3ª FUTGAL: Zas e Volantes apretan a parte alta
Aproveitouse a ponte para dispputar algúns dos partidos adiados da xornada do tempora. O venres Zas e Camelle demostraban a súa superioridade ante dous dos equipos da zona baixa, como son Buño e Laxe.
E xa o domingo, o máis destacado foi a goleada do Volantes ao Baíñas, que deixa a parte alta moi apretada, co Malpica como líder, pero con Volantes e Zas a só 1 punto (o Zas cun partido máis); Sofán B a 2 (cun partido menos) e Cerqueda a 4.
Quedan pendentes, ademais das dúas últimas xornadas do ano un Sofán B-Inter de Brens e un Pereiriña-Nantón para o 4 de xaneiro.
Baíñas - Volantes (2-9)
- Baíñas: Fabián, Dylan, Santi Moreira, Pablo Calvo, Arias, Rodri, Kevin, Brais Tajes, Joel, Fabio Allo, e Rulli. Tamén: Dani, Leandro, Aníbal, Marcos e Pedro.
- Volantes: Xandre, Antonio Rama, Héctor, Alex Louro, Anxo, Hugo, Manu de Yi, Javi, Jesús, Raúl Lestón e Borja Vázquez. Tamén: Alex de Yi, Edu, Isma e Pola.
- Goles: Manu de Yi, Raúl Lestón (3), Anxo, Edu (2), Hugo, Jesús para o Volantes; e Joel (2) para o Baíñas.
Demostración de pegada do Volantes de Sil e Gus. Saían enchufadísimos, e en 20 minutos xa marcaran dous tantos por medio de Manu de Yi e Raúl Lestón. Pero o Baíñas non decaía, tiña varias ocasións e mesmo recurtaban por medio de Joeñ. Pero antes do descando, co Baíñas indo polo empate, nunha recuperación dos laranxas permitía sacar unha transición e marcar Anxo un fermoso, e doloroso tanto.
Marcou pronto o cuarto Raúl e o partido rematou, cun Baíñas que acabou deixándose levar.
Seaia - Oza (1-2)
- Seaia: Lamas, Marcos, Erik, Alejandro, Martín Costa, Pablo Caamaño, Diego, Iván, Añón, Raúl e Juni. Tamén: Brais, Kevin, Manu Castro e Fernando Torres.
- Oza: Samuel, Javier Vilariño (Alexis), Alberto, Nacho, Cristian Gabín (Lavandeira), Saad, Crespo, Nico, Salah, Abib (Fernando) e Archi.
- Goles: 1-0, m.1: Iván; 1-1, m.38: Archi; 1-2, m.87: Salah de falta directa.
Partido moi igualaba que comezaba co gol inicial de Iván para os locais. Rapidamente o Oza se facía co dominio do xogo, con moita intensidade física, ainda que sen xerar moito perigo ante unha defensa improvisada polas baixas nesa liña. Insistía e chegaba o Oza que lograba o empate antes do tempo de lecer.
Xa na segunda parte volvía o Oza moi intenso, sen deixar respirar o equipo local, que aguantaba ben en defensa os envites do equipo visitante e tentaba sair a contra sen moito acerto. Tiña o cadro local un bo tiro de Manu Castro que salva Samuel. No minuto 87 unha falta lonxana de Salah, ante a que puido facer algo máis Lamas, daba vitoria o Oza, xogando os últimos 5 minutos o Seaia na procura do empate, pero o marcador xa non se movería.
Dende o Oza e envíalle moi ánimo e unha pronta recuperación a Juni, que saía lesionado na primeira metade.
Todas as crónicas da 3ª FUTGAL
- X.11: Malpica e Sofán B selan as paces.
- X.10: Quedan 5.
- X.9: O Sofán B peta na mesa
- X.8: O Volantes supera a un gran Malpica e o Sofán B aproveita e ponse de líder.
- X.7: 4 equipos destacados.
- X.6: O Malpica tamén gaña o derbi ante o Buño e se mantén arriba de todo.
- X.5: Tres equipos invictos.
- X.4: Volantes e Malpica póñense por diante.
- X.3: Só tres equipos permanecen invictos trala terceira xornada.
- X.2: A Festa do gol.
- X.1: Ningún empate na xornada da histórica estrea do Inter de Brens.
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.