1ª FUTGAL: O Muxía métese en postos de promoción
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Dous derbis esta fin de semana, pero sendos empates deixáronlle o protagonismo ao Muxía, que se coloca como mellor equipo do Fútbol da Costa (á excepción do Sofán de Preferente) colocándose con 15 puntos na 3ª praza, empatado co Boimorto.
Todo queda moi apretado nese segundo vagón que vai cargado de equipos costeiros. Castriz, Dumbría, Fisterra e Esteirana están nun pano de 4 puntos despois da xornada de onte.
Pechacancelas segue o San Lorenzo, que conseguía o seu segundo punto da temporada en Esteiro, noutro partido no que os de Cantudo mereceron máis.
Calo - Muxía (0-1)
- Muxía: Adrián, Anxo, Congui, Carlos Costa, Darío, Víctor Alcaina, Mauro, Isma Pose, Julián, Fran Moreira, Adam. Tamén: Ángel, Baamil, Mateo, Manu Martínez, Iago Muíño e Eloy Sambad.
- Gol: 0-1, m,50: Adam.
Entraron durmidos os muxiáns e sufriron durante o primeiro tempo, pero tres paus e dous mans a mans errados polos dianteiros locais deixaron con vida aos de Pataca, que apenas chegaron unha vez á área rival.
Pero a cousa cambiou no segundo tempo, co equipo moito máis enchufado, controlando o xogo rival e melloraron a circulación de balón. Pronto chegaba o gol de Adam e mesmo outra ocasion máis que puido ampliar a vantaxe. Pero chegaba a expulsion de Victor Alcaina por dobre amarela no m.74, polo que aínda tocou sufrir case 20 minuto, con balóns directos dos locais, metendo na área ao cadro Muxía. pero aguantaron ben as envestidas, souberon ler o partido e mesmo estiveron a piques de sentenciar á contra.
Esteirana - San Lorenzo (1-1)
- Esteirana: Víctor Leis, Kevin, Simón, Antón, Adrián, Héctor, Pablo Rama, Alex Rama, Toni, Adán e Róber Pladur. Tamén: Luaces, Code, Pachi, Miguel e Bieito.
- San Lorenzo. Mario, Pablo, Pablo Garrido, Iago, Javi Pérez, Baldo, Alex Vázquez, Hugo, Alex Taibo, Eloy Arantón. Tamén: Benja, Raúl, Campos, Riki, Hugo Canedo, Hugo Rey e Rubén.
- Goles: 0-1, m.80: Riki; 1-1, m.82: Pablo Rama.
Vistoso derbi norte/sur no Xosé Luís Vara entre dous equipos que intentaron disputar o control do balón. Os de Cantudo fixeron o seu mellor partido da temporada, moi cómodos sobre o campo, combinando e chegando, pero se atoparon cun gran cadro esteirán, que tamén tivo moitos tramos de dominio e ocasións para poder levar o partido.
O partido empezou con ritmo alto e sobre todo con moitos achegamentos sobre a meta visitante. Baldo en varias ocasións, Javi, Taibo, e sobre todo unha moi clara de Eloy pero sen materializarse. A Esteirana, con Adán como canalizador do seu xogo ofensivo, tamén chegaba á meta de Mario. Tivo un bo tiro lonxano Iago e o balón a piques está de entrar pola escadra da meta de Víctor, e Baldo marra no man a man.
Na segunda o partido abriuse máis, a Esteirana foise arriba, pero o SanLorenzo aínda apretou máis arriba a presión. Houbo ocasións polos dous bandos, unha das máis claras, nun tiro de Javi Perez, hoxe un dos mellores xogadores no campo, que se estrela no pau. Na outra área, Antón fallaba un man a man, Adán mandaba un balón á madeira.
Os cambios deron aire os visitantes, e ao pouco de entrar no campo Riki cazaba un balón dentro da área para poñer o 0-1. Pouco despois, o equipo de Iván González volvía fallar un penalti (paradón de Mario), o terceiro que falla o equipo na casa con 0-0 no marcador. Faltaban poucos minutos, a Esteirana estirou liñas para cargar mais a área do SanLo e nunha falta lateral chegaria o empate.
De aí o final tiveron houbo un par de ocasións máis pero o resultado xa non se movería.
Castriz - Fisterra (1-1)
- Castriz: Coke, Fabián, Elvis, Anxo, Brais, Iván Facal, Adrián García, Borja Gándara, Noli, Pastoriza e Miller. Tamén: Iván Fraga, Rodo, Samunel Castro, Sebas, Álvaro e Gesto.
- Fisterra: Joselu, Colombia, Piti, Rubén, Aarón, Juan, Jano, Lobelos, Bruno, Adrián Makaay e Isaac Fábregas. Tamén: Luís, Mauro, Jose, Ángel e Gulle Lago.
- Goles: 0-1, m.5: Jano tras varios rexeites nun córner; 1-1, m.30: Adrián García a centro de Miller.
Fermoso partido costeiro, de gran respecto e coñecemento mutuo. Metíase moi pronto o Fisterra por diante, e foi o que marcou o ritmo de partido, impendindo que o Castriz conseguise a pausa habitual. Isaac tivo un man a man, pero pouco a pouco o Castriz foise cara arriba. Empataban á media hora os xalleiros nunha xogada de Miller e de aí ao final do primeiro tempo tiveron varias ocasións para poñerse por diante.
Pero na segunda, o Fisterra conseguiu igualar de novo a contenda, se ben os de Miguel Chouza seguían estando máis en campo contrario. Si que no treito final parecía que os fisterráns remataban con máis folgos tendo un remate de Isaac ao pau, e outro remate a un centro de Aarón Lobelos que puideron decantar a balanza, pero tamén o Castriz a balón parado obrigaba a un defensa a sacar un balón baixo paus.
Dumbría - Vizoño (1-1)
- Dumbría: Isma Antelo, Marcos, Kanario, Pablo Paz, Mataso, Alex Marcote, Antonio, Baba, Xabi Castro, Lucas e Estévez. Tamén: Anxo, Brais, Raúl, Antón, Adrián Periscal e Dani Chao.
- Goles: 1-0, m.62: Xabi Castro; 1-1, m.65: de penalti.
Empate do cadro de Pablo Conde na casa. O equipo de Pablo Conde estivo moi serio, tendo o control sen facer o mellor fútbol, pero tendo chegadas, moitos saques de esquina...
Tralo descanso, o equipo axustou mellor, meteuse por diante, pero na seguinte xogada, chega a xogada clave. Un pase filtrado deixa a un xogador diante de Isma, que falla, pero o colexiado pita un pequeno choque con Dani Chao, permitindo un penalti que deu lugar ao gol do empate.
A partir de aí, o partido foi máis bronco, coa bancada alterada, e sen fútbol, chegando mesmo a expulsar a Mataso tras unha bronca (que non ao visitante). Aínda tivo Raúl unha no desconto, pero o porteiro local salvou un punto.
Todas as crónicas da 1ª FUTGAL
- X.7: O Castriz ponse líder costeiro.
- X.6: Subindo ao segundo e ao terceiro vagón.
- X.5: Fisterra e Muxía igualan a táboa nos derbis.
- X.4: A Esteirana e o Dumbría métense no vagón de cabeza.
- X.3: Fútbol total
- X.2: O Dumbría pon a quinta marcha.
- X.1: Dumbría e Fisterra comezan de 4 en 4.
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.