3ª FUTGAL: Pereiriña e Cerqueda pegan un salto na tensa loita pola Promoción

O Pereiriña conseguiu unha vitoria clave en Xaviña

Só quedan 3 xornadas para o remate da 3ª, e a loita pola promoción segue fervendo. Se ben o Cee vai deixando claro que é o gran favorito para a fase, cun partidazo de absoluta solvencia ante o Nantón, aínda quedan 3 prazas por completar. Deu o Pereiriña un paso de xigante ao vencer en Xaviña ao Buño, nun dos duelos directos nesta loita que segue moi aberta entre 5 equipos.

Paso adiante do Cerqueda tamén, que tivo que remontar en Muros, pero colle 3 puntos de vantaxe sobre Seaia, Baíñas e Laxe, que parece que se baterán por unha praza. Ocasión de ouro que perdeu o Seaia, que caeu no campo do pechacancelas, e desaproveitou a derrota do Laxe ante o líder, e a do Buño.

Quedan tres xornadas fraticidas, con varios enfrontamentos directos como o Laxe-Baíñas, o Baíñas-Pereiriña da penúltima xornada.

Inter - Seaia (1-0)

  • Inter: Mamadou, Diego, Evaristo, Javichu, Christian, Leo, Juan Lagoa, Jose, Alex Castro e Alex Ferreiro. Tamén: Ángel, Torices, Marcos e Rubén.
  • Seaia: Anxo, David, Alex Mato, Nico, Erik, Belar, Adri Pazos, Edu, Simón, Manu Castro e Juni. Tamén: Brais, Borja, Pablo Caamaño, Martín Costa e Todosantos.
  • Gol: 1-0, m.26: Jose.

Partido estrano o vivido no Sampaio, cun Inter que saía enchufado, e marcando pronto. O Seaia foise metendo no partido e intentouno de todas as maneiras. Ata 20 ocasións contabilizaron os malpicáns ante un cadro ceense que aguantaba as embestidas como podía, e que conseguiu unha meritoria vitoria que deixa ao Seaia ao fío da promoción.

Volantes - Cerqueda (2-3)

  • Volantes: Xandre, Marcos, Fontenlos, Stefan, Alexis, Aarón, Alex Louro, Senández, Javi, Raúl París e Ryan. Tamén: Maceiras, Jonathan, Hugo e Miguel León.

  • Cerqueda: Breo, Marcos Pensado, Dani Reixía, Samu Amado, Andrés, Hugo Fraga, Braus Costa, Eloy, Sergio, Alex e Palermo. Tamñen: Héctor, Juan, Diego, Aitor e Mario.
  • Goles: 1-0, m.30: Ryan; 2-0, m.33: Marcos Gosende; 2-1, m.44: Palermo; 2-2, m.65: Palermo; 2-3, m.87: Juan Rivera.

Outra remontada que sofre o Volantes, que arrinca ben os partidos, pero acaba sufrindo nas segundas partes, pagando a mocidade e a inexperiencia nas duas áreas. En fronte, un necesitado Cerqueda, que deu un paso fundamental na loita pola promoción. Comezaba o Volantes moi metido, movendo ben o balón e chegando arriba, sobre todo por bande esquerda e meténdose por diante cos tantos do ex do Outes, Ryan, e de Marcos. A pausa de hidratación espabilou algo aos de Gurita, e unha perda dos locais no desconto da primeira permitía a Palermo recurtar distancias e meter ao Cerqueda no partido tras unha internada de Eloy.

Comezaba ben o Volantes, tendo un par de mans a mans co novo Breo, e o Cerqueda foi crendo na remontada. Á media hora, Palermo conseguía bater a Breo tras dous paradóns deste, para poñer o empate. Coa inercia o Cerqueda foi a máis, e Juan Rivera aproveitaría un saquer de banda longo que quedaba morto dentro da área para conseguir 3 puntos de ouro.

Lira - Coristanco (1-1)

  • Lira: Raúl, Xurxo, Cristian, Marcos, Carlos, Ramón, Iago, Alberto, Migueliño, Xabi Beiro, Iván París. Tamén: Pablo Otero, Hugo, Gael, Alexander e Javi.
  • Coristanco: Jairo, Jonathan Fraga, Borja, Lorenzo, Dani Vázquez, Jairo, Mateo, Lou, Kevin, Iván Pastoriza e Pablo Pose. Tamén: Gabri, Dani Casti, e Izan.
  • Goles: 0-1, m.8: Iván Pastoriza; 1-1, m.57: Iván París.

Partido moi competido no calo de Lombáns, cun Coristanco que comezaba máis dominador, e abrindo o marcador tras unha xogada por banda. O Lira aguantaba se ben os de Adrián Lema tiveron algún achegamento máis, como un protestado libre indirecto por cesión. Con todo, tamén os de Oscar Leis tiveron un par de accións a balón parado.

Tras o descanso e ca entrada de Alexander, despois de dous meses de baixa, o Lira conseguía ter mais presencia arriba, e no minuto 7 da segunda Iván faría o empate rematando unha falta que pon Marcos.

Pouco a pouco rompíase o partido e convertíase nun ida e volta. Os visitantes tiveron varias, e os lirachos reclamaron un penalti sobre Alexander, que o colexiado considerou falta en ataque, e no último suspiro, o xuvenil Gael lanzou un tiro dende a frontal que mandou a córner cunha boa parada Jairo.

Baíñas - Camelle (4-1)

  • Baíñas: Fabián, Carlos, Darío, Rodri, Manu, Esteban, Fandi, Crisca, Ibra, Santi e Ruli. Tamén: Marcos, Edu, Leo, Estiven.
  • Camelle: Ruso, Chans, Hucho, Maikel, Martín (Haiku), David, Tereso, Mario (Gabi), Josiño, Lucas Panadeiro (Lucas Dios) e Miguel. 
  • Goles: 1-0, m.29: Santi; 2-0, m.38: Ruli; 3-0, m.67: Ruli a centro de Santi; 4-0, m.70: Ruli; 4-1, m.87: Micael.

Comezaba o Camelle presionando arriba aproveitando o vento a favor. Pero non entraban as ocasións do equipo de Sergio, reinaban as imprecisións en ambos lados, permitindo que o Baíñas fose entrando no partido, collendo ritmo e buscando o balón. Despois de varias ocasións por ambas partes chegaría Santi para meter o primeiro e darlle vantaxe o equipo de Antelo. O partido estaba a ser igualado, con varias chegadas dos Lucas e Miguel para os visitantes, ata que Ruli antes de ir o descanso aumentaría o resultado e poñería o 2-0 no marcador.

A segunda, co vento a favor, o Baíñas fíxose dominador, entrando mellor por bandas, e ampliando a renda con dous novos tantos de Ruli, que co seu tripleta chega aos 24 tantos, aínda lonxe do inalcanzable Pablo Pose, que vai levar un balón da Olería de Buño para o seu salón.

O Camelle non baixou os brazos e aínda metería o gol da honra.

Buño - Pereiriña (0-2)

  • Buño: Cristian, Hugo, Alexis, Alan, Jorge Calvete, Javi, Regueira, Adrián Pose, Fraghiña, Andrés e Aguiar. Tamén: Christian Novo, Jesús, Sergio, Javi Facal, e Dani.
  • Pereiriña: Xacobe, Cartamil, Aitor, Oca, Estebo, Bichi, Javi Calo, Jon, Tito, Oli e Víctor Agulleiro. Tamén: Maikel, Eloy, Maelo, Martín e Abel.
  • Goles: 0-1, m.32: Tito; 0-2, m.89: Abel.

Partido bonito de ver para o espectador en Xaviña, entre dous equipos que se xogaban moito. Intentaba o Buño dominar con balón, pero o Pereiriña dificultaba moito a saída. Estaba igualado o partido, pero o Pereiña cun punto máis de intensidade, ritmo e eficacia poñiase por diante no marcador á media hora cun tanto de Tito tras unha bonita asistencia do corcubionés Víctor Agulleiro.

Apretaba algo máis o cadro de Dani Calvete na segunda pero o Pereiriña mantiñase moi forte, ganaba duelos e saía moi ben a contra, con mans a mans de Oli, Tito e Jon que salvaba unha e outra vez Cristian. O Buño creo perigo pero non conseguiu recortar, incluso errou un penalti sobre o pitido final, xusto cando Abel sentenciaba facendo o segundo tras un centro perfecto de Maelo.

Cee - Nantón (4-0)

  • Cee: Jorge, Regueiro, Diouck, Roberto, Fontaíña, Carlos, Xián, Jose, Keko, Anxo e Jonathan. Tamén: Martín, Marco, Pablo e Alex Muíño.
  • Nantón: Álvaro, Adri Abelenda, Dani Andrade, Xoel, Jorge, Carlos Vidal, Alberto Fuentes, Santi Lozano, Juan, Iago Torres, e Alex López. Tamén: Fran Torres, Fernando Cabeza e Dani Castro.
  • Goles: 1-0, m.9: Jose; 2-0, m.16: Jose; 3-0, m.26: Xián; 4-0, m.33: Carlos.

Partido dominado polo Cee que se puxo moi pronto de cara en 3 transicións rapidas conseguiron encontrar espacios ao cuarto de hora o partido estaba sentenciado. Os de Rafa foron dominadores e xustos vencedores dun choque no que foron superiores física e futbolisticamente, deixando unha imaxe firme para a promoción.

Oza - Laxe (4-0)

  • Oza: Samuel, Brais Bolón, Marcos, Raúl, Nacho Pose, Miguel, Nico, Davicillas, Hugo Fraga, Iago Lavandeira e Salah. Tamén: Alex Vázquez, Saad, Benja, Nando e Eloy.
  • Laxe: Íñigo, Brais Simal, Barreiro, Leo, Martín Andrea, Guzmán, Elías, Bieito, Michy Pose, Djamel e Eloy Liñares. Tamén: Jacobo, Darío Mira, Izan, Raúl, Pedro.
  • Goles: 1-0, m.5: Davicillas; 2-0, m.26: Nico a centro de Nacho; 3-0, m.41: Nacho Pose; 4-0, m.80: Hugo Fraga.

Non baixa o pistón este Oza, que deu un baño a un Laxe, que comezaba moi atrevido, apretando as saídas de balón do Oza pero sin lograr o obxectivo de arrebatarlle o balón os de Carballo. Así, na primeira ocasión clara do partido aproveitando unha boa contra e un rexeite dun defensa ao tiro de Nacho, Davicillas golpea forte dende fora da área ao pao longo sin posibilidades de que o gardameta poidese deter o tiro.

Seguiu dominando o Oza, con criterio e fiel á súa idea de xogo, con algunha chegada do Laxe que non chegou a poñer en serios apuros a vitoria. Á media hora aparecía a figura de Nacho Pose cun centro perfecto ao segundo pau para Nico, e pouco despois era o propio Nacho o que remataba un bo centro de Davicillas.

Intentouno ao comezo da sehunda o cadro de Manu Saleta, pero pouco a pouco o partido foi esmorecendo, sentenciando o partido a falta de diez minutos cunha gran contra, na que Fernando deixa a Hugo só contra o porteiro que define ben e certificaba que os tres puntos quedaban en Carballo.

Un punto quédalle ao Oza para sumar, por primeira vez na súa historia, un título campeón de liga, tras unha tempada intachable.

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Máis información