Martes. 02.03.2021
El tiempo

Dúas novas fermosas cadelas buscan fogar en Salvacadelos

Dúas novas fermosas cadelas buscan fogar en Salvacadelos

Aínda sen tempo para atoparlles casa ás 3 cucadas ás que se lle marchan os donos emigrados a Suiza, chegan dúas novas xoias a Salvacadelos, iniciativa solidaria artellada entre a Clínica Veterinaria Argos de Cee e o diario Quepasanacosta.

Esta peludiña de aquí embaixo apareceu coas súas dúas irmáns en Sardiñeiro. Xa regalaron unha, pero falta esta e unha negriña por colocar. Terán sobre 4 meses, e serán pequenas-medianas.

Ademais, temos este American Stanford de 6 meses, con parche no ollo coma se dun pirata se tratase. É de raza potencialmente perigosa pero esta é moi boiña. Os seus donos non se poden facer cargo dela polo que precisa un fogar. Con eses olliños míravos pedindo cariño....

Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Historias Bonitas de Salvacadelos

Fonte

comentarios