Luns. 25.01.2021
El tiempo

O "Valente de Fisterra" xa ten a súa novela

Roberto Traba Velay coa súa recén chegada novela "Ola miña bonita" no seu mítico bar A Galería
Roberto Traba Velay coa súa recén chegada novela "Ola miña bonita" no seu mítico bar A Galería
O "Valente de Fisterra" xa ten a súa novela

No seu día disfrutáramos en QPC dos primeiros capítulos. Pero tanto xeito ía collendo que Roberto Traba Velay preferíu agochalos para darlle forma de libro. “O que ía ser un relato curto fuise estendendo ata facer case as 400 páxinas…” Ata que, por fin, a novela autoeditada “Ola miña bonita” xa está na comarca.

Fai dous anos que ten máis ou menos rematada, pero entre revisións, retoques… acaba de chegarlle ao seu bar A Galería, e espera poder envialas ás librarías da comarca durante estes días.

”Máis que novela histórica é unha novela que acontece nun tempo histórico de relevancia, pois conta unha historia de amor, entre Antonio da Traba, “o Valente de Fisterra”, e Antonia, unha estanqueira”, explícanos. Ten moita documentación detrás, se ben non pretende ser unha enciclopedia histórica da época da invasión dos franceses na comarca aló por comezos do século XIX, e pon fincapé “na linguaxe costeira, retranqueira e refraneira, chea de lendas da Costa da Morte” que de seguro vai gustar á hora de ler.

A novela, que comeza empeza o 21 de abril de 1809, e acaba na batalla de Ponte Sampaio, cando comeza a recuperación do territorio invadido, percorre unha historia que perece que non era posible, e mestura personaxes son históricos (como os membros da Xunta de Alarma de Corcubión, o Capitán Andrés Caamaño, os curas de Morquintián e o Ézaro e Generales de Alarma, Lapido e Pizpieiro, o Teniente Thruston…) como outros non históricos, “pero todos reais, porque para moitos inspireime nos persoeiros do bar,e ncluso a moitos deixelle os seus alcumes”, apunta.

Novela de Roberto Traba Velay Ola mina bonita

comentarios