Domingo. 28.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Dúas vitorias, un empate e dúas duras derrotas

San Lorenzo- Cruces-Foto-Katia
San Lorenzo- Cruces-Foto-Katia
1ª Galicia: Dúas vitorias, un empate e dúas duras derrotas

Non frea este San Lorenzo que volveu vencer e xa leva 4 vitorias seguidas e 7 de 8 no seu taboleiro, empatado no alto da táboa co Puebla.
No segundo vagón xa se sitúa o Dumbría, trala súa terceira vitoria consecutiva, alcanzando ao propio Tordoia.
Aínda no apartado das boas novas, conseguiu frear a Esteirana ao equipo máximo goleador da categoría, e os blaugranas sumaron un punto.

No apartado negativo, dúas goleadas as sufridas por Baio e Fisterra. A do conxunto baiés, en postos de descenso, sen moitos paliativos; a dos fisterráns, cunha dura crítica á actuación arbitral.

 

Esteirana - Negreira (1-1)

  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Tobío, Samuel, Damián, Alex Rama, Pablo Rama, Elías, Oli e Piki. Tamén: Kevin Rial, Adrián Abelleira, Róber Pladur, Carajillo, Levin Lariño, Alex Vega e Sergio.
  • Gol: 1-0, m.26: Elías nun córner; 1-1, m.38: Juan de Celia.

Conseguiu frear o cadro esteirán ao equipo máximo goleador da categoría, e sacar un puntiño que vale moito. Foi un partido moi competido, os esteiráns criticaron a actuación "protagonista" do colexiado, que fixo que os esteiráns acabasen o partido con 12 tarxetas amarelas e 2 vermellas, nun partido "limpo".

Os esteiráns pedían un penalti na xogada anterior do córner que daba lugar ao gol de Elías. Empataba pronto o veciño loureán Juan de Celia cun golazo pola escuadra, facendo aplaudir ao Xosé Luís Vara.

A segunda comezou o cadro local algo mellor, cun par de ocasións de Piki e Pablo que saíron fóra por pouco. Chegou a expulsión de Oli, e o Negreira comezou a apretar, pero a defensa blaugrana estivo moi firme atrás. Mesmo quedou con 9 case 20 minutos os esteiráns que se meteu atrás e soubo sufrir. 

Fisterra - Unión (0-4)

  • Fisterra: Joselu, Piti, Colombia, Breixo, Lobelos, Mario, Maikel Mouzo, Jano, Juan Trillo, Estévez e Adrián Makaay. Tamén: Marc, Rubén, Luís, Adri Castro, Martín Canosa, Marcote e Moha.
  • Goles: 0-1, m.46: Isma Cerqueiras; 0-2, m.80: Pouso; 0-3, m.89: Pouso; 0-4, m.92: Isma Cerqueiras.

Goleada inxusta a vivida en Ara Solis, nun partido no que o conxunto local queixouse moito da actuación arbitral. Un gol nada máis volver dos vestiarios obrigaba aos de Diego Lobelos a estirarse, e o empate estivo a piques de caer en numerosas ocasións ata que no treito final, o Unión, que fixo un gran partido e aproveitou ben as súas ocasións, sentenciaba en 3 contras, 2 xa no desconto.

Ata 5 expulsións sufriron os fisterráns. 

 

San Lorenzo- Cruces (2-0)

  • San Lorenzo: Dani Fedello, Davidson, Samuel, Raúl, Lucho, Pablo Garrido, Diego Varela, Andy, Altair, Riki, e Alex Taibo. Tamén: Puyol, Quin, Joaquín, Iago López, Jairo e David Lorenzo.
  • Goles: 1-0, m.66: Joaquín de penalti; 2-0, m.73: Iago.
San Lorenzo- Cruces-Foto-Katia 2+
San Lorenzo- Cruces-Foto-Katia 

Partido moi igualado na primeira parte, sen apenas ocasións, a excepción das xogadas a balón parado polas dúas partes. Na segunda saíron os de Dani Casal moito máis enchufados, dominando e dando un pasiño máis cara adiante, e a primeira ocasión clara sería de Samuel que tras unha xogada colectiva acaba cun tiro cruzado que se vai ao longueiro. Ao pouco o Cruces tería unha ocasión, que non marcan por pouco, nun centro lateral que Fedello sae pero o dianteiro lévalla das mans, non se pita nada, e acaba o propio meta sacándoa na liña de gol.
Continuaba o dominio local e o primeiro chegaría de penalti, tras un penalti a Diego. Aí xa o Cruces daría un paso adiante, deixando espazo para boas contras dos carballeses. Jairo tivo dúas a balón parado, que remata Raúl e non marca por pouco. Outra falta directa que non entra de casualidade ata que o segundo foi obra de Iago, que marca a pracer tras unha moi boa xogada de Diego por banda.
3 puntos moi importantes, xa que o equipo demostrou que pode vencer mesmo con baixas importantes.

 
San Lorenzo celebrando-Foto-Katia
Celebrando-Foto-Katia

Dumbría - Tordoia (1-0)

11 do Dumbria outubro 2023

  • Dumbría: Anxo, Samuel Quintáns, Kanario, Pablo Paz, Dani, Baba, Alex Sánchez, Miller, Mario Dani Chao e Lucas Toba. Tamén: Íker, Alex Sendón, Rivi, Raúl, JOsiño, Adrián Periscal e Xián.
  • Gol: 1-0, m.18: Dani Chao.

Partido duro, moi igualado, cun cadro dumbriés que estivo máis efectivo cara gol. O Tordoia de Nando Muíño tivo un par de balóns á madeira na primeira metade, o primeiro un chutazo dende lonxe xa no m.2. O Tordoia aguantaba forte, pero o Dumbría tivo bos momentos, e era Dani Chao o que abría o marcador para os de Pablo Conde.

Abriuse máis o partido na segunda, máis parello, con ocasións, e mesmo madeiras, en ambas poterías. O Dumbría soubo aguantar moi ben, con Mario como home máis destacado sabendo aguantar a pelota cando o equipo o necesitaba, para manter ao Tordoia lonxe da meta de Anxo.
incerteza no marcador estivo presente ata o final, porque o Dumbría, que tivo 3 contras para sentenciar non estivo acertado. E a piques estivo de chegar o empate no desconto, cun disparo que se lle envelenou a Anxo, pero que acabou atallando.

 

Bertamiráns - Baio (6-0)

11 do Baio en Bertamirans-Foto-Luis Gonzalez
11 do Baio en Bertamiráns-Foto-Luís González
  • Baio: Javi Souto, Pablo Rod., Norberto, Pazos, Sergio Rod., Sergio Antelo,, Iván Rod., Josiño, Bieito, Guille Botas, e Santacier. Tamén: Iván grafa, Bruno, Pablo Díaz, Guille Eiroa, Dani, Miguel e Aitor Vilas.
  • Goles: 1-0, m.8: Julio Díaz; 2-0, m.25: David de penalti; 3-0, m.30: en propia; 4-0, m.41: Miguel Novegil; 5-0, m.55: Fabri; 6-0, m.65: Antón Olveira.

Partido sen moita historia cun 6-0 en contra que reflexa a diferencia entre dous equipos da zona baixa da clasificacion. Resultado, en calquera caso, demasiado abultado a pesar da superioridade rival, ante un Baio que non soubo reaccionar ao tanto inicia. O propio míster Félix Raposo asume “responsabilidade maxima pola miña parte polo mal plantexamento e non dar argumentos aos meus xogadores nin solucións aos contratempos do resultado”.

 
Bertamirans-Baio-Foto-Luis Gonzalez 3
Bertamiráns-Baio-Foto-Luís González

MÁIS INFO

CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios