Luns. 06.05.2024
El tiempo

O BNG de Fisterra presenta unha lista completamente renovada

O BNG de Fisterra presenta unha lista completamente renovada
Velaí vai a candidatura que o BNG de Fisterra vai presentar aos vindeiros comicios municipais de maio. Trátase dun equipo renovado, dirixido por Modesto Fraga, con persoas representativas dos distintos sectores sociais da localidade (algunhas delas con formación académica) e, sobre todo, ilusionadas co reto de mellorar e transformar Fisterra. Cómpre destacar que se trata dunha candidatura plural e paritaria (8 mulleres e 6 homes), que procurarán cambiar o rumbo da vida política loca, tan criticada por exemplo no afiado entroido fisterrán.

Lista de Candidatos

  • O número 2 da candidatura é Germán Martínez Traba, coñecido actor de monólogos (foi finalista do existoso programa da TVG "Buscando estrelas") e presentador en dúas ocasións do popular entroido fisterrán. Realizou estudos de Maxisterio.
  • O número 3 é Xoán Silva Pazos, estudante de 5º de Filoloxía Hispánica na USC. Responsable local de Galiza Nova, formou parte activa da Plataforma "Fisterra, fin do camiño".
  • O número 4 é Natalia Rodríguez Martínez, diplomada en Ciencias da Educación pola UDC. Natural de Sardiñeiro, na actualidade traballa como monitora en ASPADEX.
  • O número 5 é Mónica Góñez Silva, actual portavoz do BNG, licenciada en Filoloxía Galega e profesora de ensino medio.
  • O O número 6 é Sandra Marcote Traba, traballadora nunha asesoría da localidade.
  • O O número 7 é Zaira Trillo Nemiña, responsable comarcal de Mulleres de Galiza Nova.
  • O O número 8 é Xan Carlos Sar, responsable local do BNG.
  • O O número 9 é Brandon Ruíz Lourido, estudante e membro de Galiza Nova.
  • O O número 10 é Yolanda López Valdomar, empregada no sector hostaleiro.
  • O O número 11 é Paulina Mouzo Fernández, membro da asemblea local de Fisterra.
Os suplentes son: José Ínsua Ínsua (funcionario de Aduanas), Inés Estévez Papín (mariscadora) e Antía Rivas Castreje (estudante).

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Fisterra.

Comentarios