2ª FUTGAL: O Monte Louro asalta Verdillo e volve a comprimir a táboa por arriba e por abaixo

Sporting Zas-Malpica en San Andrés-Foto-Sp

Parecía que o San Lorenzo daba un estirón, pero nada. Apareceu polas Pedreiras o Monte Louro, en descenso tras 4 partidos sen gañar, e conseguíu vencer ao líder por primeira vez na temporada no seu feudo, volvendo a comprimir o alto da clasificación da Liga da Costa.

Por segunda semana consecutiva dos 6 primeiros só gañaron dous: Porteño (en Muros) e Xallas (ao Mazaricos). Ambos colócanse a 2 e 3 puntos respectivamente do líder carballés, vendo con 3 e 2 de distancia ao Baio, que empatou no derbi soneirán. Outes e Malpica tampouco aproveitaron para meterse de novo na pelexa tras empatar o primeiro en Corcubión e perder o segundo, goleado, en San Andrés, ante outro dos equipos que loitan por evitar o descenso.

Ollando as tendencias, ollo co Porteño, que suma 5 vitorias e un empate nos últimos 6 partidos, e ollo á parte de abaixo, pois o descenso vai estar carísimo. Tendo en conta ademais os máis que posibles 2 (ou mesmo 3) arrastres dende a 1ª, Corme, Muros, Zas, Monte Louro e Mazaricos están nun abano de apenas 5 puntos, para escapar primeiro dos dous descenso directos e despois deses posibles arrastres.

Xallas - Mazaricos (4-2)

11 do Xallas FC en Fontenla
  • Xallas: Iván Couto, García, Maca, Peke, Yago Facal, Dani Barbeira, Doro, Alberto, Rubén Blanco, Bryan, Sergio Barbeira. Tamén: Iker, Pablo Landeira, Adrián Couto e Julián.
  • Mazaricos: París, Borja, Chumico, Fran Landeira, Yeray, Raúl, Steven, Marcos, Marito, Molinos e Kevin. Tamén: Luís Mayán, Álvaro, Fabián, Sergio e Dani Periscal.
  • Goles: 0-1, m.31: Marcos remata un centro lateral no segundo pau; 1-1, m.36: Doro tras pase atrás; 2-1, m.40: Sergio Barbeira de volea nun segundo balón; 3-1, m.61: Maca nunha contra; 4-1, m.71: Maca; 4-2, m.92: Fabián.

Vitoria xusta dun Xallas que está nunha boa serie de resultados e de xogo, que chegaba con moitas gañas a este derbi. Comezaba apretaron o cadro de Doriño, roubando arriba e tendo ocasións. Pero fallaron e era o cadro de Raúl Periscal o que se adiantaban. Pero de contado reaccionaban os xalleiros e en 10 minutos lle daba a volta ao marcador.

O Xallas comezaron algo máis plegado, pero seguiron estando máis intensos e máis rápidos nas transicións. Así, aroveitando moi ben eses espazos a base de velocidade con Maca e Blanco facendo dano por banda, e marcando o terceiro e o cuarto.

No treito final mellorou o Mazaricos pero non inquedaron o resultado, ademais do fermoso gol do ex xalleiro Fabián.

San Lorenzo - Monte Louro (0-1)

11 do SD San Lorenzo nas Pedreiras
  • San Lorenzo: Mario, Dani Cotelo, Lozano, Campos, Pablo Garrido, Diego, Pape, Javi Pérez, Alex Vázquez, Alex Taibo, Marcos Corral. Tamén: Javi Souto, Damián, Iago, Hugo Canedo e Hugo Rey.
  • Monte Louro: Pedro, Miguel Verán, Rodri, Manolo Chouza, David Pais, Abel, Adrián, Álvaro Fari, Héctor, Xián e Javi. Tamén: Xacobo, Luís, Martín, Flavio e Fabio.
  • Gol: 0-1, m.15: David Pais.

O San Lorenzo sufriu a súa primeira derrota na casa da tempada tras caer por 0-1 ante o Monte Louro. Un resultado que tamén pon fin a unha longa racha sen perder como local, desde a chegada de Iván Rojo como adestrador o equipo estivo 18 partidos consecutivos, dende o 2 de febreiro de 2025.

O encontro estivo marcado pola intensidade e polo xogo máis físico que combinativo. O único gol do partido chegou tras unha acción de saque de banda, cunha peiteada que deixou o balón na área pequena para que David Pais rematase á rede.

Ao San Lorenzo faltoulle ritmo e intensidade durante boa parte do encontro. Aínda así, a pesar de que o encontro estivo marcado por un xogo moi interrompido, con moitos paróns e moi pouco tempo de balón en xogo, o equipo dispuxo de varias ocasións para igualar o marcador, pero a falta de acerto e o gran partido do gardameta rival impediron que o líder puidese evitar a derrota.

Soneira - Baio (1-1)

  • Soneira: Dono, Cristian, Gusa, Mario, Nico, Adrián Canosa, Brais, Cachi, Pichi, Richi e Vía. Tamén: Brais, David LP, Javi Lema, Jesús, e José Antonio.
11 do CD Baio no Irmandiño
  • Baio: Rodri, Bruno, Pablo, Norberto, José Angel, Pazos, Miki, Víctor, Damián, Cheti e MC. Tamén: Julián, Chechi, Josiño, Pablo, Mamadou.
  • Goles: 0-1, m. 55: Mamadou a centro de Cheti; 1-1, m.92: Pichi.

Empate no derbi colleitado polo Soneira no descontísimo, co lamento do Baio que suma dúas semanas perdendo puntos no último suspiro. O partido disputado onte estivo marcado pola intensidade propia dun derbi de proximidade. Na primeira metade, ambos equipos mostraron moito respecto e priorizaron a orde defensiva. O Baio tivo algo máis de posesión, tendo algunha ocasión clara como unha de MC ao pau, unha de Cheti que non acaba de finalizar con toda a portería e unha boa de Mamadou. O Soneira avisou tamén cun balón á madeira cunha transición de Pichi, Richi e Vía que tamén petou no pau.

Na segunda parte, o cadro de Lobelos saíu mellor tras un axuste táctico que lle custou interpretar aos de Josiño Abelenda nos primeiros minutos. Nese tramo conseguiron adiantarse no co tanto de Cheti, e tiveron ocasións para ampliar a renda como unha Cheti que manda fóra nunha internada pola esquerda, un remate do propio Cheti nun córner ao pau, ou un balón ao poste de Damián, e cuio rebote quedáballe a Mamadou pero fixo un paradón Dono. Non matou aí o partido o cadro baiés e practicamente na seguinte xogada, xa co equipo soneirán correndo máis riscos, o capitán Pichi logrou o empate definitivo (1-1) nunha gran acción individual.

Muros - Porteño (3-6)

11 do CD Muros en Miraflores
  • Muros: David Lestón, Javi Pelos, Fran, Jesús, Benji, Je, Tajes, Alon, Alex, Xaco e Dani Jurjo. Tamén: Juan Rey, Xavi, Iván e Sanandrés.
11 do CF Porteño en Miraflores
  • Porteño: Mariolo, Pejo, Rodri, Álvaro, Alan, Pablo, Iván, Alfredo, Gabri, Sandelo e Bruno. Tamén: JOel, Yuyo, Baba, Sandro e Carrabete.
  • Goles: 0-1, m.3: Bruno; 0-2, m.5: Bruno; 1-2, m.14: Dani Jurjo de penalti; 1-3, m.32: Alfredo; 1-4, m.39: Alfredo; 1-5, m.42: Bruno; 2-5, m.54: Xavi; 2-6, m.67: Baba; 3-6, m.79: Xavi.
Javi e Pejo co colexiado Marco Castro no Muros-Porteño. Foto: Parker

Que pegada ten este Porteño. O partido comezaba co Muros apretando e obrigando a aparecer en dúas ocasións a Mariolo. Unha foi un tiro de Javi dende o medio campo que daba no longueiro e no rexeite entre un defensa e o porteiro salvan o gol de Alex. Pero xa aos 5 minutos Bruno levaba dous goles tralas dúas primeiras chegadas dos de Mayor. Recortaban os de Joaquín Quintáns e Benji fixo lucirse de novo a Mariolo nunha falta, pero antes do descanso Bruno e Alfredo deixaban o partido listo.

Na segunda seguiron pelexando os muradáns pero os da Ponte tamén seguiron afiados e completaron o set.

Sofán B - Ponteceso (2-1)

  • Sofán B: Eloy, Asier, Marcial, Diego, Iván, Dani Calvete, Dani Rod., Nachete, Adrián Fraga e Isma Ramos. Tamén: Darío, Eloy Cabeza, Christian, Breijo.
  • Ponteceso: Brais, Cotelo, Eloy, Juan Rey, Pedro, Luca, David, Iván Rod, Alberto Recarey, Eloy Álvarez e Neira. Tamén: Darío, Adrián Ures, Mario, Dani Rod. e Teo.
  • Goles: 0-1, m.9: Alberto Recarey; 1-1, m.61: Diego; 2-1, m.90: Dani Calvete.

Igualado partido no Carral, que comezaba co cadro de Jorge empurrando máis e adiantándose cun golazo de Alberto Recarey. Reaccionaron os de Zalo, que comezaron a ter algunha ocasión clara sobre a área pondaliana. Tivo que parar tamén Eloy unha boa falta dos visitantes.

Seguíu a tónica na segunda metade, cun Ponteceso firme pero máis replegado, pero o partido viuse marcado pola expulsión de Cotelo aos 10 minutos da reanudación. Apretouse ben atrás, pero Diego empataba. O cadro pontecesán, que se ve con 2 expusións e dous lesionados nun partido que considerou limpo, sufriu e aguantou ata o final, e só no desconto, nunha contra Dani Calvete dou os puntos para o filial carballés, que di adeus case defintiivamente á parte baixa.

Corcubión - Outes (1-1)

  • Corcubión: Bruno, Mario, Nando, Castreje, Jose, Martao, Borja, Rama, Luís Lojo, Iago Lema, César Lojo. Tamén: Cote, Íker, Trillo, David Lojo e Nico.
  • Outes: Dani, Claudino, Torea, Sanchiño, Eloy, Marcos Orodea, Adrián Caamaño, Xabi Romarís, Alberto, Hugo Caamao, Martín Caamaño. Tamén: Adrián, Rubén, Carlos, Jose, e Ramón.
  • Goles: 0-1, m.35: Alberto Bahamonde; 1-1, m.81: Iago Lema baixa e remata un centro lateral.

Unha parte por bando e empate no Cubaleiro. Comezou o partido igualado, cun Outes algo máis incisivo na primeira, marcando a 10 final tras un roubo e un gran tiro dende a frontal de Alberto. Aínda tivo algunha máis o cadro de Geno antes do descanso ante un Corcubión dubitativo.

Pero resolveron dúbidas na segunda os de Ángel e Isi, e saíron moi forte, co debut do fisterrán Coté sobre o céspede do cubaleiro, ante un Outes cuios xuvenís chegaban cansados do choque do sábado. Pouco a pouco ían chegando os locais, que ademais de non permtir contras, meteron a base de balñons colgados ao Outes na súa área. Tivo Iago dúas moi claras, unha cabeza e outra no man a man que salvaba Dani, erixíndose no mellor do partido. Non puido porén no gol do empate, cunha boa demostración de calidade do capi corcubionés.

Zas - Malpica (4-0)

11 do Sporting Zas en San Andrés
  • Zas: Pereiras, Anxo, Moha, Adri Rama, Joel, Álvaro, Juan Touriñán, Estefan, Darío, Andrés e Redondo. Tamén: Pablo Fuentes, Ronny, Martín e Iago.
  • Malpica: Suso, Anxo, Pablo, Damián, Brais Calvo, Raúl, Mara, Garci, Camilo, Aday e Luís. Tamén: Joel, Lou, Aitor Vilas, Isaac e Chucho.
  • Goles: 1-0, m.2: Darío; 2-0, m.28: Estefan; 3-0, m.56: Darío; 4-0, m.78: Redondo.
Sporting Zas-Malpica en San Andrés-Foto-Sp

Afrontaba como unha final o choque o cadro zaseiro, e o partido non puido comezar mellor para os de Alfredo Pereiro e Rubén Forján. Nunha acción moi temperá de transición, Redondo aproveitou a súa velocidade pola banda para gañar a liña de fondo e servir un balón que Darío rematou en boca de gol, abrindo o marcador nos primeiros minutos e deixando claro o plan local desde o inicio.

O 1-0 provocou a reacción do Malpica, que dominou durante moitos minutos tivo ata tres ocasións moi claras para igualar o encontro. Unha de Mara e dous de Camilo que marcharon rondando a madeira, demostraban o bo partido do Malpica. Porén, entre as intervencións de Pereiras e a falta de acerto visitante, o marcador non se moveu ata a media hora, cando chegou o golpe que marcou o punto de inflexión: Darío roubou un balón dentro da área rival e asistiu a Estefan para que finalizase a pracer e puxese o 2-0. Ese tanto deu tranquilidade ao Zas e o partido baixou lixeiramente de ritmo ata o descanso, tendo unha contra Luís que salvou de novo Pereiras.

Tralo paso polos vestiarios, o Zas saíu aínda máis enchufado e foi quen de ampliar diferenzas moi cedo. De novo Darío, nun roubo en campo contrario, finalizou cun disparo desde a frontal para facer o 3-0 e deixar o encontro moi encarrilado. Co paso dos minutos chegaron os cambios e o movemento nos banquiños, pero o Zas non baixou o nivel e atopou o cuarto tanto noutro tiro desde a frontal, esta vez de Redondo, completando unha actuación ofensiva moi seria e efectiva. Aínda houbo tempo para outra acción destacada: Pablo estrelou un balón no pau tras un córner, nun final de partido no que o Zas seguiu chegando e confirmando as boas sensacións.

Corme - Cabana (0-2)

  • Corme: Quique, Hugo Paredes, Mauro, Eloy Villar, Álvaro, Joshua, Senén, Borja Torrado, Teo, Ñucas e Isra. Tamén: Adrián Suárez, Yago, Brais Pailos, Iván e Xoel.
11 do SD Cabana no Cairo
  • Cabana: Manu Nantón, Aarón, Alex Costa, Noé Eiroa, Ferreiro, David Rey, Migueliño, Nando, Simón, Brais Fontenla e Xabi Parga. Tamén: Diego, Blas, Noér Souto, Juanlán, Pablo Pose.
  • Goles: 0-1, m.12: Brais Fontenla; 0-2, m.90: Ferreiro.

Partido malo do Corme, ante un Cabana máis intenso e acertado. Era Brais Fontenla o que abría o marcador ao pouco de comezar o partido, tras roubar un balón en zona de creación e culminar unha boa xogada persoal. Un gol que pesou como unha lousa para o cadro de Ángel, que non puido facer dano ante un cadro cabanés que apretaba con varias ocasións antes do descanso.

Na segunda os locais aguantaban ben as embestidas dun Corme que nunca estivo cómodo, pero non foi ata o desconto cando sentenciaban os de Óscar Mingui, cun gol de Ferreiro nun córner.

Vitoria clave do Cabana para mirar cara arriba e esquecer unha parte baixa na que deixa ao Corme ao borde do abismo dos 4 de abaixo.

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL

Máis información