O Volei Dumbría xa é líder
20:18 08/02/21
Coa súa vitoria esta fin de semana ante o Calasancias, o Volei Dumbría colocábase líder da SuperLiga2 Masculina do voleibol estatal. Os de Luís Alberto Rodríguez vencían o derbi herculino por 1-3, gracias ao bo partido de xogadores importantes como Carlos Mosquera ou Néstor González, e se colocan con 22 puntos e moi poucos sets cedidos.
Chave será o partido do vindeiro 20 de febreiro, ás 18:30h, no Conco, ante o Extremadura Grupo Laura Otero, que é 2º con 21 puntos pero un partido menos.
O soño truncado o pasado ano pola pandemia e a errática xestión da Federación, de chegar á máxima categoría do volei estatal, está máis vivo que nunca.
Novas relacionadas
- Novembro 2020: O Volei Dumbría xa comanda a SM2.
Resumo da traxectoria
- Maio 2020: O Volei Dumbría critica a falta de obxectividade da RFEV para determinar os ascensos á Superliga.
- Xaneiro 2020: O Conco foi a capital do volei estatal coa organización fermosa e intensa Copa Príncipe.
- Novembro 19: O Volei Dumbría segue arrasando na SuperLiga2 e será o anfitrión da Copa Príncipe.
- 07-11-19: O Volei Dumbría mete medo na Superliga2:
- Abril 19: Volei Dumbría: As portas do ascenso tras unha histórica Fase.
- 18-02-19: Histórica e reivindicativa clasificación do Volei Dumbría para a fase de ascenso máxima categoría.
- 04-01-19: O Volei Dumbría, flamante campión da Copa Galicia.
- 2014: Histórico debut, con vitoria, dos Sénior do do Voleibol Dumbría