sábado. 18.01.2025
El tiempo

3ª FUTGAL: O Zas golea ao Volantes e o Malpica bate co Cerqueda

Sporting Zas-VolanteS-Foto-Noe Tourinan
Imaxe do Sporting Zas-Volantes-Foto-Noe Touriñán
3ª FUTGAL: O Zas golea ao Volantes e o Malpica bate co Cerqueda

Importante xornada esta a 13ª, a vivida na 3º costeira. Dous duelos directos entre os 5 de arriba determinaban como vai quedar o alto da táboa a final de ano. E o Zas demostrou que vai estar aí, goleando a un Volantes que viña moi forte, pero ao que cando lle entra a páxara, cae con todo. O cadro de Forján e Pereiro estrearon fichaxe de relumbrón ademais: Roberto Amoedo, que se une ao barco zaseiro tras deixar o do Lira da Liga da Costa (de feito xa debutou no partido aprazado).

No outro partido da xornada, o Malpica superou ao Cerqueda nun dos dous derbis malpicáns da xornada, matendo o liderato (O Sofán B aínda podería superalo se vence a xornada aprazada da x..11) con 31 puntos, deixando a 7 ao veciño.

5 equipos mantéñense nese primeiro vagón, pero ollo que o Pereiriña quere colarse nese grupo, e aproveitou a derrota do Cerqueda para colocarse a só 4 puntos, estando a 11 do líder.

 

Baíñas - Inter de Brens (5-2)

  • Baíñas: Fabián; Raúl (Marcos), Rodri, Hector, Manu; Aníbal, Santi (Pedro), Pablo, Ruly (Chavico), Chipi; e Joel (Leo).
  • Inter: Gonzalo, Diego, Christian, Brais Canosa, Eva, Miguel, Juan Lagoa, Alex Castro, Barreiro e Adrián Pasantes. Tamén: Brais, Leo, Santi Agulleiro, Ricardo.
  • Goles: 0-1, m.30: Adrián Pasantes; 1-1, m.43: Joel; 2-1, m.50: Joel; 2-2, m.65: Alex Castro; 2-3, m.75: Adrián Pasantes; 3-3, m.75: Raúl de penalti; 4-3, m.80: Raúl; 5-3, m.90: Leo.

Partido tolo en Vimianzo, que puido caer de calquera lado, e que de feito, o Baíñas tivo que remontar dúas veces. Dominaban algo máis os de Sanchiño, pero se atopaban cun bo Gonzalo baixo paus. Si que acertaba Adrián Pasantes, o pichichi ceense que segue coa puntería afiada. Pero ao fío do descanso Joel empata para os vimianceses.

Comezaba a segunda metade co segundo de Joel, pero os de Javichu recuperaban o mando ante un Baíñas algo nervioso e se conseguían colocar con 2-3 no marcador cos tantos de Alex Castro e, de novo, Adrián Pasantes.

Deu un paso adiante o cadro local, e tivo sorte de que moi pronto Raúl empataba de novo dende os 11 metros. O propio Raúl puña en vantaxe aos verdes. Tivo o empate o Inter pero erran no man a man, e xa na última xogada Leo consigue marcar dende o medio do campo, sentenciando o choque.

Zas - Volantes (5-0)

  • Zas: Guille, Roberto Amoedo, Adri Rama, Pablo Fuentes, Redondo, Marcos, Fran, Juan Touriñán, Darío, Brais, Raúl Corzón. Tamén: Eloy Moreira, Álvaro Fariña, Mauro, e Adrián.
  • Volantes: Alex de Yi, Dani, Héctor, Alex Louro, Miguel León, Anxo, Isma, Javi, Hugo, Manu de Yi, Raúl Lestón. Tamén: Xandre, Fran, Edu e Javi Pola.
  • Goles: 1-0, m.7: Redondo nunha contra; 2-0, m.21: Redondo; 3-0, m.28: Raúl Corzón 4-0, m.71: Raúl Corzón; 5-0, m.80: Darío.
WhatsApp Image 2024-12-16 at 08.21.17 copia
Foto: Noe Touriñán

Partidazo en San Andrés cos dous equipos que chegaban igualados a puntos. Pero o Zas estivo máis intenso, e cun plus de experiencia que lle permitiron sumar unha contundente vitoria, ante un novísimo Volantes. Os zaseiros saían moito máis fortes, gañando cada duelo, cada balón dividido, e xa á media hora o marcador reflexaba un claro 3-0, con Raúl e Redondo atopando espazos na defensa do Volantes.. O equipo de Gus e Gabri Sil intentaban tocar, pero a presión dos zaseiros era moi potente e rapidamente roubaban e se plantaban diante de Alex de Yi.

Saíron os laranxas fortes na segunda, e puideron recurtar dende os 11 metros, pero Guille acertoulle a Raúl, supoñendo un verdadeiro xerro de auga fría para os visitantes.

Co paso dos minutos, nunha xogada embarullada, Raúl cazou un balón solto para marcar o 4-0, e dez minutos despois, nun córner, Dario aproveitou un bo remate de Amoedo para poñer o 5-0 definitivo.

Sporting Zas-VolanteS-Foto-Noe Tourinan 2
Foto: Noe Touriñán

Oza - Nantón (3-3)

11 do SD Oza
11 do SD Oza
  • Oza: Samuel, Kuki (Javier Vilariño), Alberto, Nacho, Moreno, Saad (Lavandeira,) Crespo (Alexis), Nico (Christian Gabin), Salah, Abib (Fernando) e Archi.
O CD Nanton con Xoel que va ser lesionado
O CD Nanton apoiando a Xoel, lesionado por un tempo
  • Nantón: Álvaro, Mikel, Adrián, Miguel Lois, David Fariña, Carlos Vidal, Dany Añón, Iago Torres, Javi Muíño, Fran e Sevillano. Tamén: Vidal, Nando Cabeza, Josué, Alberto Fuentes e Dani Castro.
  • Goles: 1-0, m.10: Salah de fermoso gol de falta; 11, m.14: Javi Muíño tras roubo e centro de Iago; 2-1, m.46: Nacho; 2-2, m.51: Iago Torres a centro de Maikel; 2-3, m.72: Iago Torres; 3-3, m.88: Salah.

Partido tolo o vivido no Carral, cun Oza que saía algo mellor, buscando facer dano polos extremos pero sen demasiadas ocasións ocasións clara. No minuto 10 adiantaríanse os de Miguel Sande cun golazo de falta que nada puido facer Álvaro. Non se descompuxo o equipo de Adrián Varela “Fofi” e pouco despois Javi finaliza unha xogada individual de Iago Torres por banda.
Tivo o Oza un penalti pero Älvaro ganoulle a partida a Nacho.

Na segunda tornouse o xogo algo máis brusco, e tolo, con ocasións nas dúas áreas. Nada máis saír Nacho mete aos locais por diante. Pero reaccionaban os visitantes, que dirixidos por Iago Torres conseguían darlle a volta ao marcador. Co 2-3 aínda tiveron Adrián e Iago a sentenza, pero apareceu Samuel para salvar a un Oza, que aínda tivo forzas para atopar o empate definitivo nunha falta lateral.
Aínda no desconto, o partido tamén puido caer dos dous lados, pero Iago non acertou no a man a man e os locais tamén fallaron outra ocasión.

Seaia - Buño (1-1)

  • Seaia: Anxo, Marcos, Eris, Brais, Jorge Calvete, Iván, Manu Castro, Juni, Diego, Alex e Alejandro. Tamén: Lamas, David Muíño, Raúl, Nando Torres, e Pablo Caamaño.
  • Buño: Isaac, Jose, Pablo, Hugo, Alan, Andrés, Martín, Fran Santiago, Cristian, Rubén e Brais Fraga. Tamén: Adrián, Eloy, Ciss, Sarr e Miguel Mallo.
  • Goles: 1-0, m.2: Alejandro; 1-1, m.95: Fran Santiago.

