mércores. 30.04.2025
El tiempo

2ª FUTGAL: Camariñas e Soneira manteñen o pulso

Soneira SD e Porteno Cf saltando ao Municipal de Vimianzo-Fotoparker
Soneira SD e Porteño saltando ao Municipal de Vimianzo-Foto- Parker
2ª FUTGAL: Camariñas e Soneira manteñen o pulso

6ª xornada da Liga da Costa e o Camariñas segue invicto como gran protagonista deste comezo de campaña. O de Cabrejo e Faus solventaron o choque ante o Outes, con máis problemas do que sinala o marcador, pero con contundencia. Máis complicado o tivo o cadro soneirán ante un Porteño que non acaba de atoparse neste comezo de Liga.

Ollo detrás a un Monte Louro confiado no seu completo plantel, e ao Xallas, que suma xa a terceira vitoria seguida, como a do Baio, e iso que o Ponteceso mereceu moito máis no choque no Platas Reinoso.

Corme e Coristanco tamén quedan na zona de arriba.

Baio - Ponteceso (2-0)

  • Baio: Rodrigo, Bruno, Pablo Rod., Pazos, Aitor Vilas, Chechi, José Ángel, Manu Vula, Rubén Porteiro, Víctor, MC, e Sergio. Tamén: Javi Souto, Norberto, Rubén, Sergio, Josiño.
  • Ponteceso: Darío, Ángel, Juan Rey, Pedro, Luca, Martín Souto, Camilo, Nando, David Castro, Eloy Álvarez e Javi Souto. Tamén: Anxo, Ures, Neira, Iván Rod., Dani Castro.
  • Goles: 1-0, m.43: Víctor; 2-0, m.89: José Angel dende fóra da área.

Bo partido entre dos equipos que viñan de dúas vitorias pero que aspiran a estar máis arriba. O Ponteceso, a pesar das baixas importantes, levou o peso do partido ante un Baio compacto, que malia facer o peor partido da temporada, levou os puntos.

A mellor ocasión ao principio foi unha de Mara que salvou Rodrigo. Xa protestara un claro penalti o cadro local, e tamén protestaron o gol de Víctor para o cadro baiés ao fío do descanso no que o colexiado non viu fóra de xogo nin falta ao porteiro.

Na segunda seguiron levando a iniciativa o cadro local, ante as contras do Baio. Tivo outra Mara que salvou o meta visitante, un remate de Luca que foi por riba do longueiro, co partido aínda aberto ata que José Ángel marcou un bo gol dende a frontal, coa axuda do meta local.

Cabana - Xallas (0-3)

  • Cabana: Manu, Noé, Samuel (Leis), Ferreiro, Aarón, Fernando, Miki (Cristian), Simón (Gabri), Hugo (Moreno), Migueliño, Pablo (Castro).
  • Xallas: Iván Couto, Joel, Ramón, Erre, Macareno, Barbeiriña, Asier, Fidi, Doro, Yago Facal, Rubén Blanco. Tamén: Rubén Sande, Luís, Fabián, Adrián Couto, Marquiños.
  • Goles: 0-1, m.44: Macareno; 0-2, m.84: Doro nunha xogada clásica individual; 0-3, m.88: Doro.
Plantel do Xallas 24-25
Plantel do Xallas 24-25. Foto: Xallas

Segue sen sumar de 3 en 3 o cadro cabanés, e non puido tampouco co poderoso Xallas, malia que o choque foi moito máis igualado do que sinala o marcador. Primeira parte igualada e competida con reparto de ocasións, cun remate de Doro de media chilena entre as xogadas máis destacadas. Migueliño facía bastante dano na zona de creación e permitiu un par de mans a mans que salvou Iván Couto. Desnivelou a balanza, que puido caer de calquera lado, o Xallas cunha boa xogada individual de Macareno ao fío do descanso meténdose para dentro e lanzar un zurdazo cruzado.

A segunda parte comezaba igualada pero a raíz que ían pasando os minutos ía chegando o cadro de Ósca Mingui con máis claridade e xeraron varias ocasións nos pés de Simón, Migueliño e Ferreiro, pero Iván Couto estivo espléndido e evitou o gol. No treito final, despois de Macareno ou Erre marrasen tamén sendas ocasións, apareceu Doro para sentenciar con dous novos goles.

Corme - Muros (2-1)

  • Corme: Quique, Noel, Brais Pailos, Borja seoane, Teo, Lucas Figueroa, Yago Suárez, Lucas, Borja Torrado, Isra e Samu Costa. Tamén: Álvaro González, Xoel, Senén e Álvaro Sanz.
  • Muros: Aitor; Martín, Alon, Ra, Quin, Dani, Flavio, Peski, Xaco, Juan e Alex. Tamén: Jesús, Benji, Óscar, Ángel, Duber e Ginki.
  • Goles: 1-0, m.22: Lucas; 1-1, m.63: Dani Jurjo; 2-1, m.84: Borja Torrado.

Fermoso e intenso partido no Cairo, con emoción ata o final, no que se cadra un empate podería ter sido máis xusto. Saía máis enchufado do Core, que aproveitaba a “torrija” visitante para facer dano entre liñas. Abría así o marcador o equipo de Adrián Lema por medio de Lucas, que case amplía o marcador antes do descanso nunah falta que atalla Aitor. Os de Vinto tamén tiveron unha contra de Dani Jurjo e un lonxano disparo de Flavio.

Cambiou o conto na segunda, e o Muros apretou e apretou , tendo claras ocasións de gol ata a chegada do empate. Rompeuse o partido se ben o Muros tiña máis claridade con opcións para Ra, Alex e Dani. Pero reaccionou a tempo o cadro local que a 5 do remate, nunha falta rápida, Lucas sorprende a defensa visitante e deixa só a Borja Torrado para facer o segundo, ante as protestas do Muros por un posible fóra de xogo.

Camariñas - Outes (4-0)

  • Camariñas: Jorge, Víctor, Carlos, Borja (Caamaño), Oliver, Moriño (Roi), Hugo (Martín), Javi, Soule (Manuel), Marío e Djibril.
  • Outes: Ryan, Kevin, Jura, Chía, Xabi, Aarón, Martín, Adrián, Álvaro, Veleiro, Yago Dosil, e Keko. Tamén: Adrián Freire, Alberto, Stefan, Nico e Marcos.
  • Goles: 1-0, m.7: Mario remata un centro de Javi Antelo; 2-0, m.61: Mario tras unha xogada entre Hugo e Djibril; 3-0, m.67: Caamaño nun córner; 4-0, m.78: Djibril remata a pracer un centro de Mario.

Dende o comezo saíu o Camariñas creando perigo cunha presión moi forte. Mario facía dano e pronto remataba un centro de Javi Antelo. Houbo algunha ocasión máis pero o pouco a pouco o Outes comezou a envocar o choque e chegou a ter boas ocasións antes e despois do descanso, cando tivo 15 minutos moi bos nos que mereceu o empate. Pero nunha contra, unha xogada entre Hugo e Djibril era finalizada por Mario para facer o terceiro. Acusou aí o Outes o golpe e o Cmarias sentenciou pronto.

Coristanco - Lira (3-1)

  • Coristanco: Rubén, Chechu, Hugo, Nico, Belar, Sergio, Diego Ferreiro, Jonathan, Dani Vázquez, Joaquín e Rodrigo. Tamén: Dani Castiñeiras, Damián, Javi Bermúdez, Álex Iglesias e Kevin Rodríguez.
  • Lira: Raúl, Isaac, Amoedo, Ángel, Lois, Xoel, Marcos, Juan, Migueliño, Oli e Pablo Leis. Tamén: César, Aarón, Ramón, Carlos e Christian.
  • Goles: 1-0, m.3: Chechu de cabeza nun córner; 2-0, m.33: Rodrigo nun córner; 3-0, m.43: Hugo Fraga de penalti; 3-1, m.62: Oli.

Comezaba o Coristanco moito máis metido, e a través da posesión metía ao Lira na súa área. pronto chegaba o primeiro gol nun córner que remata Chechu de cabeza. Intentou repoñerse o cadro visitante, ten Oli unha ocasión na que se lle escapou o control, pero á media hora, noutro córner, o xuvenil Rodrigo facía o segundo tamén nun córner. E antes do descanso, terceiro de penalti, tras un groso erro na saída de balón, para os de Iván Vázquez, nos peores minutos da temporada dos lirachos, precipitados, descolocados, fóra do partido totalmente.

Na segunda metade, o Lira, con 3 cambios, estivo máis ordenado, xogando máis en campo contrario, tendando crear perigo con balóns longos ao espazo e controlando as contras locais. Pronto recurtaba Oli, e o equipo aínda cría na remontadae tiveron un par de ocasións por medio de Ramón e de Oli que desviou moi ben Rubén.

Corcubión - Mazaricos (4-4)

  • Corcubión: Bruno, Juan Fuentes, Isaac, Gorka, Nando, Martin, Antón, Mario, Juan Castreje, Iago Lema e César Lojo. Tamén: Rama, Luís Lojo, Alex Paz, Íker e Samu Trillo.
  • Mazaricos: Íker, Matías, Borja, Chumiko, Luís Mayán, Bryan, Brais Canosa, Iago, Marquitos, Sandelo e Kevin. Tamén Adrián López, Alex Calvo; Sergio Lois e Fabio.
  • Goles: 1-0, m.30: César Lojo tras un erro da defensa; 2-0, m.31: César Lojo nun balón ao espazo; 2-1, m.40: Borja; 2-2, m.65: Bryan; 2-3, m.79: Sergio Lois; 3-3, m.87: Luís Lojo dende 30 metros; 4-3, m.88: Samu Trillo; 4-4, m.92: Bryan.

Partido tolo no Cubaleiro. Segue o Mazaricos sufrindo moito atrás, e sufría moito a presión do Corcubión, que tivo 10 minutos moi bos, cun fútbol de quilates. Foise repoñendo o Mazaricos, que igualou a contenda, pero o Corcubión seguía chegando e á media hora aparecía César Lojo roubando un balón e marcando o primeiro. Un minuto despois, un bo desmarque permitíalle facer o seguinte coa defensa amarela de paseo.

Tiveron un par de boas ocasións máis os de Ángel Ventanas e Isi pero antes do descanso comezarona perder folgos e o Mazaricos apretou algo máis, recurtando antes do descanso.

Cambiou o conto na segunda, cun monólogo dos de Marcos, xerando moitas ocasións. Conseguíalle darlle a volta pero Luís Lojo marcaba dende 30 metros e Samu metía ao cadro local por diante. Primeiro o Mazaricos quedaba con 10 e despois era o Corcubión, tras varias disputas. Xa no desconto, e mantendo o domingo local, Bryan empataba.

Soneira - Porteño (4-1)

11 do Soneira SD ante o Porteno-Foto-Parker
11 do Soneira SD ante o Porteño-Foto-Parker
  • Soneira: Pity, Maikol, Iván Blanco, Gusa, Héctor, Oreiro, Adrián Canosa, Bieito, Cachi, Richi e Vía. Tamén: Brais, David LP, Sergio, Carlos e David.
11 do Porteno CF en Vimianzo-Foto-Parker
11 do Porteño CF en Vimianzo-Foto-Parker
  • Porteño: José, Iván, Pejo, Brais, Nico, Darío, David, Nico, Alfredo, Yuyo e Alan. Tamén: Manoliño, Rodri, Carrabete e Pablo.
  • Goles: 1-0, m.4: Bieito; 1-1, m.26: Brais Mouzo nun córner; 2-1, m.72: David LP nunha falta lateral; 3-1, m.78: Vía de penalti; 4-1, m.86: David LP.

Partido onde o vento voltou ser protagonista e con dúas partes moi diferenciadas. O Soneira aproveitaba que o Porteño saía mal, e se adiantaba pronto cunha gran xogada colectiva, tendo aí un par de ocasións para ampliar a renda, como un pau de Vía. Pero reaccionaba o cadro de Cousillas e Javi Baña que empataban no ecuador do primeiro tempo nun córner. Puido chegar aí un gol para cada equipo pero nada.

Na segunda parte o Soneira contra vento, empezou a dominar o balón e comenzaba a xerar xogo e crear perigo, ante un Porteño que estaba ben posicionado pero non creaba perigo. Nunha xogada tras unha falta lateral David LP adiantaba aos de Josiño Abelenda, que a semana pasada xa estrearon a fichaxe en defensa de Gusa, que non estaba a ter minutos no Muxía. Foi arriba o cadro da Ponte e nunha contra, penalti sobre Richi que transforma o seu irmán Vía. Xa no final, o cuarto sería obra de David tras unha fermosa xogada entre Iván e Richi.

Monte Louro - Cee (3-0)

Monte Louro-Cee-Foto-Edu OlveiraMonte Louro-Cee-Foto-Edu Olveira

  • Monte Louro: Pedro, Miguel Verán, Pablo, Abel, Raúl, Chano, David Pais, Xián, Íker, Riki e Álvaro Fari. Tamén: Manuel Chouza, Rodri, Javi, David Lestón e Brais.
  • Cee: Iván Bouzón, Regueiro, Noé, Munitis, Rober, Eze, Carlos, Trini, Sergio Fidalgo, Josiño e Anxo. Tamén: Isaías, Rui, Iago Trillo e Dani Fontaíña.
  • Goles: 1-0, m.5: Chano; 2-0, m.44: Íker; 3-0, m.85: Miguel Verán de falta directa.

Chano no Monte Louro-Cee-Foto-Edu Olveira

Partido claro do Monte Louro na casa, cun cadro moi ben armado, con moito fondo de armario, e con boas perspectivas de cara a estar na parte alta. Xa aos 5 minutos Chano abría o marcador tras unha xogada colectiva. Seguíron presionando os de Bibi, ampliando a renda antes do descanso. Non levantou a cabeza o Cee, incapaces de crear, e o partido foi morrendo e Miguel Verán fixo o terceiro de falta directa.

Monte Louro-Cee-Foto-Edu Olveira 2

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL

Máis info

Comentarios