Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Adeus ás palmeiras da Praza de Castelao de Corcubión

Cortando as palmeiras da Praza Castelao de Corcubion
Cortando as palmeiras da Praza Castelao de Corcubión
Adeus ás palmeiras da Praza de Castelao de Corcubión

Corcubión despediu hoxe unha imaxe icónica con máis de 70 anos de historia. As palmeiras da céntrica Praza de Castelao, o corazón da vila de San Marcos, acaban de ser aniquiladas. E iso que o culpable da súa erradicación, o picudo vermello, leva varios anos invadindo a comarca e xa a comezos deste ano alertaban da súa incidencia nas palmeiras corcubionesa.

A falta de acción dende o Concello para parar a praga provocou que a única solución sexa o corte e desaparición. A pesar das constantes peticións da oposición para o seu tratamento, o Concello decidiu, en prol da seguridade, retiralas.

Na vila hai outras palmeiras afectadas (de feito as outras 4 da parte sur da propia praza tamén está afectadas), e haberá que ver que acontece con elas, e a comarca debería prepararse porque esta praga é rapidísima.

Empezaba hai poucos anos por Noia, onde chegaron a tempo e o seu tratamento permitiu manter vivas as da Praza. Por Muros apenas queda 3-4 municipais (quedan vivas só un par de palmeiras particulares en Louro) gracias a seren tratadas con tempo, pero ben é certo que tamén houbo que cortar 7 ou 8. Tamén en Carnota está afectando gravemente, pero o Concello está intentando de salvalas con tratamento.

Palmeiras Corcubion nun camion
As palmeiras xa marchan en camión
Corcubion_Palmeras-años 90
Imaxe da praza nos anos 90-Foto- Jano Lamas

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios