Xoves. 03.10.2024
El tiempo

XEAL pon en marcha o forno 22 da fábrica de Dumbría ante o suposto incremento da demanda de ferrosilicio

Un dos fornos da fabrica de Brens
Así está o forno 14 na fábrica de Brens
XEAL pon en marcha o forno 22 da fábrica de Dumbría ante o suposto incremento da demanda de ferrosilicio

Tralo anuncio dun plan de investimento de 28 millóns de euros, que para o Comité de Empresa non é máis que unha “capa de chapa e pintura”, a dirección de XEAL anuncia a reactivación do forno 22 en Dumbría. Un feito que provoca o rescate de 30 empregados do ERTE, un ERTE que remata este 28 de febreiro.

A empresa, a pesar de non fornecerse de materia prima, asegura que existe un incremento da demanda do mercado desta ferrosilicio, de aí a necesidade de abrir o forno 22 dumbriés, tendo os 3 fornos desta alineación en funcionamento.
Porén, dende o Comité lembran que “manda Ferrogloble, que é o único comprador e o mesmo que suministra materias primas; non manda o mercado”.

XEAL lóubase da súa estratexia laboral, e xustifica os despedimentos como un “aproveitamento das oportunidades que lle brinda o mercado, fabricando cando hai demanda e axustándose cando a demanda é baixa, mostrando así o seu firme compromiso de adoptar as mellores decisións posibles para ser competitivos a longo prazo.”

En todo caso, para o Comité parece inaudito que a empresa faga propaganda por sacar a traballadores dun ERTE fraudulento.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

Comentarios