Derbi malpicán que comezaba en Pedra Queimada cun rápido tanto do Seaia, cun tiro que repeliu Isaac, pero cuio rebote aproveitou Alejandro para abrir o marcador

O cadro de Lilo intentou repoñerse tendo algo máis o balón pero sen chegar a meta dos de Jorge Martínez. Ía a remolque o cadro oleiro pero o Seaia non sentenciaba e nos últimos 20 minutos, os visitantes envocáronse polo empate, con varias ocasións de Fran, Alan e Andrés, sendo o primeiro destes o que marcou o agónico empate xa no descontísimo.

Pereiriña - Laxe (4-0)

11 do Pereirina
11 do Pereiriña
  • Pereiriña: Jesús, Adrián Ozón, Diego Oca, Estebo, Abel, Calo, Carlos Leis, Juan oBello, Antón Lestón, Charly, Tito,. Tamén Jose, Isma, Martín, Gabri e David.
  • Laxe: Jacobo; Roi, Roberto (Mustafá), Elías, Torrado (Brais), Alex, Pablo, Halal, Abdel, Mohamed (Ismael) e Eliseo (Unai).
  • Goles: 1-0, m.17: Carlos Leis nunha falta lateral; 2-0, m.65: en propia tras un córner; 3-0, m.85: Juan oVello; 4-0, m.89: en propia.

Competiu o Laxe mellor do que vén facendo ante un Pereiriña que no cómputo global foi superior. Os ceenses metíanse por diante por medio dun dos veteranos, Carlos Leis, pero non conseguían manter o balón cun xogo moi precipitado.

Na segunda, aguantaba o cadro de Ordóñez, que segue sufrindo a balón parado, mesmo meténdose o segundo en propia tas un córner. O equipo de Joaquín Quintáns estaba máis pousado co balón, circulando algo mellor. E ante o paso adiante do Laxe, unha contra de oBello e un erro nun pase atrás do central ao porteiro, o Pereiriña completaba a goleada.

Cerqueda - Malpica (0-3)

11 do Cerqueda ante o Malpica

  • Cerqueda: Mateo, Adrián, Andi, Marcos Pensado, Dani Reixía, Andi Rey, Farley, Alex, Schuster, Salah e Iván Mato. Tamén: Suso, Iván, Crhristian Velo, Hugo Paredes e Palermo.

11 do SCD Malpica en Xavina

  • Malpica: Joel, Anxo, Pablo, Diego, Eloy, Adri Pose, Garci, Luismi, Julián, Aday e Chicha. Tamén Eloy Vilas, Suizo, Jorge Parga, Sergio e Raúl.
  • Goles: 0-1, m.24: Luís; 0-2, m.48: Aday; 0-3, m.93: Suizo tras un xogadón de Eloy

Comezaba un dos derbis do concello de Malpica de Bergantiños co Cerqueda coa posesión da pelota co Malpica moi seguro atrás, Cando mellor estaban os de Gurita, o Malpica intentaba saír á contra e conseguía abrir a conta tras unha moi boa combinación que remata Luis desde o pico da área cun zurdazo practicamente imparable.

O cadro de Gurita seguía dominando o control do balón, ante un Malpica de Baña que non perdía o sitio. Chicha puido ampliar a renda pero Mateo respondía, tendo tamén os locais algunha ocasión para empatar.

Na segunda parece que o Cerqueda se estiraba máis, pero nunha xogada máxica, Luís central, Eloy Suárez toca atrás para Chicha que abre para que Aday resolva con calidade, permitíndolle ao Malpica tomar aire.

Quedaba con 10 o Cerqueda aos 30 da segunda pola expulsión de Salah deixando o partido de cara para os visitantes, poñendo a puntiña Suizo tras unha xogada de Eloy.

Muxía B - Sofán B (0-11)

11 do Sofan B en Arlina
11 do Sofan B en Arliña
  • Goles: Adrián Fraga (4), Isma Ramos (4), Dani Calvete, Marcial e Raúl.

Superioridade manifesta carballesa no duelo de filiais, artido moi completo do cadro de Barca, con póker de Adrián Fraga e Isma.

Máis info

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Comentarios