1ª e 2ª FUTFEM: O Cee frea ao Tordoia e o Muxía alcánzaas tras superar con dificultades a un gran Corme

Laura e Cris marcando a Patri Romaní no Cairo-Foto-Fin Lema

Corme e Muxía protagonizaron un partido de altos voos, e moito talento, que demostra que o Fútbol da Costa Feminino é unha potencia. Un derbi tenso pero moi limpo, que levaron as muxiás, que ademais se aproveitaron do valisosísimo empate (que puido ser vitoria) do Cee ante o líder, o Tordoira, de feito que as muxiás alcanzan no alto da táboa ás de Curro.

Polo resto, descansaba a Esteirana e o Dumbría sumaba un punto que soubo a pouco depois de ter remontado o partido nos últimos 10 minutos.

Na 1ª, xogada contra intratable líder, pero xa suma 8 derrotas seguidas o Xallas de Eloy García Feteira, que agora ten o descenso a só 2 puntos de distancia.

1ª Div. Fem., xornada 16

Victoria B - Xallas (6-1)

  • Xallas: Peta, Gra, Ahinoa, Silvia, Daniela, Nore, Sara, Paula Barcia, Mery, Espasandín, Isa. Tamén: Soraya, Olalla, Valeria Iglesias.
  • Goles: 1-0, m.4: Aroa; 1-1, m.8: Espasandín; 2-1, m.19: Aroa; 3-1, m.40: Sara Barros; 4-1, m.55: Nuria; 6-1, m.62: Aroa.

Con baixas e ante o líder, non era o partido indicado para romper a malia serie de resultados que sofre o equipo xalleiro. Pero así e todo saíron buscando a presón alta, xerando algún susto pero sufrindo moi pronto unha contra que demostraba a pegada das herculinas. Non baixaron os brazos e pronto empataron o partido logo dunha recuperación no medio do campo Noe consigue filtrar un pase entre liñas que Espasandín define. A dinámica non cambiaria e tras un posible penalti a favor que non lles pitan ás xalleiras, chegaría o segundo gol local. Non baixaron liñas, tiveron algúnha interesada de Espasandín que saiu lambendo o longueiro, pero antes do descanso o que chegaría sería o terceiro.

Saíron con carácter ofensivo s costeiras na segunda, pero as locais sabían que se gañaban asaltaban o liderado, e a base de superioridade física foron matando o partido.

2ª Div. Fem., Gr.1, xornada 18

Corme - Muxía (1-2)

11 do CF Corme. Foto: Fin Lema
  • Corme: Lucía; Laura, Saskia, Aroa, Nati (Candela); Cris, Olalla, Carla, Ana, Lucía e Claudia. Tamén: Salomé e Carla Vázquez.
11 do CF Muxia no Cairo. Foto: Fin Lema
  • Muxía: Sheila, Ana Toba, Raquel, María, Nerea Barrientos, Andrea Piroja, Elsy, Patri Romaní, Eva Lago, Barca e Eva Lema. Tamén: Nerea Pazos, Paula Rey, Irene, Andrea Insua e Karen.
  • Goles: 0-1, m.17: Barca; 1-1, m.54: Carla de penalti; 1-2, m.69: Barca.
Ana Suárez e Patri Romaní, capis do Corme e do Muxía, co arbitro Manuel Trillo

Fermosísimo partido vivido no Cairo entre dous auténticos equipazos da provincia. O talento dos dous equipos demostra que o Fútbol da Costa é potencia autonómica na materia. E iso que había moito vento no campo cormelán que impedía que o xogo fose máis fluído. Pero con todo foi un choque de alto voltaxe, con moita intensidade, e algunha que outra entrada dura, como so tacos tauados que levou Patri Romaní para casa nunha xogada.

As muxiás, con moita mobilidade, buscaban abrir a tea de araña cormelá, pero na primeira que tiveron, Barca acertou para facer o 0-1. O Corme tamén o intentou pero o traballo defensivo exhaustivo das de Noe Iglesia, e unha boa parada de Sheila impediron o empate.

Na segunda, as de Rubén Souto sacaron o carácter cormelán e subiron o ritmo de partido e comezaron a superar nos duelos ás grandes favoritas ao título. Nunha internada de Claudia na que as muxiás pedían fóra de xogo, sácalle un penalti a Piroja, que Carla non perdoa. Puideron as cormelás poerse por diante, pero Sheila tamén parou unha boa falta das locais. Con todo, tamén chegaban as Corviñas á área de Lucía Dourado, un balón ao longueiro de Lema e unha Elsy que se marcha fóra, ademais do gol de Barca, que marcou coma se fose un todoterreo cunha defensa colgada.

Quedaban 20 minutos e o partido rompeuse con chegadas nas días áreas e moita presión dende as bancadas, pero as muxiás demostraron por que aspiran a todo, e xa están líderes. Con todo, as cormelás demostraron tamén estar nesa liga e puido ter sumado perfectamente un empate.

O Muxía celebrando a vitoria no Cairo

Cee - Tordoia (1-1)

  • Cee: Noemi, Lurs, Cris, Ramos, Aroa, Sabela, Laura Blanco, Saray Duarte, Sharay Caamaño, Nayara Casais e Martínez. Tamén: Paulña Veiga, Lucía Caamaño e Gala.
  • Goles: 1-0, m.45: Saray Duarte; 1-1, m.51: Andrea Costa.

Gran empate colleitado polas de Rafa Suárez no Sampaio ante todo un líder da categoría. As ceenses empezaron moi ordenadas atrás e esperando o seu momento. As de Curro non estaban cómodas e as ceenses aproveitaron para ir subindo liñas pero o vento ¡ aceleraba moito os pases e apenas causaron perigo. As visitantes tiveron un par de tiros creados polo vento e un un contra un contra a porteira local Noemi que fixo unha boa parada. Cando o árbitro ía pitar o final da primeira parte, Duarte marca un golazo de falta.

p>Na segunda parte tocaba traballar defensivamente e respondían moi ben tanto a defensa como Noemi ás internadas das líderes, ata que colleron nunha contra á defensa ceense para facer o empate. A partir de aí, o Tordoia dominou o balón, ante un Cee que esperaba, a contra vento, a súa opción. Non sufriron demasiado e na última do partido tras unha gran internada de Duarte tras unha recuperación en medio campo, no un contra un coa porteira remata dándolle ao pau. Gran empate que ao final soubo a pouco pola ocasión fallada no último suspiro.

San Lázaro - Dumbría (2-2)

  • Dumbría: Liss, Yaiza, Lara, Sabela, Yoli, Elba, Carla Lago, Carla Recarey, Cundíns, Paula Fandiño e María. Tamén: Lucía, Ana, Alicia.
  • Goles: 1-0, m.34: Mireia; 1-1, m.80: Paula Fandiño; 1-2, m.87: Paula Fandiño; 2-2, m.91: Douaa.

Escapáronselle 2 puntos ás dumbriesas no desconto, cando conseguiran remontar o partido. Comezaron frouxas as costeiras, co equipo desequilibrado polas baixas de última hora. O partido estaba feo, trabado, e adiantaríanse as locais tras unha falta na frontal. Intentarían recortar distancias as de Santi Lira, pero estaban demasiado precipitadas nos pases.

Tras o descanso e cun pouco máis de pausa e as ideas claras o equipo cambiou un 100% e dominaron a posesión de balón mentras o cadro santiagués se defendía e buscaba facer dano a contra. As ocasións chegaban pero non o gol, ata que a base de insistir tras un córner, Paula facía o empate con só 10 minutos para o final. O equipo seguiu percutindo e tras outro corner sería outra vez Paula a que faría o 1-2 a falta de 5 minutos.

Nese momento, despois de ter feito o máis difícil, entraron os nervios e o partido se descontrolou. E na última xogada, tras varios desbaraxustes na defensa, as locais atopaban un oco para facer un empate que doeu moito na expedición dumbriesa.

Crónicas da #LigadaCostaFEM

Crónicas da 1ª e 2ª Div.

Máis info