Venres. 19.04.2024
El tiempo

Lema Suárez levou ao alumnado do IES Fin do Camiño pola Costa do Solpor

Lema Suarez levou a novela Costa do Solpor no IES Fin do Camino de Fisterra
Lema Suarez levou a novela Costa do Solpor no IES Fin do Camiño de Fisterra
Lema Suárez levou ao alumnado do IES Fin do Camiño pola Costa do Solpor

Segue levando a súa novela o escritor baiés Xosé Mª Lema a súa novela "Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro" por toda a bisbarra. Este pasado luns recalou no IES Fin do Camiño de Fisterra, onde tivo un encontro cos alumnos e alumnas lectores de 3º e 4º ESO convidado pola profesora do centro Cristina López Sanmartín. Xa estivera na vila do Cristo a pasada fin de semana, levando a novela á Biblioteca do Albergue Bela Fisterra e volveu para trasladar á rapazada a esta a súa propia historia.

A charla contou coa proxección de imaxes dos escenarios naturais da novela, maiormente da costa de Fisterra -onde comeza a aventura-, pasando pola praia da Langosteira, o monte do Facho e "os peitos espidos de muller enfesta" (en palabras do poeta Alexandre Nerium), o castelo de San Carlos, o percorrido da Hispaniola virando a estribor pola punta do cabo, o illote do Santolo e os cantís da parte oeste do cabo… Tamén tocou pasar por Muxía e Camariñas.

Lembraron tamén a conversa que mantivo o Sr. Trelawney, almirante da goleta inglesa, co sarxento do castelo, o Atrevido de Fisterra ou Muito Home, e do estraño nome de "Estrela Escura" que aínda daquela algúns lles daban á vila da fin do mundo.

Ao final os alumnos e alumnas fixeron preguntas moi interesantes (sobre os personaxes reais e imaxinarios da narración, se o náufrago inglés que falaba coas pedras e co vento estaba inspirado en Man de Camelle etc.). Tamén lles interesou que os personaxes da zona falasen con xiros propios da fala Fisterrá Norte (formas verbais coma "andén", "mirén", "von", "estón"), así como a rica fraseoloxía da novela (frases feitas coma "Non hai mal que non haxa ben", "en todas partes hai cans descalzos etc.). Tamén tamén a atención a cinonimia (nomes dos cans).

Unha hora que seica soubo a pouco ("Mágoa dunha horiña máis", comentáballe ó final un dos rapaces á súa profesora).

Lema Suarez co alumnado do IES FIn do Camino

Novas da novela Costa do Solpor

NOVAS SOBRE LEMA SUÁREZ

ARTIGOS DE LEMA SUÁREZ EN QPC

Comentarios