Martes. 05.11.2024
El tiempo

1ª FUTGAL: O Castriz ponse líder costeiro

SD Castriz primeiro da costa
SD Castriz está de 4ª na táboa de 1ª Futgal
1ª FUTGAL: O Castriz ponse líder costeiro

Sétima xornada na 1ª Futgal e o Castriz ponse como Mellor equipo do Fútbol da Costa, á excepción do Sofán, claro. Un fito que non pasa desapercibido quere a escadra xalleira que quere destacar este momento como un dos mellores deportivamente da súa historia.

Polo demais, salientar a goleada do Muxía á Esteirana en Arliña, a clara vitoria do Fisterra ante un frouxo Vista Alegre, e o bo empate do Dumbría en Tordoia. Resultados que comprimen a zona de perseguidores, estando os 5 equipos costeiros en apenas 4 puntos.

Abaixo de todo queda o SanLo, noutra xornada sen poder puntuar, esta vez ante o líder da categoría, o intratable Club do Mar.

Tordoia - Dumbría (1-1)

11 do CF Dumbría en Tordoia
Outra vez de blanco completo o CF
  • Dumbría: Anxo, Marcos, Pablo Paz, Kanario, Baba, Alex Marcote, Toni, Lucas, Raúl e Estévez. Tamén: Isma, Mataso, Quique, Adrián Periscal e Iago.
  • Goles: 1-0, m.10: De la Iglesias nun córner; 1-1, m.55: Baba nun córner.

Partido moi competido que se metía costa arriba nunha xogada ben executada a balón parado polos locais. A partir de aí, entre o empurre dumbriés e a contemporización dos locais, o cadro visitante dominou territorialmente pero sen grandes ocasións.

Saíron moi ben os de Pablo Conde dos vestiarios, chegando á área máis veces en 10 minutos que en toda a primeira metade, e consegue empatar tamén nun córner.

Aí igualouse o choque, que se acabou rompendo, tendo o Dumbría que controlar moi ben os homes desequilibrantes dos locais, dos mellores da categoría, e soubo rescatar un punto do Antigo Gogullos.

San Lorenzo - Club do Mar (0-3)

11 do San Lorenzo en Verdillo-Foto-Luis Gonzalez
11 do San Lorenzo en Verdillo-Foto-Luís González
  • San Lorenzo: Mario, Pablo Rod., Alberto, Pablo Garrido, Baldo, Alex Costa, Alex Vázquez, Alex Taibo, Riki, Iago e Pereiro. Tamén: Brais, Arantón, Hugo Canedo, Andrés, Javi, Ragusa e Rubén.
  • Goles: 0-1, m.11: Alberto Díaz; 0-2, m.25: Alberto Díaz; 0-3, m.45: Luís Garrote.
Trio arbitral no San Lorenzo-Club do Mar en Verdillo-Foto-Luis Gonzalez
Trio arbitral no San Lorenzo-Club do Mar en Verdillo-Foto-Luís González

Como nas últimas xornadas, o partido decantouse para os visitantes antes da primeira media hora de partido, e aínda que os locais o intentnaron, apenas inquietaron a Rama.
Na 2ª metade, tiveron os locais algunha ocasión para acurtar distancias pero foi o Club do Mar o que conseguiu o terceiro e definitivo gol.
O equipo de Cantudo pensa xa no derbi de Esteiro.

San Lorenzo-Club do Mar en Verdillo-Foto-Luis Gonzalez 2
San Lorenzo-Club do Mar en Verdillo-Foto-Luís González
San Lorenzo- Club do Mar en Verdillo-Foto-Luis Gonzalez
San Lorenzo- Club do Mar en Verdillo-Foto-Luís González

Fisterra - Vista Alegre (2-0)

11 da SD Fisterra contra o cancro
11 da SD Fisterra apoiando a loita contra o cancro
  • Fisterra: Víctor Paxaro, Isma, Colombia, Dani, Piti, Rubén, Jano, Lobelos, Bruno, Adrián Makaay, Isaac Fábregas. Tamén: Luisete, Mauro, Jose, Maikel Mouzo, Aarón Domínguez, Ángel e Miguel.
  • Goles: 1-0, m.17: Bruno de cabeza nun córner; 2-0, m.21: Isaac Fábregas.

Monólogo fisterrán que marcou pronto e malia ter podido sentenciar moi pronto an un equipo frouxo, si que mantivo a tensión defensiva e conseguiu manter os puntos.

Debutada, ante a expulsión de Joselu a semana pasada, Víctor Paxaro na meta local. Un fisterrán que aos 30e moitos anos leva dende xuvenís sen ficha, pero adoita adestrar e meter unha man ao equipo nos adestramentos sempre que pode. E solventou ben a pouca papeleta que tivo, gracias a un traballo colectivo moi positivo.

Comezaba o partido co cadro de Diego Lobelos creando ocasións con balóns ás costas da defensa. Pronto pediron un penalti os fisterráns sobre Isaac, pero ao pouco xa Bruno acerta a marcar de cabeza un córner botado por Makaay. Sen tempo a descansar, un pase de Makaay deixa a Isaac ante o meta e non perdoa. De aí o final do primeiro tempo puideron caer máis, pero dous longueiros e un poste impediron pechar o partido.

Na segunda, a favor de vento, costoulle algo máis aos fisterráns, que non puideron buscar eses balóns ás costas da defensa e trataron de combinar dende atrás, algo que lle está costando algo máis este ano. Así e todo foi dominando, e o choque foi baixando o ritmo e esmorecendo e gracias á tensión defensiva, non se sufriu e Lobelos puido dar minutos aos menos habituais.

Para a semana derbi ante o Castriz, que se cadra se adianta ao sábado.

Fisterra - Vista Alegre

Muxía - Esteirana (5-1)

  • Muxía: Adrián, Anxo, Manu Martínez, Congui, Darío, Carlos Costa, Isma Pose, Julián, Fran Moreira, Adam e Manu Nogueira. Tamén: Víctor Alcaina, Hugo Haz, Iago Muíño, Kevin e Mauro.
  • Esteirana: MJ, Simón, Godo, Kevin, Antón, Pablo Rama, Alex Rama, Oli, Adán Vara, Piki, e Rober Pladur. Tamén: Adrián, Toni, Uxío, Héctor, Tobío e Elías.
  • Goles: 1-0, m.6: Fran Moreira tras varios rexeites nun córner; 2-0, m.48: Adam; 2-1, m.50: Pablo Rama; 3-1, m.60: Fran Moreira nunha boa xogada de Adam; 4-1, m.63: Adam tras un roubo de Nogueira; 5-1, m.81: Hugo Haz.

Derbi en Arliña, con vento e chuvia, que comezaba coa Esteirana con vento a favor. Pero os locais saían enchufados e pronto se adiantan nun barullo na área que aproveita Fran Moreira. A Esteirana trata de dominar e ten un par de bos achegamentos finalizados con tiros dende lonxe algo desviados. Tamén Fran Moreira pode ampliar a renda antes do descanso.

Mesmo guión ao comezo da segunda, co Muxía facendo o segundo aproveitando un erro na saída de balón, que rouba Adam e a cola cun golazo de vaselina. Pero un par de minutos, un erro do meta local perite a Pablo Rama recurtar. Envorcouse aí o cadro de Iván González, pero cando perdían balón á contra facía moito dano o equipo de Pataca. Así chegaron case seguidos o 3-1 e 4-1. Aí, o colexiado expulsa a Manu Nogueira por revolverse despois dunha entrada, e o cadro visitante marra dúas ocasións moi claras para meterse no partido. Nunha gran xogada de contraataque Hugo marca o 5 para pechar o encontro antes de que o colexiado aínda expulsase a Oli.

Vea - Castriz (1-3)

  • Castriz: Iván Fraga, Fabián, Brais, Elvis, Saúl; Iván Facal, Borja Gándara, Adrián García, Noli, Pastoriza e Miller. Tamén: Rodo, Sebas, Alvaro , Anxo e Alemán.
  • Goles: 0-1, m.44: Noli a centro de Iván Pastoriza; 1-1; 63: Lucas; 1-2, m.80: Alemán nun córner; 1-3, m.89: Borja Gándara.

Comezaba o Castriz avisando e obrigando Noli a facer unha parada a bocajarro ao meta local. Pero o choque se xogaba ao ritmo que marcaba o Vea. Así e todo as ocasións eran dos xalleiros, unha clara de Miller e de Pastoriza, ademais da inicial de Noli. Pero na última xogada da primeira metade, nunha boa combinación de banda a banda Noli acaba enchufando un centro de Pastoriza.

Cambiaba o conto para a segunda, cun cadro de Miguel Chouza que xa foi capaz de marcar o ritmo do partido a través da posesión balón, xerando moi boas ocasións, por medio de Miller, Noli, Pastoriza ou mesmo Iván García. Pero nunha xogada illada, empataban os locais.. Non se puxeron nerviosos os onte amarelos, e unha vez que os veteranos locais, os Chenel e Fafú, que marcaban o ritmo do seu equipo, foron perdendo folgos, os xalleiros volveron crear ocasións. Aí marcou Alemán nun córner e xa case no desconto, o mediocentro Borja Gándara non faltou á sua cita co gol (leva 7!), e pechou o partido.

Outras novas

Todas as crónicas da 1ª FUTGAL

Máis info

Comentarios