3ª FUTGAL: O Oza selou o ascenso e acariña o título

O SD Oza celebrando o ascenso

Non cedeu o Oza e asegurou, con 5 xornadas de marxe, o ascenso directo á Liga da Costa, e acariña ademais o título tralo empate do Coristanco en VImianzo.

Pero a loita máis intensa, unha vez que os dous postos de ascenso directo están decididos e que o Cee asegurado xa matematicamente a promoción, está en ver que 3 equipos o acompañan. 5 equipos están nun abano de 4 puntos, estando aínda o Baíñas a tiro de 2 partidos.

No duelo directo, o Pereiriña venceu ao Laxe e adianta ademais a un Seaia que sufriu as gañas de celebrar do cadro carballés. O Buño venceu no partido adicado á Mi Princesa Rett, adicándolle á vitoria á gran Daniela, e queda a 2 do Laxe, empatado co Cerqueda, que perdeu unha boa ocasión de volver a postos de pla off, pero non pasou do empate en Muxía.

O presi do Buño, Jorge Calvete con Daniela de Mi Princesa Rett

Muxía B - Cerqueda (2-2)

  • Muxía B: Miguel Toba, Jose Luís, Kevin Carballo, Iván Sabad, Noé, Eloy Sambad, Adrián Baamil, Ziro, Furelos, Miguel, Javi Rey. Tamén: Damián, Aitor, Isma, Xan Nogueira.
11 da UD Cerqueda ante o Muxia B
  • Cerqueda: Héctor, Marcos Pensado, Andrés, Dani Reixía, Mario, Juan Rivedra, Pablo, Eloy Santos, Brais Costa, Hugo Fraga e Palermo. Tamén: Diego, Sergio, Alex, Brais Pombo e David Campos.
  • Goles: 1-0, m.18: Kevin; 1-1, m.53: Brais Costa; 2-1, m.63: Miguel a pase de Ziro; 2-2, m.76: Palermo.

Chegaba con baixas o cadro de Gurita e notounas ante un bo filial, nun choque moi igualado. Saíron mellor os de Congui, con dúas ocasións claras, unha de Kevina, antes de abrir o marcador el mesmo cun despexe dende o seu campo que co axuda do vento foise envelenando e superou a Héctor.

Saíron mellor os cerquedáns na segunda, con outra actitude e metendo aos locis na súa área. Sería Brais Costa o que dende a frontal cun golpeo axustado ao pao faría o empate. Reporíase o filial cun tanto de Miguel Papin, pero o Cerqueda seguía empurrando e nun córner Palermo empata de cabeza. Aí tivo o partido o Cerqueda, pero Miguel Toba salvou un punto.

Lira - Nantón (2-3)

  • Lira: Raúl, Xurxo, Christian, Marcos, Lude, Ramón, Carlos, Alberto, Miguel, Martiño e Iván París. Tamén: Adrián Brea, Alexandre, Xabi Beiro, Hugo e Javi Freire.

  • Nantón: Álvaro, Iago Torres, Adri Abelenda, Fran, David, Xoel, Jorge Rey, Alex López, Iago Torres, uan, Santi e Alberto Fuente. Tamén: Fernando Cabeza, Dani Castor e Carlos Amado.
  • Goles: 0-1, m.41: Iago Torres; 0-2, m.43: Jorge Rey; 1-2, m.51: Alberto Figueira; 2-2, m.78: Xurxo; 2-3, m.96: en propia.

Partido moi igualado na primeira parte con moito medio campo e co Lira un pasiño por diante á hora de ter balón. Tivo varias ocasións o cadro de Óscar Leis para meterse por diante, sobre todo dúas de Iván e unha de Xurxo, pero xusto antes do descanso unha xenialidade de Iago Torres, cun gol ao Lamine, e un erro da defensa que aproveita Jorge deixaban ao cadro de Adrián Varela por diante.

Na segunda parte o Lira dou outro paso adiante e conseguiu recortar distancias á saída dun córner. Seguiron percutindo os lirachos e conseguían empatar a 15 do final. Tiveron aí dous balóns á madeira os locais, pero unha falta lateral colgada por Alex Lopez no desconto, que intentou ser despexada por un defensa, entraba chorando na meta local para darlle os 3 puntos aos cabaneses.

Oza - Seaia (6-1)

11 do SD Oza ante o Seaia
  • Oza: Samuel, Brais Bolón, Marcos Carro, Raúl, Nacho Pose, Iago Lavandeira, Hugo Fraga, Miguel, Davicillas, Eloy Suárez e Salah. Tamén: Alex Vázquez, Gueye, Jorge, Benja, Nico.
  • Seaia: Isaac, Alex Mato, Brais Villar, Simón, Alex García, Martín Costa, Belar, Juni, Edu, Manu Castro, Rafa. Tamén: Anxo, David Muíño, Borja, Pablo Caamaño, Erik.
  • Goles: 1-0, m.8: Nacho Pose a centro de Davicillas; 2-0, m.13: Miguel; 3-0, m.40: Eloy Suárez; 4-0, m.70: Nacho Pose; 4-1, m.71: Juni; 5-1, m.73: en propia; 6-1, m.87: Miguel Bértoa.

Partido ao mediodía para ratificar o ascenso dun Oza que demostrou porque están no máis alto. O Seaia prantou cara, moito máis do que indica o marcador, conseguindo de feito as primeiras ocasións, pero pronto demostrou a súa pegada o cadro de Michel cun remate de Nacho a centro de Davicillas, e un remate de Miguel para facer o segundo cando aínda non se cumpliran os primeiros 15 minutos.

Aguantou o Seaia, non se veu abaixo e apretou, e protestou unha xogada chave, a 5 do descanso, cando Eloy Suárez puido ter feito falta para roubar e facer o terceiro.

Na segunda, co Seaia máis aberto, o Oza non perdoou e acabou celebrando o ascenso e acariñando o título da 3ª da Costa polas rúas de Carballo.

O Oza celebrando a volta á Liga da Costa
O Oza celebrando a volta á Liga da Costa

Volantes - Cee (0-3)

11 do Volantes de Bano ante o Cee
  • Volantes: Víctor Priegue, Alexis, Marcos, Manu Fontenlos, Stefan, Javi Romero, Aarón, Roberto Lado, Saúl, Iván Senández e Raúl París. Tamén: Ryan, Alex Louro, Aarón e Maceiras.
  • Cee: Jorge, César, Diouck, Alex Muíño, Fontaíña, Carlos, Keko, Marco, Regueiro, Pablo e Anxo. Tamén: Manu, Juan, Jonathan, Miguel, Iván.
  • Goles: 0-1, m.5: Keko; 0-2, m.8: Keko; 0-3, m.47: Pablo Caamaño.

Vitoria xusta do Cee en Muros, marcando xa ao comezo dous tantos gracias ao seu ritmo moito máis alto, e ao acerto de Keko. O Volantes non existiu na primeira.

O terceiro, xusto á saída dos vestiarios, deixou finiquitado o partido. Si que cos cambios e a relaxación dos azuis, os locais apretaron algo máis, pero sen poñer en perigo a vitoria.

Baíñas - Coristanco (0-0)

11 do CD Baiñas coa nova equipación de costadamorte.deathcoast
  • Baíñas: David, Samu, Rodri, Dylan, Manu, Estiven, Esteban, Fandi, Crisca, Ibra e Ruli. Tamén: Fabián, Marcos, Leo e Carlos.
  • Coristanco: Jairo, Gabri, Borja, Sergio, Dani Vázquez, Matteo, Mateo, Jairo, Kevin, Andy, e Pablo Pose. Tamén: Lou, Benxa e Samu.

Partido moi igualado no Irmandiño.

Pereiriña - Laxe (2-1)

  • Pereiriña: Maikel, Cartamil, Aitor, Oca, Esteban, Javichu, Jon, Brais Lagoa, Gabi, Oli e Víctor Agulleiro. Tamén: Xacobe, Abel, Martín, Adán e Javi Calo.
  • Laxe: Jacobo, Brais Simal, Pablo, Pedro, Izan, Aarón, Djamel, Beito, Eloy, Leo, Micky Pose. Tamén: Íñego, Darío Mira, Santi Casás, David Gándara, Martín Andrea.
  • Goles: 1-0, m.14: Brais Lagoa a pase de Jon; 2-0, m.14: Jon a pase de Gabi; 2-1, m.50: Brais Smimal.

O partido da xornada deixou os puntos en Cee, por unha mala primeira metade do Laxe, ante un Pereiriña que estivo moi firme, e que aproveitou a calidade Jon, cun pase e un gol en apenas 15 minutos, para marchar no marcador.

Cambiaron as tornas na segunda, cun cadro de Julito durmido, que permitía que o Laxe se metese rápido de volta no partido. Intentouno o Laxe, pero o Pereiriña soubo sufrir e aguantou as embestidas dos de Manu Saleta, que botaron de menos a falta de Cundíns arriba.

Buño - Camelle (2-0)

  • Buño: Cristian, Hugo, Alexis, Alan, Javi, Izan, Martín, Jorge Calvete, Andrés, Aguiar, Aguiar. Tamén: Anxo, Roberto Carlos, Sergio, Javi Facal, Dani Vázquez.
  • Camelle: Ruso, Chans, Hucho, Maikel, Martín (Haiku), David, Tereso, Mario (Gabi), Josiño, Lucas Panadeiro (Lucas Dios) e Miguel. 
  • Goles: 1-0, m.57: Andrés; 2-0, m.65: Izan dende fóra a área.
SCD Buño e SD Camelle con Daniela de Mi Princesa Rett

O Buño sacou un bo resultado ante un Camelle que llo puxo complicado os 90 minutos, a pesar de chegar con moitas baixas e mesmo un xogador baixo paus. Nos primeiros 45 os de Dani Calvete mandaban algo máis con balón pero non era preciso no último tramo do campo, e apenas xeraría ocasions, un gol fantasma e un man a man de Aguiar que paraba o porteiro fon as máis claras. Os de Sergio, así e todo, fixeron unha boa primeira metade e tiveron as mellores ocasións.
Na segunda parte o Buño dou un paso a diante, gracias á súa superioridade física e conseguiu dos goles por medio de Andrés e Izan e soubo manter o control do partido ata o pitido final, dedicándolle a vitoria a Daniela.

O Buño celebrando a vitoria

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Máis información