#LigadaCostaFEM: O Ponteceso baixa ao Outes do primeiro vagón
Arrincou a primeira volta desta curta #LigadaCostaFEM e fíxoo cunha relativa sorpresa: a vitoria do Ponteceso diante do Outes. A derrota separa as de Dani Salgueiro do Juan Cabrejo e Soneira, que se afianzan como candidatas ao ascenso directo tras superar, sen demasiados problemas, a Zas e Xallas B.
O Cabana, que venceu á Baña, e o Corcubión que non pasou do empate ante o Cerqueda, loitarán co Outes pola 3ª praza.
3ª Div. FEM., grupo 3, xornada 12
Dubra - As Miúdas (1-3)
- As Miúdas: Siaba, Atenea, Leie, Nicole, Adriana Piñeiro, Salomé, Sabela, Clara, María García, Sofía Caamañño. Tamén: Zaira, Carlota, Alba e Lucía.
- Goles: 1-0, m.14: Daniela Nieto; 1-1, m.16: Sofía Caamaño; 1-2, m.22: Adriana Piñeiro; 1-3, m.28: Salomé.
Primeiro tempo intenso na Tilleira, nun choque no que as locais saían moi enchufadas e abrían ao marcador. Pero as de Mané Senande reaccionaron moi rápido e Sofía Caamaño non faltou á súa cita co gol, para empatar pronto. De contado, Piñeiro e Salomé enderezaban a vitoria para as muradás, que controlaron os tempos durante a segunda metade para non sufrir.
Ponteceso - Outes (1-0)
- Ponteceso: María Lema, Sabela, Eva Carril, Laura Rod., Lucivili, Tati, Lucía Pena, Clara, Tania e Oanes e Virgi. Tamém: Lara e Isa.
- Outes: Candela, Fátima, Natalia, Claudia, Alicia, Eika, Miriam, Iria, Carmen, Graci, Uxía. Tamén: Nati e Marta.
- Gol: 1-0, m.49: Virgi a pase de Oanes.
Deu a sorpresa o Ponteceso vencendo a un Outes que marchaba no grupo cabeceiro, nun choque con moitas baixas nos dous bandos. As de Alex e Pablo foron intensas dende o primeiro minuto, loitando cada balón e vencendo os duelos, mantendo ademais moi resgardada a súa defensa.
Comezaba a segunda cunha boa xogada de Oanes que cedía para que Virgi abrise o marcador. A partir de aí as de Dani Salgueiro apretaron tendo numerosas ocasións ben defendidas por unhas pondalianas que tamén puideron ter sentenciado nun man a man que Candela lle gaña a Oanes e un tiro ao pau de Isa, que debutaba, ao igual que Lara, esta tempada.
Cabana - A Baña (3-1)
- Cabana: Miriam, Nuria (Idania), Mireia (Alejandra), Aroa, Sabela (Valeria), Inma, Silvia, Laura, Natalie (María Souto), Adriana, Nerea (Iria).
- Goles: 1-0, m.16: Myre; 2-0, m.40: Silvia; 2-1, m.41: Inés; 3-1, m.83: Inma.
Vitoria local nun partido que dominaron as de José Manuel, sen facer un bo fútbol pero seriedade atrás e con varias ocasións na primeira metade, entre as que Mire facía o 1-0 no saque dun córner. Facía o segundo Silvia cun tiro dende fóra da área e xusto de seguido as de Leti Fernández acortaban de penalti antes do descanso.
Na segunda parte foi un dominio total do Cabana que se atopaba cos postes en varias ocasións e nun desates rexeites aparecía Inma para poñer o terceiro. Puido recortar A Baña nunha boa contra un ante Miriam pero a porteira local atallaba o tiro.
Camariñas - Zas (3-1)
- Camariñas: Desiré, Uxía (Lola), Rocío (Maira), Rosana (Brenda), Saray, María, Aitana, Laura Pose, Yara, Laura Paredes e Paula Mouzo (Daniela).
- Zas: Jimena, Tania, Carlota, Antía, Lucia, Atenea, Lara, Lorena, Andrea, Laura e Nuria. Tamén: Nerea, Ruth, Valeria e Alba.
- Goles: 1-0, m.17: Paula Mouzo; 2-0, m.25: Yara de falta; 3-0, m.44: Laura Paredes nunha falta; 3-1, m.70: Ruth.
Chegaba o Zas sen porteiras ao Vicente Carril e pagouno nunha primeira metade na que as camariñás dominaron e se colocaron 3-0 con relativa facilidade gracias á súa intensidade.
Na segunda, as zaseiras equilibraron o partido, recurtando por medio de Ruth. Maira tivo dúas ocasións para ampliar a vantaxe para unhas locais que non viron perigrar a vitoria.

Corcubión - Cerqueda (0-0)
- Corcubión: Helena, Alexandra Lojo, Marta, Carla Lema, Cris, Sandra García, Andrea Rod., Andrea Romero, María, Sandra López e María Castro. Tamén: Jimena, Tati, Lara e Antía.
- Cerqueda: Inés, Aroa, Mariña, Uxía, Sara, Kayla, Alba, Antía, Lorena, Tania e Tati. Tamén: Alexia, Carla Busto, e Valeria.
Partido no que as defensas se impuxeron as dianteiras. As corcubionesas tiveron máis ocasións e mellores sobre todo na segunda parte, pero non foron quen de romper a igualada.
Soneira - Xallas B (3-1)
- Soneira: Paula, Laura Calvo, Cristal, Cris, Sar Pasantes, Uxía, Ana Mouzo, Kelly, Leila, Kenny e Tamara. Tamén: Karen, Sara Agra, Candela, María e Luana.
- Xallas B: Saray, Noe, Cali, Carmen, Judit, Mar, Laura, Luchy, Yaiza, Patri, Michelle. Tamén: Alba, Naiara, Marta, Noa e Carmen.
- Goles: 1-0, m.14: Leila nun córner; 2-0, m.22: Kenny de xogada individual; 2-1, m.38: Luchy de falta; 3-1, m.80: Kenny.
Saíron ben plantadas as do filial xalleiro, pero a pegada das soneirás xa se demostrou aos 20 minutos, cun gol de Leila nun córner e outro de Kenny. Así e todo non estaban cómodas as de Roland, e non podía despregar o seu xogo habitual ante unhas xogadoras dirixdas por Noe Vimi (xogadora no A), que apretaban moi ben.
Recurtarían as xalleiras antes do descanso, cunha boa falta de Luchy, e aguantaron moitos mnutos no marcador gracias ao bo facer de Saray Hermida baixo paus, ata que Kenny, a 10 do final, sentenciaba o choque.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.11: O Outes alonxou ao Cabana da pelexa polo liderato.
- X.10: O Soneira pon a cousa quente.
- X.9: Juan Cabrejo, Soneira e Cabana pechan o ano en plena loita polo liderato.
- X.8: O Outes frea ao EFJC Camariñas e o Cabana cólase líder.
- X.7: O Soneira frea ao Juan Cabrejo.
- X.6: O Juan Cabrejo non perdoa.
- X.5: O Camariñas non cede nin co Cabana.
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- x.17: Cee e Dumbría pecharon unha igualada primeira volta.
- X.16: O Muxía golea a un Cee cargado de baixas.
- X.15: Corme e Esteirana protagonizan o partido da xornada.
- X.14: Remata o ano con bo sabor.
- X.13: Repaso a unha xornada a medias.
- X.12: O Muxía recórtalle ao Tordoia a conta do Bergan B.
- X.11: Un pouco de todo para seguir na loita por todo.
- X.10: Escapa o Tordoia mentres o Corme supera ao Cee e alcanza ao Muxía.
- X.9: O Tordoia frea ao Muxía nunha semana con vitorias para Cee, Corme e Esteirana.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.
