Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Denuncian a intención da Xunta de unir nunha aula os 6 cursos de Primaria do CEIP de Sardiñeiro

Denuncian a intención da Xunta de unir nunha aula os 6 cursos de Primaria do CEIP de Sardiñeiro

Mal ano para o ensino costeiro. Os recortes poden afectar directamente á perda do CEIP da Picota, e tamén o van facer no CEIP de Sardiñeiro. Así o denuncian dende o equipo directivo, que vén de recibir un escrito da Consellería de Educación cunha dura proposta: suprimir unha unidade de Primaria, co que quedarían 17 nen@s de 1º a 6º nunha soa aula.

”A idea de 17 nen@s, cunha diferencia de 6 cursos, nunha aula é indefendible”, sinalan dende o centro. Deste xeito, ademais, segundo o catálogo do centro, pasaría a ter 1 profe de infantil e un profe de primaria, suprimimd adeais os especialistas.

A verdadeira intención é que as familias rexeiten esta modificación, cambien os nen@s de centro e así poder botarlle o peche.

Denuncias nas redes

Unha das nais afectadas é Alba Castro, ou @mamatopa, gran referencia nas redes, que fio esta reflexión, vista xa por máis de 20.000 persoas.

@mamatopa_alba

##comoartir ##sos ##ayuda ##axuda ##colegio ##ampas ##galicia ##educacion ##recortes ##niños ##ceipareouta ##fisterra ##estonosehace ##feijo ##frijolito ##viral

♬ sonido original - Alba Castro Castro
 

Novas de recortes no ensino

Comentarios