Manuel Regueiro trouxo o seu "Brando" a Fisterra
12:03 30/08/21
Este sábado pola mañá o Bela Fisterra acollía unha nova presentación. Trátase do libro “O Tesouro de Brando”, escrito por Manuel Regueiro y González-Barros. O autor estivo acompañado polo mítico xeólogo Juan Ramón Vidal Romaní, colexiado de honor del ICOG, catedrático de la Universidad de A Coruña y director del Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, e académico numerario de la Real Academia Galega de Ciencias. E tamén por Julia Ures, a tradutora do libro ao galego e membro do colectivo “Ponteceso Cultura Permanente”.
A obra é unha fantasía histórica. “Fantasía, porque recrea a vida imaxinada duns personaxes creados polo autor, pero sustentados nunha investigación que lles dota de carácter histórico”, explicaron.