presentación oficial, comandada por Jorge Mira.

Pechando coa Pasta Party

E non esquezan que ao remate da proba terá lugar a Pasta Party, que se levará a cabo no Mirador do Ézaro, aos pés da ascensión.
Ao término da carreira os participantes poderán gozar dunha churrascada e de pasta, todo acompañado da actuación dun DJ e unha charanga.

E non marchen ata a noite, que poderedes ver a Fervenza do Ézaro iluminada, un espectáculo sen parangón.

A fervenza do Ezaro estara iluminada

Máis información

Toda a información achega da marcha poderase seguir a través da páxina de Facebook “Desafío do Atlántico” e do Twitter @DesafodeAtlntic.

Ademais, Segue a actualidade do Concello de Dumbría dende o seu Facebook:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios