mércores. 04.12.2024
El tiempo

A campaña Fisterra Doa repunta o número de doazóns

A campaña Fisterra Doa repunta o número de doazóns
A directora do IES Fin do Camiño dando exemplo na doazón de sangue A directora do IES Fin do Camiño dando exemplo na doazón de sangue O obxectivo estaba claro: aumentar as doazóns de sangue en Fisterra. Así que dende fai uns meses os 26 alumnos e alumnas de segundo da ESO do IES Fin do Camiño xunto coa colaboración do alumnado de 4º  - que foi o que promoviu esta mesma campaña o ano pasado - puxéronme mans á obra fai uns meses. No día de onte, aproveitando que a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia se desprazou ata a vila, saíron á rúa para poñer en marcha a súa campaña. "Repartimos chapas e falamos aos veciños e veciñas de Fisterra para que se animasen a doar sangue", explica Lois Belloch - alumno de 2º de ESO -. E os resultados foron bos xa que, a falta dos datos oficiais sobre o número de doazóns, "houbo colas para doar", segundo indica Javier García - orientador do IES Fin do Camiño e un dos mestres que participan na campaña -, e a última hora, houbo quen qnon puido rubricar a súa solidariedade. En total houbo 49 efectivas de 63 intentonas, unha doazón efectiva máis que o ano pasado. O proxecto “Fisterra Doa” forma parte do programa Detiati desenvolvido polo centro de educación secundaria fisterrán: Para levalo a cabo os alumnos e alumnas traballaron sobre o tema nas clases de bioloxía, educación plástica e educación para a cidadanía. "Fixeron un vídeo promocional, elaboraron e repartiron carteis, dípticos e outro material divulgativo,...  é dicir, puxeron en práctica todos os seus coñecementos adquiridos nas distintas materias que engloba o proxecto" explica Javier García. Ademais da experiencia do alumnado e do fomento da solidaridade, iniciativas como estas transmiten a importancia da doazón de sangue xa que é un tecido que ten unha enorme cantidade de compoñentes que axudan a salvar moitas vidas. Nos vindeiros días coñeceremos se o número de doazóns igualaron ás do ano anterior. Marineiros de Fisterra apoiando o Maraton de Sangue Mariñeiros de Fisterra apoiando o Maraton de Sangue  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios