3ª FUTGAL: 5 equipos loita, nun pano de 4 puntos, por 3 postos de promoción
- O Coristanco ratificou o seu ascenso directo.
Ferve a loita pola promoción. Quedan 4 xornadas para o remate da liga e 5 equipos pelexan polas 3 prazas restantes para acompañar ao Cee promoción. Precisamente o cadro ceense perdeu ante o Cerqueda, que se mantén na pelexa e iguala con Seaia e Laxe, 5º e 6º. Un peldaño máis arriba está o Pereiriña, que saca 4 puntos a este grupo de 3, tras remontar o gol inicial do Volantes. E un peldaño máis abaixo, a 2 de Seaia, Laxe e Cerqueda, fica o Buño tralo fraticida empata entre laxenses e oleiros.
Por arriba, Oza e Coristanco seguen sumando, e o cadro coristanqués confirmou o seu ascenso directo con xornadas de marxe, unha vez que o Cee aínda ten que descansar.
Cerqueda - Cee (2-0)
- Cerqueda: Héctor, Marcos Pensado, Dani Reixía, Andrés, Hugo Fraga, Schuster, Sergio, Alex, Brais Costa, Juan, Eloy Santos e Palermo. Tamén: Aitor, Palo, Iván e Rubén Baña.
- Cee: Jorge, César, Regueiro, Alex Muíño, Fontaíña, Carlos, Keko, Jose, Anxo, Pablo Caamaño e Marco. Tamén: Manu, Jonathan, Rober, Diouck e Miguel.
- Goles: 1-0, m.9: Palermo nun saque de esquina executado por Brais Costa; 2-0, m.96: Palermo.
Un gol ao principio e outro ao final de Palermo foron suficientes para que o Cerqueda vencese a todo un Cee e se manteña na pelexa pola promoción. Foi un partido moi disputado, que comezaba cun gol de córner dos de Gurita. A partir de aí o Cee foi dominador do balón e ao Cerqueda tocoulle sufrir durante 90 minutos. Tiveron moitas chegadas os visitantes pero os cerquedáns agarráronse ao partido, ata o mesmo desconto, cando Palermo roubo en medio campo e finalizaría dende o mismo pillando o porteiro rival descolocado para facer o 2-0.
Laxe - Buño (3-3)
- Laxe: Jacobo, Darío Mira, Brais Smal, Pablo Barreiro, Leo, Eloy LIñares, Aarón, Djamel, Izan, Elías López e Felipe. Tamén: Roi Toja, Bieito, Micky Pose, Pedro e Martín Andrea.
- Buño: Cristian, Alexis, Alan, Jorge Calvete, Javi Alonso, Izan, Sergio Regueira, Adrián Pose, Graghiña, Andrés e Aguiar. Tamén: Hugo, Christian Novo, Jesús, Sergio e Regueira.
- Goles: 0-1, m.5: Fraghiña, 0-2, m.20: Alexis; 0-3, m.21: Javi Alonso; 1-3, m.36: Leo Rama; 2-3, m.56: Felipe; 3-3, m.85: Djamel de penalti.
Partido no que houbo unha parte para cada equipo. Saíron durmidos os locais e o cadro de Dani Calvete levou o control da primeira parte sendo superior e conseguindo tres goles de vantaxe. Polo medio o colexiado Bruno Méndez tivo que activar o protocolo antiviolencia por dúas veces, por mor dos insultos duns pais da base do Laxe que non paraban de increpar ao rival e ao propio árbitro, e ata que saíron non continuo.
O Laxe recortou distancias xusto antes do descanso, e o paso polos vestuarios fixolle daño os visitantes que perderon o control total do partido. O Laxe faría o segundo nunha falta lateral de Felipe (que aos seus 40 anos segue sendo un gran rematador), sacada xusto despois dunha volta dos vestuarios despois de activar o colexiado o protocolo antiviolencia. Veuse arriba o Laxe ante un Buño noqueado e acabaría empatando cun gol dende os 11 metros.
Nantón - Muxía B (1-4)
- 0-1, m.30: Toja tras xogada de Ziro; 1-1, m.44: Santi Lozano; 1-2, m.45+2: Toja; -1-3, m.87: Toja; 1-4, m.96: Martín.
Partido moi igualado, que comezaba cun filial muxián máis entonado co balón, que metía un empurrón nos minutos finais da primeira metade e marcaba por mediode Toja tras unha boa xogada de Ziro, que cumplía 40 anos. Antes do descanso empataba o Nantón, pero volve aparecer Toja para deixar aos muxiáns por diante.
Na segunda, cos cambios, os de Adrian Varela teñen varias ocasións, con 3 man a man de Jorge que non acerta na definición e dúas chegadas máis de Carlos Vidal que tampouco acerta ante un gran Miguel Toba. Á contra, os de Congui entraban por banda facendo dano, e xa no treito final, un centro de Martín era rematdo por Toja, e co Nantón xa entregado, Santi facía o cuarto no descontíismo.
Coristanco - Inter (8-0)
- Goles: Lou (2), Pablo Pose (4), Samu García e Samu Baldomir.
Partido sin ningunha incidencia de control total local, cun Coristanco que sen estar no seu mellor momento, tivo unha tarde tranquila, permitindo que Pablo Pose marcase 4 tantos e ratifique o seu galardón de pichichi, que recibirá na XI Gala do Fútbol da Costa. O coristanqués suma 31 goles polos 21 de Salah (Oza) e Rully (Baíñas).
Seaia - Baíñas (2-4)
- Seaia: Isaac, Borja, Rafa Souto, Todosantos, Erik, Martín Costa, Belar, Noel, Edu Souto, Manu Castro e Juni. Tamén: Anxo, David, Simón, Adri Pazos e Nico.
- Baíñas: Fabián, Carlos, Darío, Rodri, Dylan, Leo, Fandi, Cristca, Ibra, Santi e Ruli. Tamén: David, Marcos e Edu.
- Goles: 1-0, m.6: Erik; 1-1, m.42: Ruli; 1-2, m.56: Ruli nun córner; 1-3, m.62: Dylan dende o lateral da área; 2-3, m.90: en propia; 2-4, m.93: Crisca.
Partido de altos voos coa promoción en xogo. Comezaba o cadro local meténdose por diante tras un mal despexe da defensa que rebota en Erik e se cola na meta de Fabián. O equipo de Antelo comezaba a crear a algunha ocasión, pero os de Manu Cancela aguantaban e dominaban por momentos, ata que ao fío do descenso Ruli empataba. Aínda Kevin avisaba pero Isaac respondía para manter a igualada antes do descanso,
Na segunda, saían ben os vimianceses e ruli facía o segundo nun córner. 5 minutos despois, Dylan marcaba un golazo case sen ángulo, pouco antes de ter que abandonar o campo tras un choque e unha mala caída. O partido quedaría parado durante unos 20 minutos hasta que apareceu a ambulancia para levalo a facer as pruebas correspondientes.
Unha vez reaunudado o partido e con 15 minutos por diante, o Seaia apretou con todo, e recurtaría nunha falta. Puido empatar pero xa no desconto Baíñas conseguería o 4º e definitivo grazas a unha boa xogada de Ibra que deixaría o balón para que Crisca pechase o partido e meta ao Baíñas de cheo na pelexa pola promoción.
Camelle - Oza (0-3)
- Goles: 0-1, m.44: Hugo no man a man tras un regalo da defensa local; 0-2, m.84: Nico; 0-3, m.90: Raúl.
Custoulle ao Oza adaptarse ao campo e superar a un serio Camelle, que cedeu espazo ao líder, pero non sufriu demasiado, e só tivo un erro ao final do primeiro tempo que lle permitiu ao Oza poñerse por diante.
Na segunda intentou apretar o Camelle pero o Oza estivo mellor co balón, aínda que non sentenciou ata o treito final.
Pereiriña - Volantes (2-1)
- Pereiriña: Maikel, Cartamil, Aitor, Oca, Estebo, Gabri, Brais Lagoa, Jon, Javichu, Oli e Víctor Agulleiro. Tamén: Xacobe, Tito, Pablo, Abel e Adán.
- Volantes: Xandre, Marcos, Fontenlos, Stefan, Javi, Rober Lado, Aarón, Alex Louro, Senández, Ryan e Raúl París. Tamén: Miguerl León, Marcos Lado, Marco, Maceiras e Xoel.
- Goles: 0-1, m.23: Rober Lado; 1-1, m.53: Oli; 1-2, m.72: Jon.
Partido vibrante no Sampaio cun Volantes que saía moi enchufado, e marcando nunha das poucas chegadas que tiveron, pero máis acertados que habitualmente, gracias a un regalo da defensa ceense.
Saían os dous equipos querendo dominar, o Pereiriña xa con máis intensidade, na segunda pero Oli, a pase de Víctor, facía o empate nunha xogada na que os visitantes pedían fóra de xogo. O partido seguía vivo, cun Volantes mo competitivo, ata que aparecía, outra semana máis, Jon, para marcar un bonito gol dende a frontal tras unha boa xogada persoal, ante a que Xandre non puido facer nada (o Volantes pedía un suposta falta previa). A partir de aí intentouno o cadro muradán pero sen demasiada fe.
Todas as crónicas da 3ª FUTGAL
- X.25: O Oza selou o ascenso e acariña o título.
- X.24: O Oza deixa asina media Liga nun partido convulso na Rocheira.
- X.23: 6 equipos quedan na loita polas 3 prazas da promoción.
- X.22: Ferve a loita pola promoción.
- X.21: O Buño, gran beneficiado da xornada.
- X.20: Unha chilena para case sentenciar un ascenso.
- X.19: O Pereiriña alonxa o Cerqueda da Promoción.
- X.18: O Oza aproveita o pinchazo do Coristanco e o Laxe alcanza ao Cerqueda.
- X.17: O Laxe alonxa ao Cee do ascenso directo e apreta a loita pola promoción.
- X.16: O Seaia vence o derbi e apreta a loita pola promoción.
- X.15: Coristanco e Oza escapan ao remate da primeira volta.
- X.14 O Cee acabou coa imbatibilidade do Coristanco.
- X.13: O Coristanco pecha o curso como único equipo invicto do Fútbol da Costa masculino.
- X.12: 8 equipos na pelexa por 2 prazas de promoción.
- X.11: Unha xornada para Mikel.
- X.10: Baíñas e Seaia frean a Coristanco e Oza e apretan a táboa.
- X.9: O Coristanco bate ao Oza no duelo de líderes.
- X.8: O Coristanco remonta e alcanza ao Oza no alto da táboa.
- X.7: Oza e Coristanco non paran.
- X.6: O Oza supera tamén ao Cerqueda.
- X.5: O Buño freou ao Cerqueda mentres o Oza segue ao seu.
- X.4: Oza e Cerqueda manteñen o pleno.
- X.3: O Pereiriña frea ao Cee.
- X.2: Oza, Cee e Cerqueda mandan.
- X.1: Oza, Buño e Cee comezan avisando.
Máis información
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com