luns. 17.03.2025
El tiempo

O Lobo Mariño Fisterra volve ao Gran Sol

O Lobo Mariño Fisterra volve ao Gran Sol
Lobo Marino Fisterra a piques de voltar ao Gran Sol-Foto-CEMMA

Varaba nas costas de Fisterra aló por mediados de decembro, e foi o protagonista dun Nadal solitario pola vila do Cristo. De alí, recollido pola Coordinadora para o estudo dos Mamíferos Mariños CEMMA, de cabeza á UCI.

Leva máis dun mes de máximos coidados cun equipo multidisciplinar, acompañado ademais polo seu compañeiro Celeiro, recollido na mesma época na zona das Rías Altas. E este luns 25 de xaneiro embarca rumbo a súa casa, o Gran Sol, o seu caladoiro de pesca.

Farano xuntos ao bordo do barco Rodríguez Parapar dende Celeiro, unha desas embarcacións comprometidas cos nosos amigos mariños.

Lembran dende CEMMA que “os perigos da vida salvaxe serán moitos mais é inmenso o mar e a liberdade”. Pero “polo menos conseguimos darlle un pulo a un animaliño que cando chegou á praia tiña todas as cartas da baralla para perder. Nada está escrito do seu futuro”.
I é que “non nos cansaremos de repetir que nunca podemos botar as campás ao vó cun animal en recuperación, mais chegar a este punto, mirar atrás e ver todo o esforzo de tanta xente para sacar adiante a un cachorro indefenso, fai que como mínimo sintámonos orgullosos”, recoñecen os propios membros do CEMMA.

O Lobo Marino Fisterra no CEMMA

Rede de Varamentos

A REDE DE VARAMENTOS DE GALICIA, impulsada pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia dende o ano 1999, a traveso de autorizacións, convenios e servizos, permite que poidamos facer todas estas cousas. é a CEMMA quen executa, e neste caso, a Sección de Mamíferos Mariños da Sociedade Galega de Historia Natural, onde se dispón a UCI que sacou adiante a Fisterra e a Celeiro.

Dende aquí, boa viaxe!!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios