Xoves. 12.09.2024
El tiempo

O SAT Costa da Morte organiza a I Xuntanza de desenvolvemento infantil

Unidade de Atencion Tempera
Unidade de Atencion Tempera
O SAT Costa da Morte organiza a I Xuntanza de desenvolvemento infantil

O Servizo de Atención Temperá da Costa da Morte é un servizo fundamental. Formado por un equipo de cinco profesionais, levan dende a súa creación creación en 2020 atendendo a 238 crianzas. Na actualidade son un total de 87, nenos de entre 0 e 6 anos, dos Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas, os que poden aproveitar este servizo coordinado por Aspadex, para axudar a un mellor desenvolvemento sen atrancos.

E para seguir espallando a súa importancia, están a organizar unha serie de xuntanzas que se levarán a cabo nos diferentes concellos que abarca, e con temáticas diversas sobre a crianza e o desenvolvemento, abordando de maneira xeral tódolos aspectos que lle interesan ou preocupan ás familias da nosa contorna.

Están orientadas a familias ou calquera outra persoa interesada. Segundo apuntan dente o SAT “ abordaránse cuestións como as etapas do desenvolvemento, os procesos madurativos, debatiremos acerca da crianza, o apego e a exploración, de como estimular o xogo e a importancia de fomentar a autonomía. Serán dinámicas, e un espazo de reflexión conxunta, dúbidas e debates entre o grupo”, destacando que a estimulación é a mellor das ferramentas preventivas.

A primeira xuntanza será o venres, 28 de xuño ás 11:00 hrs nas instalacións do Conco (Concello de Dumbría), todas aquelas persoas interesadas en participar poderán facelo a través do código QR que aparece no cartaz. Para máis información, tamén poden dirixirse ó teléfono do SAT 669514076 ou no correo electrónico atenciontempranasatcostadamorte.org.

Serán dirixidas polo equipo do Servizo de Atención Temperá (SAT) da Costa da Morte, profesionais especializadas no traballo ca infancia:

  • Uxía Sar López. Coordinadora do SAT e Terapeuta Ocupacional.
  • Inma Fariña Lema. Logopeda.
  • Isabel Liñeiro. Logopeda.
  • Carla Gómez Feijoó. Psicóloga.
  • Carolina Verdía Arcos. Mestra de Educación Infantil.

Máis novas

Comentarios